ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 6 de marzo de 2008

Despois dun longo periplo, todo o material chegará nesta semana aos campamentos saharauis
O proxecto PICERSA entra na fase final

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Proxecto PICERSA; clic para aumentar
O camión utilizado para o transporte do material foi especialmente preparado no centro de FORGA n’As Pontes para a dura viaxe de case 2.000 km polo deserto.
Proxecto PICERSA; clic para aumentar
10 toneladas de material ocupan a totalidade do espazo de carga do camión. A caixa será soldada para garantir a chegada dos equipos en perfectas condicións. (Fotos: ©galizacig.com).
 
Entre o 6 e o 8 deste mes de marzo está prevista a chegada aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf no deserto alxeriano da Hamada, a caravana de camións e autobuses que traslada axuda humanitaria enviada desde toda a península ibérica.

Unha inmensa e múltiple “caravana da paz” formada por todo tipo de transportes converxeu no porto de Alacant para, ao longo de dous días, ser transbordada por barco ate o porto alxeriano de Oran.

Dúas ou tres veces por ano se repiten estas caravanas. É a única maneira de realizar os envíos masivos de axuda humanitaria que se recolle na península con destino aos 175.000 saharauis que habitan nos campamentos de refuxiados, pois o goberno marroquino que invadiu e ocupa militarmente a maior parte do territorio da RASD (República Árabe Saharaui Democrática) non autoriza o paso destas caravanas polo seu territorio.

De que a totalidade dos vehículos e material estiveron desembarcados, a caravana refíxose para dirixirse a Tindouf. Durante unha semana, a columna motorizada recorre os 1.800 km de deserto que separan as hortas da costa mediterránea do pedregal areoso de Tinduf.

A CIG participa na caravana cun camión que transporta 10 tm de material para proceder a instalar un sistema de subministro eléctrico ao hospital do campamento de Smara. Sen este subministro eléctrico, o hospital traballa moi por baixo das súas posibilidades ou, nos meses de máis calor, está practicamente pechado en áreas tan importantes como as de cirurxía ou pediatría.

O proxecto PICERSA, auspiciado pola CIG tendo como parceiro local á central sindical saharaui UGTSARIO, porá remedio a esta situación mediante un sistema mixto de enerxía eólica e solar fotovoltaica.

Paneis solares, aeroxeradores, baterías, xerador de fuel, elementos metálicos da estrutura, cadros e caixas de control, ferramentas, pequeno material eléctrico, parafusos, lámpadas de baixo consumo... constitúe a carga do camión adaptado especialmente para esta viaxe e posibilitará que no prazo dun mes poida ser inaugurada a instalación.


CIG-Internacional, 6 de marzo de 2008.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta