|
Actualidade
Vigo, 10 de abril de 2008
Os empregados concentráronse en A Coruña e Compostela
O persoal da Cruz Vermella traslada as súas protestas á rúa
| |
 |
 |
 |
| Concentración fronte ao edificio da Cruz Vermella de A Coruña. |
 |
| Concentración fronte ao edificio da Cruz Vermella de Santiago. |
| |
A paralización da negociación do convenio colectivo provincial coruñés da Cruz Vermella provocou que o cadro de persoal se botase á rúa. Empregados desta ONG concentráronse simultaneamente en A Coruña e Compostela o 11 de abril para esixir a dignificación das súas profesións, así como expresar o malestar pola precariedade que padecen.
A Federación de Banca de A Coruña cualifica de moi positiva a resposta que deron os traballadores e traballadoras nesta primeira xornada de protestas. Na cidade herculina, case un centenar de empregados da Cruz Vermella concentrouse fronte ás instalacións do Comité Provincial. O mesmo fixo unha vintena en Compostela, diante do sede comarcal, na Avenida de Lugo.
Precariedade
A parte empresarial considera que unha suba de 3 euros nun soldo de 600 é unha “mellora real do poder adquisitivo”. A Dirección da Cruz Vermella non só considera que os salarios dos empregados son xustos, senón que deben parecerlle excesivos porque nas súas propostas de negociación pretenden conxelar complementos como o de antigüidade.
As traballadoras e traballadores da Cruz Vermella da Coruña son profesionais da acción e intervención social e non pretenden que os seus salarios vaian en función do importante labor social que realizan (con intervencións en situacións de perigo físico; rescates no mar ou na atención a usuarios en situacións de dependencia ou en risco de exclusión social), senón que simplemente aspiran, coma calquera outro profesional, a poder vivir dignamente do seu traballo.
|