Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 4 de marzo de 2008

O momento dun boicoteo mundial a Israel
 

Omar Barghouti-

Rebelión

Cando chegue o momento do noso propio Nuremberg, cando finalmente os criminais de guerra israelís comparezan ante un tribunal internacional, haberá que reservar un importante espazo no banco da defensa para os comandantes e dirixentes políticos estadounidenses. Sen a complicidade estadounidense, que se expresa nunha inconmensurábel axuda militar, económica e diplomática, Israel non podería cometer todos os seus crimes racistas e coloniais con esta impunidade.



  Civís indefensos fan fronte á agresión israelí; clic para aumentar
É unha triste ironía da historia que un dirixente israelí, xudeu en particular, ameace a quen sexa cun holocausto. E logo as vítimas de crimes indescritíbeis están abocadas a converterse en criminais atroces? É posíbel facer algo para rachar con este círculo vicioso antes de que o Estado que afirma representar as principais vítimas do Holocausto cometa el mesmo outro holocausto?
 
O pasado 29 de febreiro de 2008, o vice-ministro de Defensa de Israel, Matan Vilnai, ameazou os palestinos de Gaza cun "holocausto" cando afirmou na Radio do Exército Israelí: "Canto máis se intensifique o lanzamento de Qassams e maior alcance teñan os foguetes, maior será o holocausto que (os palestinos) se inflixen a si mesmos posto que nós usaremos todo o noso poderío para defendernos". Na historia quedará constancia deste día como o do inicio dunha nova fase no conflito colonial entre Israel e os palestinos, por canto que un alto dirixente israelí, en realidade "de esquerda", revelou publicamente os plans xenocidas que Israel está pensando aplicar aos palestinos que están baixo a súa ocupación militar se estes non deixan de resistiren ao seu ditados.

Tamén marcará a primeira vez desde a Segunda Guerra Mundial en que un Estado aterrorizou sen descanso (e en directo pola televisión) a unha poboación civil con actos dun xenocidio a cámara lenta ou de baixa intensidade, e en que un dos altos cargos do seu goberno incita abertamente a un "holocausto" en toda a extensión da palabra mentres o mundo o contempla sen facer nada, observando absolutamente apático ou, como no caso de importantes dirixentes occidentais, con xúbilo.

É unha triste ironía da historia que un dirixente israelí, xudeu en particular, ameace a quen sexa cun holocausto. E logo as vítimas de crimes indescritíbeis están abocadas a converterse en criminais atroces? É posíbel facer algo para rachar con este círculo vicioso antes de que o Estado que afirma representar as principais vítimas do Holocausto cometa el mesmo outro holocausto?

Con todo, antes de expor estas preguntas, un poderíase preguntar se non é esaxerado e altamente contraproducente comparar os crimes de Israel contra os palestinos, independentemente do brutais e inhumanos que sexan, co xenocidio nazi. Ademais, acaso cada crime non é único e digno de atención por dereito propio en tanto que violación dos dereitos humanos, do dereito internacional, dos principios morais universais? A resposta é si; cada crime é único e nada do que Israel fixo ata o momento se achega tanto, en cantidade, aos crimes nazis.

Pero cando as vítimas-convertidas-en-perpetradores admiten abertamente as súas intencións de levar a cabo unha forma exclusiva de ataque coa que eles están máis familiarizados e de feito cometen actos reiterados que recordan cualitativamente a aquel crime polo seu racismo desenfreado e polo espantoso desprezo do valor e da dignidade da vida humana do "outro" que está inherente neles, daquela habería que tomar en serio as súas ameazas. Todos estamos chamados a reaccionar, a actuar de calquera xeito para impedir que este crime en curso chegue á súa conclusión lóxica.

A pesar da súa falta de independencia política e da súa discutíbel autoridade, a Autoridade Palestina de Ramala está chamada a exonerarse inmediatamente da acusación popular de complicidade. Unha das persoas máis destacadas en lanzar esta dura acusación foi Azmi Bishara, como reacción ao anuncio do presidente da AP no Cairo, xusto o día antes da última masacre israelí en Gaza, de que al-Qaeda se infiltrou en Gaza e de que os proxectís lanzados indiscriminadamente pola resistencia palestina contra cidades e asentamentos israelís proporcionaba unha escusa para a agresión israelí. A credibilidade destas aserción de complicidade foi o suficientemente convincente como para provocar que Mahmoud Abbas condenase o crime israelí cunha austeridade e cun hipérbole sen precedentes cualificándoo de (ser) "máis que un holocausto".

Aínda é de esperar que os réximes árabes, especialmente Exipto e Xordania, mesmo cando non sexan elixidos, sexan ilexítimos e servís a Estados Unidos, se distancien da letal guerra de agresión de Israel contra Gaza. Despois de todo, as súas continuas relacións diplomáticas e comerciais con Israel, así como a súa implícita xustificación dos crimes de Israel por medio das súas repetidas e gratuítas descualificacións de Hamas, fixeron que as súas respectivas opinións públicas, por non mencionar dun público árabe máis amplo, os etiqueten convincentemente de cómplices do crime.

Os gobernos europeos, principalmente en Francia, Gran Bretaña e Alemaña, tamén teñen que responder a esta grave acusación de conivencia cos crimes de Israel contra a humanidade, frecuente entre amplas maiorías de palestinos, árabes e musulmáns. Non só gardaron silencio ante o deliberado asasinato por parte de Israel de case cen civís inocentes, a maioría deles nenos, no curso dos últimos días en Gaza, senón que seguiron tratando a Israel con reverencia, seguiron celebrando o seu chamando 60 aniversario, que é en si mesmo un arrepiante evento de limpeza étnica e ruína colonial, e dotándoo xenerosamente de apoio económico, político e científico que contribúe de xeito significativo á súa impunidade.

Por outra banda, non se pode acusar o goberno estadounidense de instigar os actos de xenocidio de Israel ao mesmo nivel que os sinistros cómplices antes mencionados. é e sempre foi un completo e orgulloso cómplice na planificación, financiamento e execución destes crimes contra os palestinos, por non mencionar o seu propio e incomparábel record criminal en Afganistán, Iraq e, antes de ambos, en Vietnam. Cando chegue o momento do noso propio Nuremberg, cando finalmente os criminais de guerra israelís comparezan ante un tribunal internacional, haberá que reservar un importante espazo no banco da defensa para os comandantes e dirixentes políticos estadounidenses. Sen a complicidade estadounidense, que se expresa nunha inconmensurábel axuda militar, económica e diplomática, Israel non podería cometer todos os seus crimes racistas e coloniais con esta impunidade.

Volvendo á pregunta de se se debe ou facer algo para deter a Israel, a resposta é sen ningunha dúbida si. Os crimes do apartheid surafricano foron desafiados non só pola heroica loita das masas oprimidas sobre o terreo en Sudáfrica, senón que tamén se loitou contra el con campañas mundiais de boicoteo, non investimento e sancións contra o réxime con todas as súas cómplices institucións económicas, académicas, culturais e deportivas. De xeito similar a sociedade civil internacional pode, e debe, aplicar as mesmas medidas de xustiza non violenta para facer que Israel respecte o dereito internacional e os dereitos humanos básicos. Mesmo a ameaza de sancións demostrou no pasado ser o suficientemente eficaz para deter as repetidas campañas israelís de morte e devastación.

Se quedan impunes todas estas imaxes de nenos palestinos esnaquizados, todos estes episodios de matanza e destrución indiscriminadas por parte un exército de ocupación contra unha poboación formada predominantemente por civís indefensos, poida que, en efecto, o mundo sexa testemuña dun novo holocausto.


[Artigo tirado do sitio web alternativo 'Rebelion',
3 de marzo de 2008]

 
 
As opinións vertidas nos artigos de opinión, enviados polos nosos colaboradores ou tiradas doutros meios, non teñen porque ser necesariamente compartidas pola CIG.
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta