|
Actualidade
Santiago, 4 de abril de 2008
Serrabal segue de cerca a campaña electoral
De mitin con Touriño
| |
 |
| Os traballadores aproveitaron que o presidente
da Xunta participaba nun mitin no Pazo de Congresos, que casualmente está fronte ao edificio da CIG de Compostela,
para subirse ao tellado e desde alí despregar unha gran pancarta e instalar unha potente megafonía. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
| Entre mentres, outros compañeiros distribuíanse
fronte á entrada principal do Pazo, tamén con pancartas e a ritmo de bombo. |
 |
 |
| A “dor de moas” que Touriño dicía
hai meses que lle provocaba o tema de Serrabal é agora máis certa que nunca. A ritmo de bombo, os
traballadores da mina e os das plantas de Ferroatlántica en Cee e Sabón van aumentando a intensidade
do ruído para lembrarlle que están aí, facéndolle compañía nos seus actos
electorais, non por pracer senón por obriga.
(Fotos: ©galizacig.com 02/03/2008). |
| |
“Touriño prometiches e logo non cumpriches”
foi unha das consigas máis coreadas polo comité de recepción que agardaba ao presidente da
Xunta, Emilio Pérez Touriño, á súa chegada ao mitin que tivo lugar o domingo 2 de marzo
en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que, tal e como anunciaron ao comezo da
súa acampada en San Caetano, desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio
de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina.
A “dor de moas” que Touriño dicía
hai meses que lle provocaba o tema de Serrabal é agora máis certa que nunca. A ritmo de bombo, os
traballadores da mina e os das plantas de Ferroatlántica en Cee e Sabón van aumentando a intensidade
do ruído para lembrarlle que están aí, facéndolle compañía nos seus actos
electorais, non por pracer senón por obriga.
Porén, malia a súa insistencia,
aínda non obtiveron resposta algunha do presidente da Xunta, que prefire nin miralos, malia ser ben visíbeis
e audíbeis. De feito, para non pasar desapercibidos, o pasado domingo día 2 de marzo, aproveitaron
que o presidente da Xunta participaba nun mitin no Pazo de Congresos, que casualmente está fronte ao edificio
da CIG de Compostela, para subirse ao tellado e desde alí despregar unha gran pancarta e instalar unha potente
megafonía. Entre mentres, outros compañeiros distribuíanse fronte á entrada principal
do Pazo, tamén con pancartas e a ritmo de bombo.
Solidariedade
O absoluto mutismo que manteñen os representantes
do goberno galego contrasta coa solidariedade que os comités de diferentes empresas van manifestando aos
compañeiros acampados. Solidariedade que non se limita a dar ánimos, senón a sumarse ás
demandas de cambio de trazado dos directamente afectados.
Durante a fin de semana recibiron comunicados
dos comités de Tralusa-Transporte Urbano de Compostela, de Arteixo Telecom, de General Dinamycs, de Artela
SL, da auxiliar de Televés ISF, da propia Televes ou de Gamelsa, entre outros.
|