|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG Ensino de Pontevedra denunciou o 18 de marzo nunha nota de prensa o incumprimento do acordo asinado cos sindicatos que está a facer a Delegación da Consellaria de Educación de Pontevedra ao obrigar a parte do profesorado de Ensino Primario a traballar máis horas das establecidas neste acordo. Con data 8 de xuño de 2007 a CIG-Ensino xunto co resto de organizacións sindicais asinaron coa Conselleira de Educación un novo acordo sobre os cadros de persoal dos centros e a xornada de traballo do profesorado de Educación Primaria. En dito documento acordouse que o horario de dedicación do profesorado a actividades no centro será de 30 horas semanais que se reparten do seguinte xeito: A propia Consellaría de Educación enviou a todos os centros a principio de curso as instrucións de aplicación de dito acordo na que especificaba claramente “ O horario fixo de permanencia semanal será de aplicación xa neste curso 2007/08” Incumprimento do acordo Actualmente, e xa estamos no mes de marzo, aínda hai centros de Educación Primaria da provincia de Pontevedra onde o profesorado ten , co coñecemento do delegado de Educación de Pontevedra, unha xornada de 26 horas fixas de permanencia semanal no centro, unha hora semanal por enriba da legal pactada en dito acordo. Dende CIG- Ensino de Pontevedra denuncian “a inoperancia da Delegación de Educación ante a aplicación do acordo”, e manifestan que “non permitiremos que a propia administración se burle dos seus traballadores obrigándoos a traballar máis horas das que lle corresponden”. |
||||||
|
|
||||||
|