ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 7 de abril de 2008

Avaliación satisfactoria da CIG
Acordo na negociación do convenio de Panaderías en Ourense

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 
 
Despois de varias reunións celebradas entre representantes da Asociación de Empresarios de Panaderías e as centrais sindicais CIG e UGT chegouse a un acordo para o convenio do sector de Panaderías que será asinado nos próximos días.

Este acordo terá unha duración de 1 ano aplicándose con efectos retroactivos ao 1 de Xaneiro. O incremento salarial pactado é do 4.60% sobre todos os conceptos agás o plus de nocturnidade que se incrementa no 10%. Asimesmo contempla unha cláusula de revisión salarial se o Índice de Prezos ao Consumo,IPC do ano 2008 supera o 3,75%.

Outras melloras son o cobro integro das tres pagas extras a pesar de
situación de Incapacidade Temporal e tamén do salario real no caso de ILT por enfermidade desde o 4 día de baixa ate o remate da mesma.

Valoración positiva

A CIG, central sindical con maioría absoluta de delegados e delegadas no sector, valora positivamente este acordo xa que “garante o mantemento do poder adquisitivo dos salarios co incremento e a cláusula de revisión salarial” que é a primeira vez que se establece no convenio e tamén considera moi positiva a mellora acadada en caso de que o traballador se atope en
situación de baixa por enfermidade no que percibirá o mesmo salario que traballando.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta