|
Actualidade CIG-Comunicación-
O Comité de Empresa tamén acordou realizar unha manifestación o 31 de marzo diante do Concello de A Coruña, na Praza de María Pita, ás 10:30 horas. Do mesmo xeito, os representantes dos empregados presentarán unha denuncia ante a Inspección de Traballo para que investigue a coordinación de actividades empresariais na planta de Nostián entre a empresa matriz e a rede de auxiliares que operan no centro, máxime despois do accidente laboral ocorrido na madrugada do oito de marzo onde un operario dunha subcontrata resultou ferido grave. Ademais, o Comité de Empresa interporá outra denuncia ante o mesmo organismo se no prazo de cinco días Albada non aporta información relativa ao balance económico dos exercicios 2007, 2006, 2005, 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000. Por último, o Comité de Empresa de Albada reunirase o 1 de abril para realizar os preparativos da folga do día 12 dese mes. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2008 |
||||
|