ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de abril de 2008

Vulneración dos dereitos do persoal
A CIG Ensino denuncia o despedimento improcedente dunha traballadora no Marcote e o ocultamento de conflitos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 
Este centro de estudos do ensino privado encóntrase na zona de Cabral, na imaxe.
O Colexio Marcote de Vigo basea o seu suposto “prestixio” no ocultamento de calquera conflito que xurda co alumnado anulando os dereitos do seu persoal, algo que a CIG Ensino de Vigo ven de denunciar, polos graves acontecementos que se veñen producindo neste centro de ensino privado.

A CIG-Ensino recibe denuncias periódicas dos/as traballadores/as do Colexio Marcote contra a dirección da Empresa. A mesma caracterízase por impor aos/ás educadores/as a realización de numerosas irregularidades baixo a amenaza do despido.

Calquera traballadora ou traballador que se negue ás actividades relatadas será convidado a abandonar a empresa recibindo a indemnización correspondente ao despido improcedente para que non realice unha denuncia e, deste xeito, quede limpa a imaxe do centro.

Deste xeito, o Colexio Marcote basea o seu suposto “prestixio” na anulación dos dereitos das súas traballadoras e traballadores e no ocultamento de calquera conflito que xurda co alumnado.

Grave caso

Desde a CIG Ensino de Vigo relatan un grave caso que exemplifica esta práctica empresarial: Os educadores e educadoras que realizan a función de vixilancia e acompañamento do alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos que vive na Residencia do Centro Educativo son contratados polo convenio de Hostalaría a través da empresa Pazo Torres de Agrelo SL, do grupo Marcote pero allea á actividade que desenvolven. Estes traballadores, con xornadas abusivas e mal pagadas son coaccionados pola empresa para ocultar as irregularidades que teñen lugar na Residencia. A educadora-vixilante de fin de semana está contratada por 53h concentradas entre o venres e o domingo, incumprindo os descansos mínimos regulados no Estatuto dos Traballadores e non percibindo a retribución das 13h extraordinarias que realiza cada semana.

No mes de marzo, cando esta traballadora desenvolvendo as súas funcións informou á dirección da empresa sobre o grave comportamento do alumnado na residencia, atopouse coa negativa desta a tomar medidas ocultando aos pais e nais do alumnado información relevante sobre o comportamento dos seus fillos.

Isto provocou unha situación de acoso á traballadora por parte do alumnado, que chegou a sufrir un accidente laboral. Nese momento a Empresa negouse a proporcionarlle a preceptiva asistencia da Mutua. Un día despois a traballadora recibía a carta de despido.

Este é o desamparo e o ninguneo ao que somete o Colexio Marcote aos seus traballadores e traballadores.

A CIG-Ensino de Vigo anuncia que as ilegalidades relatadas están en mans da súa Asesoría Xurídica. Tamén quere denunciar estes feitos ante a sociedade para alertar dos perigos e da baixa calidade dun Ensino Privado xestionado por empresarios que buscan o seu lucro persoal a costa dos traballadores e en detrimento da formación do alumnado.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta