|
Actualidade
A Coruña, 4 de marzo de 2008
Os traballadores ratifican por inmensa maioría
os paros dos
días 5 e 8 de marzo
O persoal de Deportes da provincia coruñesa mobilízase de cara á folga
| |
 |
| Coincidindo co debut da selección nacional
de fútbol sala, o 29 de marzo unha representación dos empregados e de sindicalistas concentrouse
ás portas do Pavillón da Malata de Ferrol. |
 |
| Na noite do 3 de marzo celebrouse unha asemblea
no Local de Sindicatos de A Coruña á que asistiron preto de 250 empregados do sector. (Fotos: ©galizacig.com). |
| |
O persoal das instalacións deportivas
da provincia de A Coruña comezou as mobilizacións como preámbulo ás dúas
xornadas de folga previstas para os días 5 e 8 de marzo. Os traballadores esixen que se constitúa
unha asociación patronal para poder negociar legalmente un convenio colectivo no sector, pois padecen unha
perda constante de poder adquisitivo.
Coincidindo co debut da selección nacional
de fútbol sala, o pasado 29 de marzo, unha representación dos empregados e de sindicalistas concentrouse
ás portas do Pavillón da Malata de Ferrol, onde se disputou o encontro. Os asistentes ao evento foron
informados das reivindicacións do colectivo.
Na noite do 3 de marzo celebrouse unha asemblea
no Local de Sindicatos de A Coruña á que asistiron preto de 250 empregados do sector, chegados desde
todos os puntos da provincia. As dúas xornadas de folga, que xa foran convocadas con anterioridade, foron
amplamente apoiadas polos traballadores na asemblea, así como outro tipo de mobilizacións.
|