ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 9 de abril de 2008

Na CIG de Vigo o luns 14
Conferencia acto con Nestor Kohan sobre a vixencia do pensamento do Che

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 
 
No salón de actos da CIG (Gregorio Espiño 47) en Vigo terá lugar ás 20 horas unha conferencia co título “Vixencia do pensamento do Che”, que será impartida por Nestor Kohan, investigador e docente da Universidade de Bos Aires.

O acto estará presentado polo secretario comarcal da CIG de Vigo, Xerardo Abraldes, e despois da conferencia de Nestor Kohan rematará cun acto cultural coas actuacións de Lorena Lores, Diego Alcántara e Irene Pérez, con cancións e poesías.

Nestor Kohan

Nestor Kohan é investigador e docente da Universidade de Bos Aires (UBA). Foi xuri na Casa das Américas e no doutoramento da UBA.

Ten escrito numerosos libros e ensaios desde unha óptica marxista militante. É coordenador do Colectivo Amauta – Cátedra Che Guevara da Arxentina.

 

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta