ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 24 de marzo de 2008

Trátase do propietario da clínica xinecolóxica Arggora, en A Coruña
O doutor Bayo de Enrique é condenado pola agresión a unha muller durante unha protesta sindical

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Bayo de Enrique
 
O Xulgado de Instrución número 1 de A Coruña condenou o doutor José Ángel Bayo de Enrique, propietario da clínica xinecolóxica Arggora, por agredir unha muller durante unha protesta que a CIG realizara ás portas do seu centro médico o 8 de marzo do ano pasado.

A sentenza condenou o xinecólogo, como autor dunha falta de lesións, a unha pena dun mes de multa, cunha cota de 10 euros diarios, ademais de ter que aboarlle á vítima unha indemnización de 271´20 euros.

O fallo xudicial estima como feito probado que Bayo de Enrique “empurrou, con ambas mans e á altura do peito, a muller, que perdeu o equilibrio e caeu ao chan de costas”.

A agresión

O 8 de marzo do ano pasado a CIG realizara unha concentración ás portas da clínica xinecolóxica Arggora para denunciar o acoso laboral que este médico exercía contra unha das súas empregadas. Nun momento do acto de protesta, Bayo de Enrique comezou a discutir cunha señora allea á concentración e, aos poucos segundos, empurrouna violentamente contra o chan, o que provocou que a muller golpease a cabeza contra a beirarrúa na caída.

A vítima ficou tendida no lugar da agresión, cunha forte conmoción, e foi evacuada polo persoal do 061 até o Hospital Juan Canalejo. Mentres, Bayo de Enrique se recluíu no interior da súa clínica e nin sequera se interesou polo estado de saúde da muller.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta