|
Actualidade CIG-Comunicación-
“Mátote e métote nun contedor antes que pagarche un peso” espetoulle á empregada Pedro Vázquez Fernández, que é así como se chama o propietario de Tallempres. A muller, antes de ser obxecto desta ameaza de morte e doutros improperios, fora zarandeada polo xefe mais logrou evitar unha agresión grazas a que abandonou apresuradamente o centro de traballo no seu coche. A vítima denunciou os feitos perante a Garda Civil. A traballadora, que xa estivera de baixa por depresión durante un ano como consecuencia do maltrato psicolóxico recibido por parte do xefe, padeceu nas últimas semanas un trato tremendamente hostil cara ela. Hai quince días a Inspección de Traballo levantou unha acta de infracción contra Tallempres que certifica as malas condicións nas que se atopa o centro de traballo. A actuación da Inspección produciuse a instancias da CIG, sindicato ao que está afiliada a muller ameazada. Tallempres S.L. é unha empresa de transportes que traballa fundamentalmente para Zara e que está situada na Parcela 144 do Polígono de Sabón da Coruña.” A CIG-Transporte quere trasladar o seu apoio incondicional á esta compañeira, ameazada de morte, atemorizada e vexada por este empresario sen escrúpulos que utiliza métodos gangesterís cos seus traballadores. A central nacionalista non tolera as ameazas recibidas pola traballadora e esixe que non queden impunes. |
||||||
|
|
||||||
|