|
Actualidade CIG-Comunicación-
Perto de setenta traballadores e traballadoras do servizo de ambulancias de Pontevedra concentráronse durante máis dunha hora diante da sede desta empresa con dúas faixas que tiñan como lema: “Sergas e 061 permiten despidos e prepotencia”, e “Transa e Benito Mirazo despiden, 061 cómplices”. Xabier Aboi, secretario comarcal da FGAMT, presente nesta mobilización sinalaba que “a prepotencia que ten este grupo de empresas conleva que están en vez de tentar negociar pois unicamente o que se dedican é a despedimentos”. Aboi explicaba este conflito que “é un fin de contrato e o que fan é despedir á xente que leva tempo con varias modalidades de contrato, e meten no seu sitio á xente nova, sen experiencia e non lle importa ter que contratar a máis xente. A empresa négase a dialogar cos representantes sindicais e coa propia CIG, e diante da prepotencia hai que responderlle, e esta é a primeira resposta”. Culpabilidade do Sergas O secretario comarcal da FGAMT subliñou que “nós culpamos tamén ao 061 e ao Sergas que están permitindo que se vulneren os dereitos deste colectivo de traballadores e mesmo que se comecen xa a realizar este tipo de despedimentos”.
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008 |
|||||||
|