|
Actualidade CIG-Comunicación-
A primeira concentración foi no Hiperfroiz, situado no centro de Pontevedra na rúa Cobians Coffignac, e no que desde as once da mañá e até unha hora despois un ruidoso grupo de traballadores e traballadoras de Froiz, membros da CIG Servizos e da comarca de Vigo e Pontevedra, lembraban á dirección da empresa que “isto non queda aquí” e que continuarán na súa demanda da xornada continua. E despois desta primeira toma de contacto, a seguinte parada foi no Froiz da rúa Loureiro Crespo, no que se volveron escoitar berros de “non á discriminación”, en relación á xornada irregular que están a realizar en moitos destes centros de traballo, asi como a discriminación existente entre uns Froiz e outros en función dos seus horarios, e dos intereses da empresa. As concentracións continuarán “Conciliación da vida laboral e familiar” ou o berro de “xornada continua” foron outras das consignas escoitadas na mañá desta nova xornada de reivindicación, porque como sinalaban os ali presentes “nos tamén queremos ver aos nosos fillos, e traballar para vivir, non vivir para traballar”. á unha da tarde rematou esta segunda concentración, pero como xa sinalaban os traballadores e traballadoras de Froiz “continuaremos estas mobilizacións e volveremos a estes centros de traballo, porque é algo que todos demandamos e que é de xustiza”. |
|||||||||||
|
|
|||||||||||
|