cigrede.org - formación online Clic para ir ao ligazón FESGA Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
   

Actualidade GalizaCIG

Axenda sindical Edición do venres 25 de xaneiro de 2008 ·

  A CIG promoverá unha Plataforma en Defensa do Correo Rural
-Derrogar RD
Solicita que se reclame a transferencia de competencias na materia
A CIG demanda a derrogación do RD que permite deixar de repartir o correo no rural
O Real Decreto 503/07 estabelece que nos “contornos especiais a entrega dos envíos postais ordinarios realizarase a través de buzóns individuais non domiciliarios e de casilleiros concentrados”. Isto afectaría ao reparto postal ordinario de grande parte do rural galego e para a CIG podería ser anticonstitucional e atentar contra a Lei de Protección de Datos, ademais de pór en risco 400 postos de traballo.
 
  Os traballadores/as continúan a facer quendas nas instalacións da empresa para evitar a descapitalización e protexer a maquinaria
-Manifestación o 25
A marcha partirá ás 11 da mañá da nave industrial de Edificacións Marbar (na Tebra) e rematará no centro de Tomiño
A CIG convoca unha mobilización de apoio aos traballadores e traballadoras das empresas Marbar
A Comarca de Vigo, e desde a Federación de Construción da CIG, organizou para mañá venres 25 de xaneiro unha manifestación para arroupar e acompañar aos traballadores e traballadoras de Marbar, que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido.
 
  A CIG de As Pontes entende que o peche da mina de lignito pardo da localidade se debe acometer dando satisfacción a todos os intereses afectados
-Moción de apoio
Instará a Industria que xestione a incorporación a Endesa dos operarios que reúnan os requisitos marcados polo Miner II
O Concello de As Pontes aproba unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina
A Corporación municipal de As Pontes aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina, nun pleno extraordinario o 23 de xaneiro. O Concello pediralle ao Ministerio de Industria que xestione a incorporación a Endesa de todos os operarios das contratas e subcontratas que reúnan os requisitos marcados polo Plan Miner II.
 
  O encerro ía manterse de forma continuada até o luns, pero na xornada do xoves a Deputación de Pontevedra ofreceu a posibilidade dun preacordo
-Preacordo
Grazas ao peche no parque comarcal
Os bombeiros do parque de O Morrazo conseguen un preacordo pola presión das mobilizacións
Todas as xestións coa Administración resultaron inútiles para resolver a situación de discriminación salarial dos bombeiros dos Consorcios Comarcais privatizados da Provincia de Pontevedra. Tiña que ser un peche no parque comarcal que se iniciaba este xoves a mañá, o momento no que distintas xestións fixeron posíbel un preacordo que será transmitido e concretado o luns 28.
 
  Tragsega decidiu non contratar ningún destes traballadores eventuais en xaneiro de 2008 para evitar que se convertesen en fixos
-Burlar a Lei
Os traballadores solicítanlle en persoa ao presidente da Xunta que medie neste conflito
Tragsega prescinde do 70% dos seus empregados en Lugo para non facelos fixos
Tragsega, empresa de capital público estatal dependente do Grupo Tragsa, prescindiu, no comezo da nova campaña de saneamento gandeiro da provincia de Lugo, dos 75 empregados eventuais que viña contratando desde 2002. A sociedade impide deste xeito que estes traballadores se convertan en fixos.
 
  A CIG xa presentara alegacións aos Orzamentos municipais no pasado mes de decembro
-Recurso orzamentos
Os presupostos non recollen a suba do 1% da masa salarial para o persoal municipal, entre outros aspectos
A CIG recorre ante o TSXG a aprobación dos Orzamentos do Concello de A Coruña
A CIG interpuxo un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a aprobación do Orzamento do Concello de A Coruña para o ano 2008. O presuposto non contempla, entre outros aspectos, o incremento retributivo para o persoal municipal do 1% da masa salarial dos exercicios 2006 e 2007, tal como prescribe a Lei.
 
  Co acordo, quedan desconvocadas as distintas mobilizacións previstas
-Acordo
CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo e desconvocan as mobilizacións
Recoñécese a carreira profesional a todos os traballadores e traballadoras das contratas do Sergas
CIG, CCOO e UGT conseguiron, a media noite do luns 21 de xaneiro, asinar un acordo segundo o que, “pola parte empresarial, faise recoñecemento expreso do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñen recoñecida a equiparación salarial, á percepción económica do equivalente ao importe da chamada carreira profesional”.
 
  O dono do grupo empresarial Marbar, Manuel Martínez Barros, permanece desaparecido e fixo desaparecer con el moita da maquinaria pesada da empresa
-Peche en Marbar
56 persoas e graves consecuencias
Os traballadores da construtora Marbar fechados nas instalacións da empresa ante a fuxida do xefe
Son un total de 56 empregados os que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido, repartidos entre os diferentes negocios de Construcións Marbar SL. O grupo de empresas dedicábase á extracción e transformación de pedra, así como a construción e promoción de vivendas. Era unha das firmas máis importantes do seu sector na zona do Baixomiño.
 
  Espectacular avance en A Mariña onde a CIG pasou a ser a primeira forza sindical cun 31,5% da representación
-Eleccións sindicais
Asistiu como convidado Antón Casal, quen lembrou o acontecido co Casón
Asemblea de delegados/as da CIG
A Mariña para valorar o proceso de eleccións sindicais 2007

A CIG de A Mariña celebraba na tarde do luns 21 de xaneiro unha Asemblea de delegados/as para valorar o proceso de eleccións sindicais 2007, no que a CIG quedou como primeira forza na Comarca pasando dunha representación do 22,5% en 2003 ao 31,5% en 2007. Á Asemblea asistiu tamén como convidado Antón Casal.
 
  A Administración está negando a revisión temporal de saúde laboral a 32.000 docentes
-Revisión anual
A Federación de Ensino denuncia que a Consellaría de Educación imposibilita de forma reiterada estes controis
O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa da CIG por incumprirse a revisión sanitaria anual dos/as docentes
O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite a queixa presentada pola CIG-Ensino polo incumprimento reiterado da Consellaría de Educación de posibilitar revisións sanitarias anuais a todos e a todas os/as docentes do ensino público.
 
  Caixa Galicia debe reactivar as mesas de negociación á par que rebaixar a presión ao persoal
-Bloqueo negociación
Denunciaron a política laboral da empresa e o bloqueo do proceso de negociación
CIG e UXT mobilizáronse ante a Convención Comercial de Caixa Galicia
O pasado sábado día 19 de xaneiro Caixa Galicia convocou a 1.300 traballadores e traballadoras á Convención Comercial Anual en A Coruña. A CIG e UXT mobilizáronse ante este acto para denunciar a política laboral e o bloqueo do proceso de negociación.
 
  Pola defensa do Convenio Colectivo
-Cumprir o Convenio
Reclaman ás empresas adxudicatarias o cumprimento do Convenio
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña tamén se mobiliza pola equiparación salarial co Sergas
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña botouse a rúa para esixir a equiparación salarial cos traballadores/as do Sergas, do mesmo xeito que fixeron nas semanas anteriores os seus compañeiros e compañeiras doutras cidades galegas.
 
  Os traballadores reclaman unha suba igual á dos Consorcios de A Coruña con efectos retroactivos desde outubro de 2007
-Equiparación
Pola equiparación a nivel galego
Os bombeiros dos Consorcios Comarcais de Pontevedra reuniranse coa Xunta para desbloquear o conflito salarial
A directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, convocou para o martes 22 de xaneiro ás 16:30 horas a unha representación dos bombeiros dos tres Consorcios Comarcais privatizados da provincia de Pontevedra (O Morrazo, O Salnés e Baixo Miño).
 
  Non á represión sindical en Povisa
-Acoso laboral
Concentración de apoio ás portas
Celébrase xuízo por un caso de acoso laboral a unha delegada da CIG en Povisa
Preto das once e media da mañá comezaba o xuízo polo acoso laboral que sobre unha delegada da CIG exerce a dirección do Hospital de Povisa de Vigo. No exterior do Xulgado numerosos compañeiros e compañeiras, delegados e delegadas da CIG acompañaban a esta traballadora nunha concentración contra a represión sindical.
 
  ‘Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian’ é “a voz dos poetas que falan en nome dos traballadores que non teñen voz”
-Libro Fesga
O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
O libro “Galegos en Bizkaia” presentouse en Compostela
A Libraría Couceiro de Compostela acolleu a presentación en Galiza do libro ‘Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian’, que recolle unha escolma de poemas de Gabriel Aresti e Manuel María, introducidos e comentados por Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.
 
  Eleccións 2003-2007: A CIG é a segunda forza sindical en Galiza
-Vídeo CIG
Os resultados sitúan á CIG como segunda forza con 5.623 delegados/as, por diante de CCOO
-Eleccións 2004-2007
O sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en 2003 ao 28,6% en 2007 e pasa a ser a segunda forza en Galiza
A CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas eleccións sindicais
“Trátase dun resultado histórico que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o avance do sindicalismo nacionalista”. Así avaliaba a Executiva Confederal da CIG os resultados do proceso de eleccións sindicais rematado o 31 de decembro. Uns resultados que a sitúan como segunda forza, con 5.623 delegados/as por diante de CCOO, que obtivo 5.576, e a tan só 556 de UGT.
 
  Estes resultados son “un toque de atención á patronal pois evidencian que os obreiros teñen como referente a un sindicato que non claudica”.
-Eleccións sindicais
O sindicato nacionalista ten o 35,02% da representatividade fronte ao 28,70% de UGT, que é a segunda forza da bisbarra
A CIG de Ferrol é a primeira central da comarca trala conclusión do proceso electoral
A CIG de Ferrol converteuse na primeira central da comarca no período electoral 2003-2007. O sindicato nacionalista posúe o 35,02% da representatividade, UGT o 28,70% e CCOO o 27,43%. Por federacións, a CIG é maioritaria na Administración (co 50% dos delegados), na Banca, na Construción, no Metal, en Químicas, na Saúde e en Servizos.
 
  Cociña, limpeza e mantemento polo cumprimento do Convenio
-Cumprir o Convenio
Cociña, limpeza e mantemento en loita
Continúan as mobilizacións nos hospitais de Vigo pola equiparación salarial e o cumprimento dos convenios
Os traballadores e traballadoras de limpeza, cociña e mantemento do Hospital do Meixoeiro, Hospital Xeral Cíes, Rebullón e Nicolás Peña, manifestáronse diante dos centros hospitalarios o mércores 16 de xaneiro e xoves 17 para reivindicar o cumprimento dos convenios colectivos de equiparación salarial.
 
  Os traballadores reclámanlle á Deputación de Pontevedra unha suba igual á dos Consorcios de A Coruña con efectos retroactivos desde outubro de 2007
-Discriminación
A Deputación de Pontevedra discrimina aos bombeiros
A CIG reclama para o Parque de O Morrazo a suba salarial pactada coa Xunta a nivel galego
Os bombeiros do Consorcio de O Morrazo, xunto cos do Salnés e Baixo Miño, están sendo discriminados salarialmente respecto dos seus compañeiros doutras provincias galegas. Reclaman a equiparación salarial, e de non ser atendidas as súas mobilizacións anuncian peches nos parques da provincia.
 
  Neste tipo de sinistros “os minutos son sempre valiosos e neste perdéronse moitos”
-Cronograma falso
Falsidades de Fomento
A CIG reclama que se abra unha investigación polo sinistro no mar e que a Fiscalía actúe de oficio
Xabier Aboi, secretario nacional de CIG-Mar, lembra que “os mariñeiros están en máns do armador que ordena cando saír ao mar” e denunciou tamén a falta de medios aeronáuticos e falsidades no cronograma do sinistro nunha rolda de prensa celebrada no local sindical de Pontevedra.
 
  Entrevista a Xosé Carlos Crespo, secretario nacional da Federación de Administración Pública da CIG
-Entrevista
Xosé Carlos Crespo, secretario nacional de CIG-Administración
“Agardamos que a Mesa do Parlamento autorice en breve a recollida de sinaturas da ILP dos altos cargos”
Continuamos coa rolda de entrevistas aos secretarios e secretarias nacionais das federacións, e nesta ocasión contamos coa achega da conversa mantida con Xosé Carlos Crespo, secretario nacional da Federación de Administración Pública da CIG.
 
  As traballadoras/es da adxudicataria de Clece, que realizan a limpeza do CHOP, pola equiparación salarial e a carreira profesional
-Equiparación
Camiñando cara unha folga nacional
Mobilización das traballadoras do servizo de limpeza do Hospital de Montecelo pola equiparación e a carreira
Nova mobilización das traballadoras e traballadores das empresas adxudicatarias do Sergas, desta volta, na cidade de Pontevedra, e aproveitando a hora do descanso, un numeroso e ruidoso grupo de traballadoras manifestábanse diante do Hospital de Montecelo.
 
  Varios traballadores, sen traballo efectivo, van cumprir 2 meses nesta situación: 8 horas diarias diante da nave da empresa.
-Acoso laboral
Cinco traballadores levan xa dous meses sen traballo efectivo por pedir mellores condicións laborais
Concentración diante de Transportes Manuel Rial
Traballadores de Transportes Rial SL concentráronse diante da empresa para denunciar a precariedade laboral que padecen e demandar unhas condicións de traballo dignas. Como medida de presión os traballadores acordaron pór en marcha unha campaña informativa entre os veciños e veciñas de Negreira para dar a coñecer a súa situación.
 
  A Comisión de Centro do CHOP considera que manter na Dirección á actual xerente é abocar ao centro a unha situación de crise
-Cese Xerencia
Demandan cese de Xerencia
Protesta da Comisión de Centro do CHOP na presentación da nova equipa directiva
Son moitos os meses de mobilización e actos de protesta no Complexo Hospitalario de Pontevedra pola xestión e polos problemas de recursos humanos neste hospital. Unha nova acción foi na presentación da nova equipa de Dirección a aparición de máis de vinte persoas con carteis coa lenda de “Cese Xerencia”.
 
