|
Actualidade CIG-Comunicación-
O Consello Galego de Relacións Laborais asumiu, na mediación realizada na mañá do 7 de marzo, o compromiso de convocar no prazo dun mes a asociación patronal legalmente constituída para conformar a mesa de negociación do convenio do sector. Por tanto, os traballadores, reunidos en asemblea na noite dese mesmo día, decidiron por inmensa maioría desconvocar o paro do 8 de marzo. Porén, advirten que permanecerán vixiantes para que se cumpran os compromisos. Asemade, son conscientes de que, pese a esta primeira vitoria, o conflito non fixo máis que comezar. |
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2008 |
|||||||||
|