|
Actualidade CIG-Comunicación-
Narciso Isa Conde naceu en San Francisco de Macorís, 1942, República Dominicana. Participou na súa adolescencia na loita contra a tiranía de Trujillo e na conquista da Autonomía e o Foro Universitario. Foi dirixente da Federación de Estudantes Dominicanos (FED), do grupo estudantil Fragua e co director do xornal do mesmo nome. Cursou estudos de medicina ata o quinto grao, cando foi expulsado da universidade estatal no medio da loita pola súa democratización. Militou nas filas do Partido Comunista Dominicano dende 1962 a 1996, onde desempeñou as funcións de Secretario Xeral durante un longo período. Foi colaborador permanente das súas principais publicacións: “El Popular e Hablan los Comunistas”. Participou activamente na Revolución de abril de 1965 e na Guerra Patria contra a invasión militar de EEUU, asumindo a representación do Partido Comunista no Comando Político da Revolución, coordinado polo coronel Francisco Alberto Caamaño Deñó, presidente do goberno en armas. Sufriu cárcere, persecución, clandestinidade e exilio durante o réxime represivo de Joaquín Balaguer e posteriormente. No período 1996-2005 formou parte da Coordinación Xeral da Forza da Revolución (FR) cando o Partido Comunista Dominicano se integrou con outras tres organizacións revolucionarias para dar paso a esa nova entidade, na que permaneceu ata que decide no ano 2006 iniciar o proceso de construción da Nova Esquerda dominicana. Autor do seguintes libros: “Comunismo Vs. Socialdemocracia”, “Rearmando la Utopía”, “Los Halcones Atacan”, “Para que Abril Tenga Futuro”, “Inseparablemente Juntos”, “Versos Heroicos”, “En el Siglo XXI: ¿Cuál Democracia? ¿Cuál Socialismo?”, “Hacia la Nueva Democracia y el Nuevo Socialismo”, Actualidad del Tránsito hacia el Nuevo Socialismo”, “Kiva Maidanik: Humanidad sin límites e Herejía Revolucionaria”. Director da revista “Impacto Socialista” (1973-1978), columnista do semanario “Hablan los Comunistas” (1978-1986) e membro dos consellos das revistas latinoamericanas “Koeyú”, “América Libre” e “Debate abierto”. Colaborador dun grande número de publicacións nacionais e internacionais, de revistas e xornais editados en América, Europa, África e Asia, entre elas a “Revista Internacional Paz y Socialismo”, editada ata 1990 en Praga en 17 idiomas. Columnista do diarios dominicanos: “El Nacional”, “¡Ahora” y Hoy!”. Colaborou coa revista “¡Ahora!” e a “Guía Diaria”. Director do programa radio- televisivo “Tiro al Blanco”. Autor de múltiples ensaios e participante como conferenciante e panelista en innumerables congresos, seminarios e eventos internacionais. Na actualidade é membro da Presidencia Colectiva da Coordinadora Continental Bolivariana (CCB) e promotor do proxecto Nueva Izquierda en República Dominicana (Círculos Caamañistas). |
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008 |
||||||
|