  No conxunto da provincia de Pontevedra a CIG gaña contundentemente con 449 delegados/as sobre UGT e 445 sobre CCOO
-Eleccións sindicais
Rolda de prensa de avaliación das eleccións sindicais
A CIG de Pontevedra obtén o 33,17% de representatividade
Os resultados das eleccións sindicais volven ser noticia, aínda pendentes dos datos finais oficiais, e é que na cidade de Pontevedra e nos concellos próximos a CIG é de novo a primeira forza sindical. Gaña as eleccións sindicais na comarca de Pontevedra con 52 delegados e delegadas máis que CCOO e 68 máis que UGT.
 
  CIG: Sindicalismo galego
-Eleccións sindicais
A central nacionalista pasa de 6 a 8 representantes no comité provincial coruñés desta empresa de Gadisa
A CIG fica ao borde da maioría absoluta en Almacenes Casán
A CIG conseguiu 8 delegados nas eleccións ao Comité provincial coruñés de Almacenes Casán, empresa pertencente ao Grupo Gadisa. O sindicato nacionalista subiu dous representantes con respecto ao anterior proceso electoral e quedou a unha escasa marxe de conseguir a maioría absoluta. A participación foi do 67,5%.
 
O venres 18 ás 10:00 horas en Compostela
Xornadas internas de formación político-sindical con Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral de LAB
A asociación en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”
A Mesa denuncia a vulneración de dereitos lingüísticos por parte de RENFE e ADIF
Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
Convocatoria unitaria para reclamar de Educación un novo proxecto de orde para a xornada única
A empresa acuícola botou 17 traballadores de maneira improcedente nos últimos catro anos
Declaran nulo o despedimento do presidente do Comité de Stolt Sea Farm
Convocan unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
CIG-Correos denuncia o mal funcionamento do servizo en Teo por falta de persoal de reparto
Forte apoio ao modelo sindical e de mobilización da central nacionalista
A CIG gaña de novo as eleccións sindicais na Comarca de Vigo co 36,1% da representatividade, 2,9 puntos máis
Prevé a revogación ou suspensión das autorizacións de transferencia xa concedidas
O Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Dados recolle achegas da CIG
Acada 3 dos 5 delegados e CCOO queda fóra do Comité de Empresa
Maioría absoluta da CIG nas eleccións sindicais de CESPA en Compostela
Afirma que o decreto 124/2007 debe cumprirse en todos os centros de ensino non universitario
A Mesa pola Normalización Lingüística úrxelle a Educación un plan de formación en galego para o profesorado
Avaliación dos resultados
Apoio masivo ás candidaturas da CIG nas empresas do sector de Alimentación no Porto de Marín
Só tres convenios teñen revisión salarial
Importante perda de poder adquisitivo nos salarios dos traballadores ourensáns pola escandalosa suba do IPC
Contra as deslocalizacións no Telemárketing
A CIG impugna xudicialmente a transferencia a Perú de dados persoais de clientes de Telefónica
É indecente que UGT e CCOO pretendan arrogarse méritos cando son responsábeis de que os mineiros fiquen excluídos do Miner II
Os avances no futuro laboral do persoal das auxiliares de Meirama producíronse grazas á mobilización
Deste xeito a empresa impide que as traballadoras e traballadores coñezan as posicións do sindicato nacionalista
Caixanova censura os comunicados da CIG
 
 
TEMPO SINDICAL
pdfNº 56 - decembro 2007
 
OPINIÓN
Rafa Villar (Galiza)
DESDE O VENTRE DA BALEA
De como a(s) lingua(s) entra(n) en campaña electoral
Avanzada a precampaña para as eleccións ás Cortes Xerais españolas do vindeiro 9 de marzo, o Partido Popular desentumece os músculos das súas posicións máis dereitistas e bótase tamén contra as linguas das nacións do Estado diferentes do español. Mariano Rajoy e as súas hostes (tamén a súa sucursal en Galiza, con Núñez Feijoo exercendo de delegado territorial) volven cargar despiedadamente contra as diversas actuacións en materia de normalización lingüística...
 
Manuel Mera (Galiza)
A cuestión vasca
Todo indica que nestas eleicións o debate centrarase na economía, deixando nun segundo plano a cuestión vasca, que foi durante os últimos anos o tema co que os conservadores aguilloaron ao Partido Socialista desde a oposición. Mais non por iso deixa de ser unha cuestión fundamental, que necesita de claridade, firmeza e regras democráticas. Hoxe as posturas destes partidos son moi coincidentes, competindo no discurso sobre quen é máis duro, non só con ETA...
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: Eliane Cantanhêde e Uribe, tudo a ver
Uma das colunistas prediletas da famíglia Frias, Eliane Cantanhêde não esconde as suas opções políticas. No artigo “Chávez e Farc, tudo a ver”, publicado na Folha de S.Paulo, ela bombardeou as negociações encabeçadas pelo presidente da Venezuela, que resultaram na libertação de Clara Rojas e Consuelo González, seqüestradas há muitos anos pelas Forças Armadas Revolucionárias da Colômbia. A jornalista acusou Hugo Chávez de ser um “aliado das Farc”...
 
Samir Amin (ODiario.info)
A via de desenvolvimento de orientação socialista
Os desenvolvimentos propostos abaixo vão desiludir os que julgam ter já a resposta para os assuntos colocados. A minha proposta não é a de formular aqui o «será» ou «deveria ser» o socialismo do século XXI. Uma formulação deste género iria ao encontro da leitura do marxismo a que aderi: que o socialismo (ou melhor o comunismo) só pode ser o produto da luta de classes e dos povos explorados e dominados, não a realização de «um projecto intelectual» concebido de antemão.
 
Manuel Mera (Galiza)
A longa loita antiforal
O 5 de xaneiro cumpriuse un século da constitución do Directorio Antiforal de Teis, abríndose deste xeito unha nova etapa na loita dos labregos, máis organizada e menos espontánea, contra os Foros que afogaban o desenvolvemento agrario e a sociedade galega en xeral. Nesta xuntanza, precedida dunha realizada o 15 de decembro, deuse conta de que 41 sociedades agrícolas e obreiras da provincia de Pontevedra apoiban a campaña antiforal e nomeouse unha Comisión Xestora...
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: As bravatas do senador Arthur Virgilio
Pelo jeito, a “surra” que o senador Arthur Virgílio levou na eleição para o governo do Amazonas em 2006 não serviu de lição. No primeiro mandato do presidente Lula, o líder dos tucanos foi uma das vozes mais estridentes da oposição de direita. Vaidoso e chegado a um holofote, ocupou farto espaço na mídia venal para falar as suas sandices. A forte exposição, porém, não rendeu os votos sonhados, teve apenas 5,51% no pleito estadual...
 
Lejeune Mirhan (Vermelho)
Oriente Médio: Fracassa a turnê do chefe do Império
Não há dúvidas que a região do Oriente Médio sempre foi estratégica, seja para qualquer potência mundial. Na época de um mundo bipolar, da guerra fria, tanto EUA como a URSS tinham parceiros e aliados estratégicos na região e sempre mantiveram espécies de “cabeça de ponte” na região. A URSS tinha como aliados fortes o Egito de Nasser e a Síria de Hafez Assad. Mas, as coisas se alteraram. O mundo hoje é unipolar...
 
Rafa Villar (Galiza)
DESDE O VENTRE DA BALEA
Conta atrás para unhas novas eleccións ás Cortes Xerais españolas
Co decreto de disolución das dúas cámaras de representación, Congreso e Senado, o pasado día 14 de xaneiro, o Consello de Ministros convocaba formalmente novas eleccións ás devanditas cámaras para o vindeiro 9 de marzo, esgotando así os catro anos de lexislatura. Catro anos de máis sombras ca luces nun Congreso dos Deputados que dera unha maioría exigua ao PSOE, o que lle permitiu a Rodríguez Zapatero formar goberno nesta etapa.
 
Margarida Corral Sánchez (Galiza)
O dereito das mulleres a decidirmos
Nas últimas xornadas vimos asistindo a unha persecución contra as clínicas privadas onde se practican abortos e contra moitas mulleres que están sendo chamadas a declarar por abortar fóra dos supostos legais. Nestas persecucións están a participar sectores ultraconservadores, ben relacionados co ámbito relixioso ou coa dereita política. Este feito está a recuperar o debate a respecto do aborto no Estado español.
 
LEXISLACIÓN GALIZA
Lei do Traballo en Igualdade
LEXISLACIÓN ESTADO ESPAÑOL
pdfdocEstatuto Traballadoræs (3/07)
Lei Igualdade Mulleres e Homes
NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Convenio de Aforro 2007
XXI Convenio da Banca Privada
IV Convenio de Telemárketing
 
OPINIÓN
José Reinaldo Carvalho e Altamiro Borges (Vermelho)
Venezuela: PSUV nasce com o desafio de defender revolução bolivariana
O dia 12 de janeiro entrará para a história da Venezuela. Nesta data, no simbólico Quartel San Carlos –onde já estiveram encarcerados vários heróis deste sofrido povo, como o líder negro José Leonardo, que liderou a revolta dos escravos contra os colonizadores espanhóis, e o próprio comandante Hugo Chávez, quando encabeçou a rebelião militar de 1992, e que hoje sedia um majestoso centro de cultura-, ocorreu o congresso fundacional do Partido Socialista Unido da Venezuela.
 
Emir Sader (Agência Carta Maior)
Esquerda e direita na América Latina
Como julgar um governo hoje na América Latina? Como não se julgam as pessoas pelo que elas dizem que são, não se deve julgar um governo pelo que ele diz que é, nem pelo que se diz que ele é, nem tampouco pelo que gostaríamos que ele fosse. Para julgá-lo, como se diz, objetivamente, é necessário definir quais os principais problemas que um governo deve enfrentar, para, então, julgá-lo em função dessa referência. E analisar sua política nos seus efeitos concretos...
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: Em defesa da previdência social
Um fantasma ronda os lares dos trabalhadores brasileiros, seja dos que estão na ativa ou dos que vivem das aposentadorias e das pensões. Desde abril passado, representantes do governo, dos empresários e dos trabalhadores participam das reuniões do Fórum Nacional da Reforma da Previdência, instância tripartite criada pelo presidente Lula. O seu intento era o de apresentar propostas de mudanças na atual legislação previdenciária...
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: CTB, a novidade no sindicalismo
A crise do sindicalismo, que já dura quase duas décadas, teve forte impacto na fundação e funcionamento das centrais sindicais, que têm como função superar a dispersão das categorias isoladas e unificar a classe para interferir nos rumos do país. No topo, o movimento sindical se encontra dividido e fragmentado, bem diferente de outros períodos históricos, nos quais sempre predominou uma única articulação horizontal da classe...
 
Rui Namorado Rosa (ODiario.info)
Uma mentira que abala o Mundo
A primeira semana do mês de janeiro do ano de 2008 ficou já assinalada por máximos históricos dos preços do petróleo (US$100 /barril), do ouro (US$890 /onça) e da maioria das commodities minerais e agrícolas nos principais mercados mundiais. É invocado o défice comercial e a crise financeira nos EUA, e a associada debilitação do dólar, para explicar esta evolução de há vários anos que agora exorbita, e que se repercutiria na economia real em todo o mundo.
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: Sinais contraditórios no sindicalismo
O sindicalismo brasileiro vive um período bastante contraditório. A sua trajetória sempre foi errática, com altos e baixos, avanços e crises. Mas na fase recente esta ação pendular se agravou. Duramente golpeado pela ditadura militar, que proibiu greves, interveio em quase mil sindicatos e prendeu, torturou e matou inúmeras lideranças, ele voltou a jogar papel de relevo a partir do final dos anos 70. Tornou-se recordista mundial em greves, renovou suas direções...
 
Ramón Palao (Diagonal)
Entrevista a Frei Betto e François Houtart
“As mudanzas en América Latina van afectar a unha parte moi rica da poboación”
François Houtart: Ben, un socialismo que defende os intereses capitalistas de España non me parece socialista. En Europa, temos o socialismo da socialdemocracia que está loitando por tratar de conservar logros das loitas sociais de hai 50 anos, e máis, de hai 150 anos. E con razón. Pero, xeralmente, a maioría dos países europeos limítase a iso, e perdeu toda a crítica fundamental do sistema capitalista...
 
Francisco Herreros (El Siglo)
Entrevista a Atilio Borón
“Co neoliberalismo a destrución de aparello estatal foi realmente impresionante”
O 2 de febreiro de 1999 é un fito clave na historiografía latinoamericana, e tamén mundial, porque ese día asumiu a Presidencia de Venezuela o ex tenente coronel Hugo Chávez Frías, feito que rompeu coa secuencia de derrotas da esquerda que viña sucedendo sen pausas desde o mesmo 11 de setembro de 1973, co derrocamento militar de Allende. Foi, por conseguinte, algo así como o principio da fin da fin da historia...
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: São Paulo, palanque dos neoliberais
As eleições de 2006 confirmaram a hegemonia da direita neoliberal no principal estado da federação. Pela quarta vez consecutiva, o PSDB, partido das elites rentistas e privatistas, ganhou a eleição para o governo paulista e logo no primeiro turno. Os tucanos e seus aliados ainda elegeram o maior número de deputados federais e estaduais, com a redução das bancadas de esquerda mais vinculadas às lutas dos trabalhadores...
 
Ronaldo Carmona (Vermelho)
Mudança de época na América
do Sul

Vista em comparação com hoje, a placa de inauguração do Edifício-sede do Mercosul na Rambla Presidente Wilson, às margens do Rio da Prata, em Montevidéu –datada de 15 de dezembro de 1997– é uma expressão simbólica da mudança de época na atual América do Sul. A lista dos presidentes dos países-membros à época, em relação aos de hoje, faz o visitante lembrar-se da fase cunhada pelo presidente Correa, do Equador...
 
Ignacio Ramonet (Le Monde Diplomatique)
África di non
Velaí que, para contrariedade da fachendosa Europa, se produciu o inimaxinábel: nun pulo de orgullo e rebelión, África, á que moitos crían sometida a forza de empobrecemento, dixo que non. Non á camisa de forza dos "Acordos de Asociación Económica" (APE, segundo as súas siglas en francés). Non á liberalización salvaxe dos intercambios comerciais. Non a eses últimos avatares do Pacto colonial.
 
Luiz Carlos Azenha (Vermelho)
Os limites da “mudança” nos Estados Unidos
Eleitores que participaram das prévias republicanas em New Hampshire, ouvidos em uma pesquisa de boca-de-urna, deram uma idéia do estado de espírito com a Casa Branca: 53% disseram que estão insatisfeitos ou "com raiva" do governo Bush. Entre os que votaram nas prévias democratas, mais de 90% afirmaram o mesmo. É preciso dar um desconto: New Hampshire não é representativo dos Estados Unidos e tem um eleitorado bastante peculiar...
 
Rafa Villar (Galiza)
DESDE O VENTRE DA BALEA
O reiciño feliz
Nos primeiros días deste mes de xaneiro o rei español, Juan Carlos I, da dinastía borbónica está a celebrar o seu 70 aniversario. Dentro desta celebración, o pasado mércores 9 de xaneiro a Casa Real organizou unha cea no Palacio de El Pardo para varios centos de comensais, todos xente significada das esferas política e institucional do Estado español. Polo que se coñece, poucos foron os que declinaron o convite iren presentar os seus respectos ao monarca...
 
ESPECIAIS
Folga Serrabal e Ferroatlántica
Folga auxiliares Meirama
Folga sector da Pedra
Folga Construción
Folga sector Naval
Folga Ensino
Primeiro de Maio
GUÍAS
pdfGuía saúde perspectiva xénero
pdfGuía de linguaxe non sexista
DOCUMENTOS CIG
Evolución salarial 2000-2005
Análise Sistema Público Pensións
Non á nova contrarreforma laboral
Propostas CIG avance autogoberno
pdfA precariedade en Galiza
pdfMocidade e emprego
pdfA muller no mercado laboral
pdfContratos de traballo en Galiza
CAMPAÑAS
Non pactos de contención salarial
Traballo digno na nosa terra
Non á represión social e laboral !!!
 
OPINIÓN
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: Os dilemas do presidente Lula
Apesar dos ventos favoráveis, não está dado que o segundo mandato de Lula será mais avançado do que o primeiro. O seu próprio início já indica que ele será extremamente contraditório e ambíguo. Isto deriva da própria postura conciliadora e pragmática do presidente Lula. Sem maior convicção de projeto, ele evita conflitos e insiste no lulinha paz e amor, que governa para todos. Apesar de reafirmar o seu compromisso com os “mais pobres, sem negar a minha origem social”, ele elege os usineiros como “heróis da nação” e elogia os lucros dos bancos.
 
François Houtart (Cuba Siglo XXI)
Socialismo do século XXI, construción intelectual, slogan político ou expresión das loitas anti-sistémicas
En xaneiro 1994, eventos importantes tiveron lugar en México e en Chiapas. O mesmo mes do mesmo ano, naceu nunha pequena cidade de Bélxica, Lovaina a Nova, a revista ‘Alternatives Sud’ do Centro Tricontinental, destinada a difundir o pensamento crítico e as experiencias alternativas do Sur (Asia, África, América latina), continentes que para o Norte aparecían como baleiros de ideas e de iniciativas...
 
Adoración Guamán Hernández (Red Voltaire)
Europa: A vitoria das liberdades económicas comunitarias fronte ao dereito de folga
Que a configuración do mercado interior comunitario [Unión Europea] está afectando de xeito crecente ás normas estatais de carácter laboral é unha cuestión que, de tan denunciada, pasou a ser en moitos casos asumida como irremediábel. Así, a necesidade de “adecuar” os nosos sistemas de dereito do traballo, non xa ás normas sociais comunitarias senón ás exixencias da creación do mercado interior, onde predominan as liberdades de circulación e a libre competencia...
 
Immanuel Wallerstein (Esquerda)
Que conseguiram os zapatistas?
Em 1 de janeiro de 1994, o Exército Zapatista de Libertação Nacional (EZLN) dirigiu uma insurreição em San Cristóbal de las Casas, no estado de Chiapas no México. Catorze anos depois, o EZLN realizou um colóquio internacional entre 13 e 17 de dezembro de 2007 na mesma cidade sobre o tema “Planeta Terra: Movimentos Anti-sistémicos”, uma espécie de levantamento, tanto global quanto local, dos seus objectivos. Participei neste colóquio, como o fizeram muitos outros activistas e intelectuais...
 
Manuel Mera (Galiza)
Unha nova transición
Trinta anos semella moito tempo na vida dunha persoa, porén as veces é un período moi curto na historia dun povo, aínda que noutras oportunidades os feitos precipítanse, bulen como nunca, e acontecen en moi pouco tempo moitas cousas. Os últimos anos da ditadura franquista e os primeiros da transición é un deses períodos ricos en acontecementos sociais e políticos. Foi un tempo no que o protagonismo dos labregos, daquela maioría social, e da clase obreira, era moi grande.
 
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Brasil: Um balanço parcial do governo Lula
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Os novos ventos na América Latina
Umberto Martins (Vermelho)
A caminho da recessão
Juan Gelman (ODiario.info)
Estados Unidos: Um clube de milionários
Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
A crise do império e do neoliberalismo
Tariq Ali (ODiario.info)
Paquistão, depois do assassinato de Bhutto: A distorcida percepção do Ocidente
James Petras (resistir.info)
Venezuela: Dicionário de eufemismos da oposição liberal
Francisco Carlos Teixeira (ACM)
2007: o pior ano da guerra americana
Manuel Mera (Galiza)
Homenaxe a Elixio Rodríguez
Lembranza a un fillo da Baixa Limia
Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
Causa 18/98: Despotismo espantoso
Manuel Mera (Galiza)
A especulación chega ao viño
Cláudia Antunes (Folha Online)
Entrevista a José Luís Fiori: “Estratégia imperial dos EUA segue em expansão”
Albano Nunes (Avante!)
O “ideal europeu”
Redacción (CTB)
Entrevista com Wagner Gomes, presidente da CTB, nova central sindical de Brasil
Manuel Mera (Galiza)
  Nun lugar fermoso, mandou construír no século XIII Paio Gómez de Chariño o Castelo da Lúa
-Documento gráfico
Alén de auga e rocha, lembrar ao almirante-poeta
Paio Gómez de Chariño

O Castelo da Lúa
Preto da vila de Rianxo, ao carón da Ría de Arousa, na confluencia co río Té, nun lugar fermoso, mandou construír no século XIII Paio Gómez de Chariño o Castelo da Lúa.
Máis artigos...
ANACOS DA NOSA HISTORIA
Portugal, Aldeia Galega
DOCUMENTOS
As dez folgas xerais
Reforma protección desemprego
A realidade da Reforma Laboral
Catro anos de pacto social...
O Informe Petras
Por novas políticas de emprego
pdfdocQue sanidade propón a LOSGA?
A Lei de Calidade (análise)
Mocidade e inserción laboral
A feminização no mundo do trabalho
Complexo Integral da Ría de Ferrol
INFORMACIÓN / FORMACIÓN
Guía de prevención para delegad@s
Amianto, perigo!
     
-Ver máis TITULARES de Actualidade

ÍNDICE dos últimos sumarios de Actualidade
Xaneiro: 24, 23, 22, 19, 18, 17, 16, 15, 12, 11, 10, 9, 8, 5, 4, 3, 2 | Ver máis TITULARES de Actualidade
     
|Novas e Publicacións|Artigos|Entrevistas|Documentos|Publicacións|Boletíns|
|Convenios Colectivos|Negociación Colectiva|Normalización Lingüística|
|Migración|Saúde Laboral|Muller|Informática|Internacional|Banca|
|Vídeos|Reportaxes gráficas|Cartaces|Tempo Sindical|Información Histórica|

     
Saúde LaboralGuia Laboral Básica 2000Tempo SindicalCIG-NormalizaciónCIG-MigraciónBase Convenios ColectivosNunca MáisVídeos CIG
·Benvida | Que é a CIG | Cronoloxía da CIG | Historia de Galiza

·


     

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2008
cig.informática
Fernando Pol Trigo


     

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)
redirección:
www.galizacig.eu

     

Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta

     

Estatísticas servidor: marzo/2007

271.820 visitas en marzo de 2007

     

GalizaCIG.com
Posto
40 do top 100 galego
8.828 páxinas + documentos en liña
Google PageRank 5/10

     

Web aloxada en Verio
Motor para as buscas:
FreeFind

     

Copyright © 1998-2008 CIG
Galiza (GZ)

     

galizacig.com gz