|
Actualidade CIG-Comunicación-
Rufino Núñez, a través dunha nota de prensa, salienta que “os novos retos e situacións aos que se enfronta o profesorado na actualidade obrígannos a ter que buscar formación en outros moitos aspectos aparte do docente propiamente dito. Un pequeno golpe, un tropezo, un atragoamento pode ter consecuencias fatais se non sabemos enfrentarnos a iso con rapidez e eficacia. A CIG-Ensino conscente disto vén de convocar un curso de primeiros auxilios, dirixido a profesorado en activo do ensino concertado da comarca de Pontevedra”. O curso estará impartido por Lourdes Piñón Custodio, Técnica auxiliar de clínica e técnico especialista en anatomía patolóxica cunha ampla experiencia impartindo cursos de primeiros auxilios. Carácter gratuito Esta formación, que ten solicitada a homologación pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, é de carácter gratuíto e ten unha duración de 30 horas. As datas de celebración son o 14, 15, 16,17, 21, 22, 23, 24, 28 e 29 de Abril e o horario é de 18:00 a 21:00 horas. Este curso desenvolverase no local de FORGA (Médico Ballina, 14). A inscrición pódese formalizar no local da CIG-Ensino de Pontevedra (na rúa Pasantería 1, 2º esquerda) ou por teléfono no 986861513. As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición |
||||||
|
|
||||||
|