Actualidade / ArtigoVolver


Compostela, 14 de abril de 2008

En Paraguai podemos derrotar á dereita neoliberal
 

Rocío Casco

Actualidade GalizaCIG

O vindeiro 20 de abril hai eleccións no Paraguai. As enquisas dan como forza máis votada ao conxunto de organizacións que apoian ao ex-bispo Fernando Lugo. O seu triunfo sería un golpe importante ao control que o imperialismo ten nesa parte de América Latina, e sumaría un país máis ao eixo alternativo, que ten como principais referencias a Cuba e Venezuela.

Este vídeo é a intervención desta dirixente paraguaia no XII Seminario Internacional sobre “Os partidos políticos e a nova sociedade”, organizado en México polo Partido del Trabajo, entre o 13 e 15 de marzo de 2008.

Rocío Casco é deputada do Movemento al Socialismo, e o seguinte é un resumo da súa traxectoria política e social.

É educadora popular e desde moi moza participou en diversas agrupacións e organizacións sociais. Na súa mocidade formou parte da “Frente Estudiantil Secundario” (FES) que a finais do ano 1993 obtivo a aprobación da lei do “boleto estudiantil”. Tamén formou parte do “Movimiento por la Objeción de Conciencia” (MOC), sendo a primeira muller obxectora do país.
Activista en diversos proxectos dirixidos a fomentar a participación e organización xuvenil, foi unha das principais dirixentes dos mozos “cara pintada” que en abril de 1996 resistiron o intento de golpe de estado.

Participou da creación da radio Rebelde FM, da cal foi directora, e formou parte activa das loitas polo recoñecemento das radios comunitarias por parte das autoridades estatais. Rocío é membro fundadora, xunto a Camilo Soares e outros compañeiros, da organización “Casa de la Juventud”, na cal desempeñou como Coordinadora do Programa de Educación desde 1999 até 2001.

Tamén é membro fundador do Partido do “Movimiento al Socialismo” e nas eleccións municipais de 2006 foi electa Concelleira de Asunción, e preside a “Comisión de Inquietudes Ciudadanas y la Comisión Especial de Atención” Integral do caso Ykua Bolaños, ademais de integrar a “Comisión de Educación y Cultura”.


 
 
As opinións vertidas nos artigos de opinión, enviados polos nosos colaboradores ou tiradas doutros medios, non teñen porque ser necesariamente compartidas pola CIG.
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta