|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os traballadores e traballadoras de Correos estabelecen como prioridade un incremento dos salarios que permita recuperar o poder adquisitivo perdido e a defensa dos postos de traballo, nun servizo de Correos público e galego. Tamén exixen o incremento dos cadros de persoal para garantir o reparto diario e unha correcta atención ao público, ademais da cobertura das ausencias para non recargar aos compañeiros e compañeiras de traballo e poder garantir o mantemento da calidade dos servizos prestados. Ao tempo, demandan a mellora das condicións de traballo e o respecto aos dereitos dos traballadores, para conseguir que “se volva a facer da súa profesión algo digno”. CIG-Correos tamén considera imprescindíbel que se garanta a estabilidade laboral dos contratados e que se introduzan medidas contra a precariedade e o “escurantismo” do actual sistema de contratación. Como xa viñan demandando en mobilizacións anteriores, reiteran a súa exixencia de que se actualicen os suplementos por aportación de vehículo e máis de local. Anxo Álvarez lembra que “en moitos lugares o propio carteiro ten que aportar o local e a cambio diso recibe unicamente 20 euros ao mes de indemnización da entidade”. Ademais, seguindo a liña das últimas mobilizacións, reiteran a súa exixencia de que se derrogue o Deccreto de acceso á rede postal pública e o Decreto polo que se crean os chamados “contornos especiais”, cos que se suprime na zona rural o reparto postal ordinario a domicilio. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/03/2008 |
||||
|