ActualidadeVolver a Actualidade


Luns, 17 de marzo de 2008

Conciliación da vida laboral e familiar
Os traballadores/as de Froiz da CIG mobilízanse en Vigo e Pontevedra pola xornada continua

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Ás once da mañá os traballadores e traballadoras
concentrábanse diante do Froiz de Pizarro en Vigo.
Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
Unha hora despois e na rúa Maria Berdiales a mobilización era
diante do Froiz de Maria Berdiales.
O luns 17 de marzo concentráronse diante do Froiz das rúas Pizarro e María Berdiales en Vigo para defender a posibilidade da conciliación da vida laboral e familiar, como se realiza no resto dos centros do traballo do sector.

Cos berros de “xornada continua” e “conciliación laboral e familiar” comezaba ás once da mañá un día de mobilizacións e concentracións para os traballadores e traballadoras de Froiz da provincia de Pontevedra.

O luns 17 de marzo foi na cidade de Vigo, e o martes 18 de marzo será en Pontevedra, ás once da mañá no Froiz do centro da cidade, situado na rúa Cobian Roffignac 22-24, e unha hora despois no Froiz situado na rúa Loureiro Crespo.

Desde as once da mañá este luns comezaban as concentración diante dos Froiz de Vigo. Cunha faixa co lema “os traballadores de Froiz pola xornada continua”, e con megáfono e bombo en man, un ruidoso número de persoas vencelladas a Froiz e membros da Federación de Servizos e da comarca de Vigo da CIG denunciaban que estes supermercados son os únicos do sector que non teñen xornada continua, o que provoca que os seus traballadores e traballadoras encontren moitas dificuldades para conciliar a súa vida laboral e familiar.

A CIG defendendo esta xornada en solitario

De feito, este foi un dos temas que se abordou nas xuntanzas dos comités provinciais de Froiz, nos que ten representación CCOO, UGT, Fetico e CIG (a CIG ten maioría), e houbo unanimidade para que esta fora unha das cuestións polas que se mobilizar conxuntamente, pero despois da terceira reunión o resto dos sindicatos decidiron descolgarse, e a CIG ficou en solitario defendendo esta demanda dos traballadores e traballadoras de Froiz tan solicitada.

“En todos os supermercados teñen xornada continua”

José Luis Mosquera, membro da CIG e presidente do Comité provincial de Froiz, sinalaba nestas concentracións que “temos dereito á xornada continua e seguirémonos mobilizando até que o consigamos, e non descartamos tomar medidas máis fortes de presión”. Mosquera engadía que todas as empresas do sector teñen xornada continúa “agás nós, e aínda que desde a dirección propuñan facer distintas xornadas segundo o centro no que traballaramos, nós o que queremos é rachar coa discriminación e que en todos podamos ter xornada continua”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta