ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 17 de abril de 2008

Pola negociación do convenio
Convocada folga no Transporte na provincia de Pontevedra para o 21, 22 e 23 de abril

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea de delegados/as en Ourense; clic para aumentar
 
As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT realizaron unha asemblea de traballadores do sector do Transporte de Mercadorías por estrada da provincia de Pontevedra o pasado 12 de abril, na que tomaron a decisión de convocar unha folga.

Neste acto coa asistencia masiva de traballadores, aprobaron por unanimidade a convocatoria de folga para os días 21, 22 e 23 de abril. Se despois destas xornadas de folga non hai acordo entre as partes iniciarase unha folga indefinida que comezaría o 5 de maio.

Esta convocatoria é o resultado da ruptura das negociacións do Convenio Colectivo, no que a patronal se nega a negociar ningún aspecto da plataforma apresentada, facendo referencia unicamente ao IPC.

Desde os sindicatos convocantes deste folga sinalan que “queremos responsabilizar aos empresarios do sector do transporte de mercadorías por estrada da nosa provincia, da situación na que nos encontramos os traballadores debido a súa cerrazón e irreflexión”.

Folga con amplos efectos
Ademais as centrais sindicais lembran que “esta folga non só afecta aos traballadores e empresarios do transporte, senón que afecta á normalidade de toda actividade industrial, comercial e de servizos desta provincia e indirectamente doutras”.

Engaden, por último, que “o paro no transporte supón a inoperatividade da grande maioría das actividades económicas, do que responsabilizamos directamente á patronal do transporte. Asimesmo pedimos á cidadania e aos traballadores e traballadoras da nosa provincia que sexan pacientes polas molestias que ocasionen a falta de aprovisionamentos e/ou envíos”.

O sábado 19 de abril ás doce da mañá terá lugar na asociación de veciños de Cabral unha nova asemblea dos traballadores deste convenio provincial para preparar esta folga, que xa está convocada e presentada diante da Consellaria de Traballo.

 

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta