ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 24 de marzo de 2008

En momentos de cambio económico son, xunto cos/coas inmigrantes, as máis afectadas
No último trimestre de 2007 produciuse un repunte do paro que afectou exclusivamente ás mulleres

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Nos últimos 10 anos produciuse en Galiza un aumento case constante do número de activos, agás no ano 2001, debido maioritariamente á incorporación da muller ao mercado laboral. Porén, as taxas de paro femininas continúan dobrando as masculinas, como se recolle no traballo “Mercado laboral segundo a EPA. Galiza, 2007” realizado por Natividade López Gromaz, Ademais, no último trimestre o incremento do desemprego afectou exclusivamente ás mulleres.

Os datos recollidos no informe amosan unha evolución positiva, durante o ano 2007, tanto polo incremento de ocupadas e ocupados como por apreciarse un descenso da temporalidade. Os propios datos do paro presentan, en principio unha evolución positiva. De media durante o período analizado descendeu un 8,4%, “descenso que beneficiou en maior medida ás mulleres fronte aos homes, 3,7 e 11,5% respectivamente”, sinala Natividade López Gromaz.

Porén, a responsábel do Gabinete Técnico da CIG matiza que a evolución trimestral xa non presenta un panorama tan alentador. “Prodúcese un descenso importante até o terceiro trimestre, no cal hai un repunte importante do desemprego que afecta exclusivamente ás mulleres”.

López Gromaz advirte que “a maior inestabilidade laboral das mulleres fai que sexan as primeiras afectadas por calquera cambio na economía”. A isto engade que “hai un novo colectivo no mercado de traballo en Galiza que, xunto coas mulleres, é especialmente vulnerábel; trátase dos estranxeiros”. Así salienta que só no que atinxe ás taxas de paro, a dos homes estranxeiros foi de media do 12,8% en 2007 e a das mulleres do 18,1%, “lonxe, como vemos, dos valores medios”.

 
Descarga en .pdf
 
pdfMercado laboral segundo a EPA - Galiza - 2007

 

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta