ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 9 de abril de 2008

Trátase de armas semiautomáticas compactas do calibre 9 mm Parabellum que xa se ensamblaron na FAC
CIG- Santa Bárbara espera que o novo encargo de Interior de 20.000 pistolas se faga en A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


A CIG-Santa Bárbara agarda que o acordo adoptado no último Consello de Ministros no que se autorizou o encargo de novas pistolas para o “Cuerpo Nacional de Policía” se lle encomende á Fábrica de Armas da Coruña (FAC), o que suporía un incremento da carga de traballo mediante a fabricación de 20.000 unidades.

O acordo do Consello de Ministros autoriza a contratación do subministro de pistolas semiautomáticas compactas do calibre 9 mm Parabellum. O importe máximo do contrato será de 13.360.000 euros, que se repartirán en catro anualidades de 3.340.000 euros no período 2008-2011.

A FAC xa ten subministrado pistolas, modelo HK, destas mesmas características, tanto para a policía española como para a Garda Civil. Se este novo encargo se destinase a fábrica de A Coruña podería traer consigo a fabricación do arredor de 20.000 unidades, vendo así incrementada a súa carga de traballo. Neste caso, a sección sindical da CIG espera que a porcentaxe de fabricación por parte da Fábrica de Armas da Coruña se vexa incrementada pois até o de agora limitábase, unicamente, a realizar a ensamblaxe das pezas e a proba de fogo.

 

 
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta