2

ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 2 de abril de 2008

Facendo parte do proxecto de cooperación ao desenvolvemento PICERSA
A CIG capacita a 15 mozos/as saharianos/as en tecnoloxía das enerxías renovábeis solar fotovoltaica e eólica

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 
Monitor, intérpretes e alumnado posan xuntos no primeiro día da capacitación.
 
Está a piques de rematar o intenso período de capacitación que durante dous meses permitiu a 10 mozas e 5 mozos do campamento de refuxiados saharauis de Smara adquirir coñecementos teóricos e prácticos que lles van permitir instalar e facer o mantemento de pequenas e medianas instalacións de sistemas de enerxía solar fotovoltaica. Como complemento, as alumnas e alumnos recibiron tamén capacitación na instalación e mantemento de pequenos sistemas de enerxía eólica.

O deserto do Sahara é un espazo altamente inhóspito no que viven máis de 175.000 refuxiados e refuxiadas saharauis que fuxiron da súa patria por mor da ocupación militar e colonial marroquí. Neste lugar, a CIG en colaboración coa UGTSARIO, está executando un programa de cooperación con dous obxectivos fundamentais: subministrar enerxía mediante sistemas que aproveiten os recursos renovábeis ao hospital do campamento de Smara e formar a mozas e mozas nestas tecnoloxías.

Para impartir a formación, un compañeiro monitor da Fundación FORGA especializado nestas tecnoloxías e con ampla experiencia técnica e docente, desprazouse aos campamentos saharauis onde coñeceu e compartiu o difícil día a día da poboación refuxiada. David hanos contar, cando do seu xa próximo regreso a Galiza, a súa experiencia durante este curto pero importante período da súa vida.

Coa capacitación na fase final, o proxecto PICERSA está tamén chegando ao seu fin, prevíndose que nun prazo de dez días a instalación do campo solar, da torre eólica, dos sistemas enerxéticos, dos equipos de control e dos acumuladores estea completamente feita, as conexións realizadas e, consecuentemente, o hospital recibindo a enerxía necesaria para o seu funcionamento.


 

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta