Documentos Economía Volver a BoletinsVolver a Actualidade

A muller galega no mercado laboral
 

CIG-Gabinete de Economia-

cig.tecnico-vigo@galizacig.com

 
 

Os cambios no modelo de relacións laborais que o novo modelo de organizar a producción precisa, xunto ós cambios lexislativos introducidos nos últimos anos que propiciaron que este modelo se instalara con especial intensidade, xeneralizaron a precariedade laboral no mercado de traballo.

Galicia é unha das comunidades máis afectadas dentro do estado español, cunhas taxas de precariedade e paro superiores á media estatal. As mulleres, colectivo especialmente vulnerable, son as que padecen con maior virulencia este mal xa endémico na sociedade galega.

Denunciar esta situación, intentar combatela, é o principal obxectivo da Secretaria da Muller da CIG para o ano 2004, polo que o 8 de marzo, día da muller traballadora, é un bo día para dar o “campanazo” de saída a esta campaña.

A análise dos datos sobre o mercado de traballo en Galicia xustifican claramente a elección do tema sobre o que traballar ó longo do 2004.

Da análise dos mesmos podemos tirara as seguintes conclusións:


Cativa taxa de actividade

Evolución das principais variables básicas do mercado laboral
 

2002

2003

 

Total

Home

Muller

Total

Home

Muller

Poboación > 16 anos

2.372,2

1.132,0

1.240,2

2.380,9

1.135,6

1.245,3

Activos/as

1.220,5

704,6

515,9

1.265,2

719,5

545,7

Ocupados/as

1.072,2

646,8

425,4

1.105,4

659,8

445,7

Parados/as

148,3

57,8

90,5

159,8

59,7

100,1

Inactivos/as

1.151,8

427,4

724,3

1.115,7

416,1

699,6

Fonte: EPA. Datos en miles. Medias anuais.

As mulleres son maioría entre a poboación en idade de traballar, entre a poboación con máis de 16 anos, concretamente no ano 2003 representan o 52,3% do total. Das cales tan so están incorporadas no mercado de traballo, ben traballando ben buscando activamente emprego, despois de aumentar un 5,7% neste último ano, o 43,8%.

A taxa de actividade dos homes é 20 puntos superior, acada o 63,3% no ano 2003.

Neste escasa presencia laboral feminina ten, sen dúbida, moita importancia a falla dun sistema de protección social, -recordar que o estado español, é dentro da Unión Europea, o que menos destina a protección da familia -, falla de medidas que favorecen a conciliación da vida familiar e laboral..., o que obriga a un número nada considerable de mulleres a facerse cargo das persoas dependentes, o que explica o elevado número de inactivas (amas de casa, xubiladas...) que existen en Galicia. No ano 2003 estímase que preto de 700.000 galegas estaban inactivas, o 56% das mulleres con máis de 16 anos en Galicia.

As condición laborais da maioría das activas, tamén desaniman a manterse nesta situación; a posibilidade de atopar traballo é moi inferior cando se trata de mulleres que cando se trata de homes: de cada 100 parados existentes en Galicia no ano pasado 63 eran mulleres, e as condición laborais das que traballan tamén son peores: maior temporalidade, maior rotación, máis xornada a tempo parcial, menores ingresos... polo que o abandono pode ser relativamente fácil nun momento determinado.


Forte medre da asalarización feminina

No último ano a evolución da ocupación foi a seguinte

 

2002

2003

Evolución

     

Absoluta

Relativa

Home

646,8

659,8

13,0

2,01

Muller

425,4

445,7

20,3

4,70

Total

1.072,2

1.105,4

33,2

3,10

Fonte: EPA. Datos en miles. Medias anuais.

Deuse un aumento importante da ocupación feminina no último ano, das 29.800 mulleres que no ano 2003 se incorporaron ó mercado de traballo en Galicia, 20.300 atoparon emprego, polo que o número de ocupadas medra un 4,7% con respecto ó ano anterior. Son 445.700 as mulleres traballando nestes intres en Galicia.

Como se distribúe e como evoluciona a ocupación neste último ano amósase a continuación:

 

2002

2003

Diferencias

     

Absolutas

Relativas

Asalariadas

304,1

323,4

19,3

6,3

Empresarias/autónomas

96,6

101,0

4,4

4,5

Axudas familiares

24,3

20,9

-3,4

-13,9

Outros

0,4

0,3

-0,1

-25,0

Total

425,4

445,7

20,3

4,7

Fonte: EPA. IGE. Medias anuais. Datos miles.

O igual que ocurrira en anos pasados o medre da ocupación céntrase no colectivo de asalariadas e en menor medida no de empresarias/autónomas, perdendo ocupación o resto das categorías, sobre todo o de axudas familiares, en termos absolutos. Esta categoría profesional que en Galicia tiña moita importancia entre as mulleres polo forte peso que o sector primario tivo na comunidade, ven descendendo na mesma medida en que descende o peso do mesmo, acadando neste momento a pouco máis de 20.000 mulleres ocupadas como tales.

As empresarias ou autónomas rexistran un incremento do 4,5%, e é, no sector primario: agricultura e pesca, onde se produce este aumento.

Son as asalariadas as que mías contribúen o medre da ocupación feminina neste último ano. Estímase un 6,3% máis que en 2002, o que en termos absolutos significa 19.300 novas asalariadas. Con este incremento, o número total de asalariadas representan o 72,5% do total da ocupación.

A maioría das asalariadas, concretamente o 81% están ocupadas no sector servicios.


Elevada temporalidade no emprego

O tipo de contrato que rexistran estas novas asalariadas é fundamental para facernos unha idea da calidade do emprego. No cadro que amosamos a continuación, tan están incluídos os contratos de nova creación, os convertidos a indefinidos procedentes doutra modalidade de contratación non están incluídos o non dispor destes datos por sexos.

Contratos de traballo segundo sexo
 

Homes

Mulleres

Total

%
homes

%
mulleres

Duración temporal

372.775

310.658

683.433

54,54

45,46

Por obra ou servicio determinado

175.078

98.031

273.109

64,11

35,89

Eventuais por circunstancias da producción

142.939

132.023

274.962

51,99

48,01

Interinidade

20.115

48.783

68.898

29,20

70,80

Temporal para minusválidos

375

128

503

74,55

25,45

Sustitución por xubilación ós 64 anos

22

7

29

75,86

24,14

Prácticas

3.435

3.130

6.565

52,32

47,68

Formación lei 63/97

9.465

5.833

15.298

61,87

38,13

Temporal de inserción

5.543

6.174

11.717

47,31

52,69

De relevo

557

110

667

83,51

16,49

Xubilación parcial

601

46

647

92,89

7,11

Outros

14.645

16.393

31.038

47,18

52,82

Duración indefinida

17.182

14.266

31.448

54,64

45,36

Indefinidos ordinarios

12.217

5.056

17.273

70,73

29,27

Indefinidos lei 63/97

4.618

9.092

13.710

33,68

66,32

Minusválidos

347

118

465

74,62

25,38

Total contratos

389.957

324.924

714.881

54,55

45,45

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INEM.

As mulleres representan o 43% da poboación activa galega e o 40% da ocupada, pero sufre nunha maior temporalidade, de aí, que a porcentaxe de contratos que asinaron no ano 2003 sexa lixeiramente superior o seu peso no mercado laboral.

O 45,5% dos contratos no ano 2003 foron asinados por mulleres, porcentaxe que se mantén tanto entre os de duración temporal como indefinida.

Tan so o 4,3% do total de contratos rexistrados a nome de mulleres teñen unha duración indefinida.

Entre os de duración temporal existe determinadas modalidades de contratación que podemos considerar masculinas e outras femininas; entre as primeiras, pola súa importancia cuantitativa destacaríamos as de obra ou servicio determinado, sen esquecer outras nas que máis do 80% foron asinados por homes: xubilación parcial, de relevo.

Entre as mulleres con contratos de duración temporal, destacaríamos o de interinidade como exemplo dun contrato tipicamente feminino, (no 70% dos casos asináronos mulleres) sen esquecer os temporais de inserción que máis da metade foron rexistrados a nome de mulleres.

Entre as modalidades de duración indefinida, os indefinidos ordinarios son asinados nun 70% dos casos por homes e os de fomento do emprego nun 66% dos casos por mulleres. As bonificacións que reciben a maioría dos colectivos de mulleres explican estas diferencias.

Esta elevada porcentaxe de contratos nun so ano de caracter temporal explica a elevada taxa de temporalidade que padecen as mulleres.

Taxa de temporalidade por grupos de idade en Galicia
 

Total

Homes

Mulleres

Anos

1990

1996

2002

1990

1996

2002

1990

1996

2002

16-29

52,2

60,3

58,9

53,3

62,1

57,8

50,2

57,2

60,6

30-39

18,9

30,0

32,4

19,0

32,5

28,6

18,8

25,7

38,0

40-54

12,8

19,1

20,2

12,3

20,1

20,2

14,8

16,8

20,1

55 e máis

7,7

9,8

15,0

6,4

9,9

15,3

11,6

9,5

14,6

Total

26,9

32,9

34,8

25,9

33,6

32,9

29,4

31,5

37,9

Fonte: INE. Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Os datos son do ano 2002, xa que son os últimos dispoñibles por sexo e grupo de idade para Galicia, pero as variacións son insignificantes dun ano para outro.

En Galicia traballan un alto número do asalariados con contrato temporal, no ano 2002 a media estaba en torno ao 35% - 4 puntos por riba da media estatal e 21 puntos por riba da media comunitaria-; desde o ano 1990, medrou en preto de 8 puntos porcentuais.

O nivel medio de eventualidade alcanza taxas intolerábeis en todos os grupos de idade e sexos; incluso a taxa máis baixa que afecta aos maiores de 55 é excesivamente elevada e duplicouse desde o ano 1990. Mais entre as mulleres o nivel de temporalidade no emprego é alarmante:

  • No ano 2002 o 60,6% das asalariadas galegas con menos de 30 anos tiñan un contrato temporal, 10,4 puntos máis que en 1990.

  • O 38% das asalariadas galegas entre 30 e 40 anos teñen contrato temporal, 20 puntos máis que en 1990.

A partir desta idade as taxas seguen sendo elevadas pero xa por debaixo da media. Hai unha clara relación entre menor idade e maior temporalidade; a medida que aumenta a idade dos traballadores descenden os niveis de temporalidade.

No ano 2003 a taxa media de temporalidade feminina situouse non 36,8%

A taxa de temporalidade é moi alta e superior á dos homes. O problema da elevada temporalidade non é so a inseguridade que xenera a inestabilidade laboral, senón os baixos salarios que acompañan a este tipo de contratos:


Baixos salarios

Ganancia por hora e ano e tipo de contrato
 

Total

Duración indefinida

Duración temporal

Total

8,08

9,59

4,35

Homes

8,61

10,21

4,52

Mulleres

6,19

7,29

3,76

Fonte: INE. Enquisa de estructura salarial. Ano 1995.

As diferencias segundo tipo de contrato son alarmantes; no caso de Galicia os asalariados cun contrato temporal cobran de media o 45,3% dos seus homólogos con contrato indefinido, menos da metade.

Así mesmo, o cadro anterior tamén pon de manifesto as fortes diferencias salariais existentes entre os dous sexos en Galicia; as mulleres cobran de media un 28% menos que os homes. Unha muller cun contrato temporal en Galicia cobra á hora un 53,4% menos que a media por hora en Galicia.

Elevada temporalidade e baixos salarios son os trazos definitorios das mulleres asalariados en Galicia, sobre todo das máis novas, das de menos de 30 anos: as máis formadas, as que teñen unha maior taxa de actividade..., e as que están en idade fértil.

Que os movementos migratorios afecten mais as mulleres que os homes, e que Galicia teña unha das taxas de natalidade máis baixas do mundo, queda perfectamente explicado polos datos que acabamos de amosar.


Elevada taxa de desemprego

A mala situación da maioría das ocupadas non nos debe facer esquecer as paradas, as que nin neste situación de “semiexplotación” atopan emprego.

Dicíamos antes que pese a ser moito menos activas que activos de cada 100 parados estimados en Galicia no ano 2003, 63 eran mulleres.

No ano 2002 había 90.500 mulleres paradas en Galicia, non ano 2003 medrou ata máis de 100.000, un medre do 10,6%. Esto explica que a taxa de paro das mulleres sexa tan elevada.

No ano 2003 a taxa de paro feminino é 10 puntos superior á masculina: 18,3% entre as mulleres, 8,3% entre os homes. Historicamente viña duplicando a das mulleres á dos homes, hoxe é máis do dobre.


A taxa de paro feminino é do 18,3%

Nas mulleres máis novas, a taxa de paro excede o 30%.

A modo de resumo podemos concluír que o panorama laboral feminino non é nada alentador: cativa taxa de actividade, alta temporalidade, baixos salarios, altas taxas de desemprego...compre, xa que logo medidas rápidas e eficaces para intentar frear estas situación; neste senso, a campaña da secretaría da muller da CIG está plenamente xustificada e é altamente necesaria.


Natividad López Gromaz.

Gabinete Técnico da CIG.

 
Volver a BoletinsVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2004
cig.informatica