|
Actualidade
Coruña, 7 de abril de 2008
Reclaman unha reforma integral da Relación de Postos de Traballo
Os traballadores da Seguridade Social realizarán paros todos os xoves de abril
| |
 |
| Concentración fronte á Dirección Provincial do INSS, na rúa O Grove de Vigo. |
 |
| Concentración diante da Dirección Provincial da Tesourería da Seguridade Social, na rúa García Barbón de Vigo |
 |
| Concentración diante da Dirección Provincial do ISM, na Avenida de Beiramar de Vigo. |
 |
| Concentración en A Coruña. |
A CIG e as centrais CGT e STERM convocan folgas parciais todos os xoves de abril que afectarán os funcionarios da Seguridade Social de todo o Estado español. Os primeiros paros realizáronse o 3 de abril e proseguirán os días 10, 17 e 24, entre as 12:30 e as 14:30 horas. Na primeira xornada de folga houbo concentracións en Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. O seguimento das protestas foi importante.
A maioría do persoal da Seguridade Social trasladoulle á CIG a súa desconformidade e o conseguinte malestar co contido e cos resultados da aplicación dos acordos subscritos nos ámbitos de Función Pública e da Seguridade Social. As demandas formuladas polo persoal e dirixidas ás Administracións e sindicatos asinantes dos acordos non frutificaron nunha resposta satisfactoria. A CIG, por tanto, logo das consultas feitas nas asembleas, acordou xunto coa CGT e o STERM a convocatoria destes paros.
Contido das reivindicacións que a CIG trasladou Á Administración
Reivindicación dunha reforma integral da estrutura de Relacións de Postos de Traballo consistente en:
- Establecemento de Nivel de Complemento de Destino Mínimo 17 para os postos do Grupo C2
- Establecemento de Nivel de Complemento de Destino Mínimo 18 para os postos dos Grupo C1 e os actuais Niveis 15 (independentemente de que estean ocupados por Grupos C1 ou C2)
- Establecemento de Nivel 20 para os actuais Xefes de Negociado Nivel 16 e 18.
- Establecemento de Nivel 24 para os actuais Xefes de Área e Sección de Nivel 22.
Recoñecemento dun Complemento Específico para a totalidade de postos de Atención ao Público.
Incorporación no Complemento Específico do Complemento de Produtividade 1.2 por desempeño de xornada de Maior Dedicación; e que se faga extensivo de xeito inmediato para a totalidade do persoal que voluntariamente o solicite.
Respecto dos Baremos para os concursos de provisión de postos:
- Eliminación da puntuación por pertenza a unha determinada Entidade ou localidade.
- Eliminación da valoración do desempeño de postos en Comisión de Servizos.
Establecemento de criterios obxectivos para a asignación de postos en Comisión de Servizos. |