ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de marzo de 2008

CIG-Banca denuncia discriminación na carreira profesional
e nos salarios

Estudo da situación da muller nas Caixas de Aforros galegas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Letreiros Caixa Galicia e Caixanova; clic para aumentar
Para CIG-Banca, as Caixas de Aforros Galegas discriminan claramente ás mulleres no que respecta a súa carreira profesional e polo tanto nos salarios. (Foto: ©Fernando Pol).
 
Ante a conmemoración do Día da Muller Traballadora, dende a Federación de Banca e Aforro da CIG elaborouse un estudo sobre a situación das mulleres nas Caixas de Aforros galegas, unhas entidades financeiras que en principio teñen un marcado carácter social, do que se desprende unha clara discriminación no que respecta á carreira profesional e polo tanto nos salarios.

Nos órganos de goberno das Caixas de Aforros están presentes representantes das diferentes administracións públicas galegas, e son estes órganos, en concreto os Consellos de Administración, os que aproban os nomeamentos e ascensos dentro das respectivas empresas. Hai pois unha responsabilidade última dos representantes políticos na situación actual das traballadoras nas Caixas de Aforros galegas.

No estudo realizado analizouse a distribución do cadro de persoal entre homes e mulleres en base aos niveis salariais. A foto fixa obtida deste xeito evidencia a discriminación das traballadoras nas Caixas de Aforros galegas.


Cadro situación Caixa Galicia

Nivel Salarial

Mulleres

Homes

Totais censos

 

Censo

%

Censo

%

 
I

9

10,71

75

89,29

84

II

25

10,87

205

89,13

230

III

113

16,92

555

83,08

668

IV

248

29,07

605

70,93

853

V

149

37,53

248

62,47

397

VI

231

42,08

318

57,92

549

VII

138

49,64

140

50,36

278

VIII

84

50,00

84

50,00

168

IX

28

51,85

26

48,15

54

X

27

65,85

14

34,15

41

XI

50

68,49

23

31,51

73

XII

470

59,27

323

40,73

793

XIII

129

69,73

56

30,27

185

Sumas

1.701

38,90

2.672

61,10

4.373


Cadro situación Caixanova

Nivel Salarial

Mulleres

Homes

Totais censos

 

Censo

%

Censo

%

 
I

2

8,70

21

91,30

23

II

7

7,37

88

92,63

95

III

24

10,96

195

89,04

219

IV

63

19,57

259

80,43

322

V

97

27,64

254

72,36

351

VI

101

34,71

190

65,29

291

VII

115

39,93

173

60,07

288

VIII

34

40,96

49

59,04

83

IX

89

52,05

82

47,95

171

X

113

56,22

88

43,78

201

XI

77

55,80

61

44,20

138

XII

140

62,22

85

37,78

225

XIII

281

51,47

265

48,53

546

Sumas

1.143

38,70

1.810

61,30

2.953

O nivel salarial I, é o máis alto do Convenio, o nivel XIII é o nivel máis baixo dentro do persoal de operacións financeiras.

A carreira profesional por antigüidade establecida no Convenio Colectivo vai do nivel XIII ata o nivel VIII. A partir dese nivel os ascensos son facultade da empresa e son aprobados polos respectivos Consellos de Administración.

CIG-Banca pensa que non son precisas máis análises: as Caixas de Aforros Galegas discriminan claramente ás mulleres no que respecta a súa carreira profesional e polo tanto nos salarios.

Neste senso, dende a Confederación Intersindical Galega estase a reivindicar a posta en marcha inmediata dos Planes de Igualdade obrigatorios por lei para as empresas maiores de 250 traballadores e traballadoras.


CIG-Banca, 7 de marzo de 2008.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta