Documentos Economía Volver a BoletinsVolver a Actualidade

Paro rexistrado en Galiza no 2004
 

CIG-Gabinete de Economia-

economia@galizacig.net

 
 

Cos datos de paro rexistrado do mes de decembro, que acaba de publicar o Instituto Nacional de Estatística (INE), completamos a información anual e permítenos facer unha avaliación do que foi o ano 2004 no que respecta aos parados rexistrados.

Unha primeira información importante é a evolución mensual interanual. Os datos do mes de decembro, de cada ano, son os que aparecen na táboa e na gráfica seguinte:

2001

2002

2003

2004

Variación 04/03

Absoluta

Relativa

Xaneiro

144.872

144.687

155.179

161.216

6.037

3,9

Febreiro

142.885

146.262

153.999

158.352

4.353

2,8

Marzo

139.436

145.330

152.777

157.032

4.255

2,7

Abril

135.652

140.665

146.650

153.043

6.393

4,4

Maio

130.251

137.461

142.197

146.792

4.595

3,2

Xuño

126.190

136.235

141.544

143.408

1.864

1,3

Xullo

120.169

130.815

135.478

133.965

-1.513

-1,1

Agosto

119.811

130.326

134.214

133.559

-655

-0,5

Setembro

123.180

134.332

138.005

135.528

-2.477

-1,8

Outubro

129.431

141.351

144.501

142.163

-2.338

-1,6

Novembro

134.226

147.001

149.872

149.658

-214

-0,1

Decembro

138.354

151.015

157.337

154.363

-2.974

-1,9

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INEM.


Quizais o máis salientábel da evolución do paro rexistrado no ano 2004 é que, por primeira vez desde o ano 2001, se produce un descenso interanual do desemprego desde o mes de xullo.

Se nos fixamos na gráfica, mantense a forma xa habitual de V a que estamos afeitos: descende o número de desempregados até o mes de agosto, e a partir de aí prodúcese un incremento continuado até o remate do ano. O mes de decembro remata con 4.705 parados máis, un 3,1%, que no mes anterior.

A novidade neste último está en que, a pesar de se manter a tendencia da evolución mensual, a interanual rompe. No mes de xullo, por primeira vez desde o ano 2001, o paro rexistrado descende non só con respecto ao mes anterior senón tamén con respecto ao mesmo mes do ano anterior; é dicir, rompe a tendencia de incremento interanual do desemprego que se producira nos tres últimos anos. O maior descenso interanual produciuse no mes de decembro, con 2.974 parados menos, un 1,9%, menos que en decembro do 2003.

A nivel estatal tamén se produce un descenso do paro interanual, neste caso maior que en Galiza. Na media do Estado o descenso internual do desemprego no mes de decembro foi do 2,4%; rematou decembro con 1.670.290 parados.

Porén, o descenso dos últimos meses non foi suficiente para romper coa evolución da media anual. Os datos son os seguintes:

Media anual de parados rexistrados
Ano

Parados

 

2000

135.335

2001

132.038

2002

140.457

2003

145.979

2004

147.423

   
   
   
   
   
Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do INEM.

Ao longo do ano 2004 houbo de media en Galiza 147.423 parados, 1.444 parados máis que no 2003, un 0,9% máis.

O maior medre do paro, no mes de decembro, rexístrase en Galiza

No total do Estado, no mes de decembro descendeu o desemprego en 12.432 persoas; pola contra en Galiza rexistráronse 4.705 novos desempregados, un 3,14% máis.

En ningunha comunidade se produciu un incremento tan importante do número de parados; en 7 descendeu o desemprego, destacando o caso de Madrid, onde o paro rexistrado se reduciu en 8.462 persoas, 4,6% parados menos que no mes anterior.

O maior descenso interanual produciuse na provincia de A Coruña

Co respecto a decembro de 2003, o paro rexistrado descendeu en todas as provincias, rexistrándose o maior descenso na provincia de A Coruña.

2003

2004

Variación

Absoluta

Relativa

A Coruña

66.035

63.849

-2.186

-3,3

Lugo

16.496

16.047

-449

-2,7

Ourense

18.439

18.321

-118

-0,6

Pontevedra

56.367

56.116

-251

-0,4

Total

157.337

154.363

-2.974

-1,9

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INEM.

En termos relativos tamén destaca o descenso en Lugo, mentres nas provincias do sur a penas se deron variacións significativas.

Con respecto ao mes anterior, increméntase en todas as provincias; tamén neste caso o maior medre se dá en A Coruña, un 4,7%, e séguelle a provincia de Pontevedra con 2,3% máis de parados.

Maior descenso do paro masculino

2003

2004

Variación

Absoluta

Relativa

Homes

63.593

62.054

-1.539

-2,4

Mulleres

93.744

92.309

-1.435

-1,5

Total

157.337

154.363

-2.974

-1,9

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INEM.

Mentres o número de homes rexistrados no INEM descendeu un 2,4%, o número de mulleres fíxoo en só un 1,5%. Con estes novos datos, o 60% dos parados rexistrados no INEM son mulleres.

No último mes medrou tanto o número de homes como o de mulleres parados, pero en maior medida o de homes.

Medra o desemprego no sector primario

A desfeita do sector primario reflíctese en calquera indicador que se utilice.

2003

2004

Variación

Absoluta

Relativa

Sector primario

3.987

4.247

260

6,5

Industria

26.828

25.523

-1.305

-4,8

Construción

19.451

19.146

-305

-1,5

Servizos

79.541

81.006

-1.465

-1,8

Sen emprego anterior

27.530

24.441

-3.089

-11,2

Total

157.337

154.363

-2.974

-1,9

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INEM.

Cun descenso interanual do desemprego importante nos distintos sectores de actividade en Galiza, o sector primario rexistra un incremento do 6,5%.

O maior descenso produciuse entre os desempregados sen emprego anterior, que descenderon un 11% con respecto a decembro do 2002.

É importante o descenso no sector industrial, un 4,8% de parados menos.

Con respecto ao mes anterior, novembro do 2004, rexístrase un maior número de parados en todos os sectores salvo nos de 'sen emprego anterior' entre os que descende; así, a influencia de plans -como o Labora- teñen reflexo nestas estatísticas.

O maior incremento mensual prodúcese entre os traballadores da construción, un 14%, feito reiterativo nos últimos anos, polo que desde a CIG sospeitamos que se estea utilizando de forma fraudulenta a contratación eventual: decembro correspóndese cun período vacacional na construción, o cal o fan corresponder co fin do contrato eventual, mandando os traballadores ao desemprego, para volver a contratalos en torno a febreiro, cun novo contrato eventual.

Por idades, o maior descenso prodúcese entre os menores de 25 anos

2003

2004

Variación

Absoluta

Relativa

Menor de 25 anos

23.226

20.716

-2.510

-10,8

Maior de 25 anos

134.111

133.647

-464

-0,3

Total

157.337

154.363

-2.974

-1,9

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INEM.

Entre os de máis de 25 anos, o descenso non é significativo, concentrándose entre os de menos idade a creación de emprego, o que garda concordancia co comentado no parágrafo anterior, da influencia do plan Labora..., na evolución do paro rexistrado.

Descende a proporción de contratos fixos con respecto ao ano 2003

A evolución dos contratos rexistrados, con respecto a 2003, segundo sexan fixos ou temporais foi a seguinte:

Total

Fixos

Temporais

%

%

2003

743.672

60.239

8,10

683.433

91,9

2004

830.268

64.245

7,74

766.023

92,2

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do INEM.

Rexistráronse 830.268 contratos ao longo do 2004, 86.596 máis, o que en termos porcentuais significa un incremento do 11,6%.

O medre non foi proporcional entre fixos e temporais; o aumento da contratación temporal foi moito maior que no ano anterior, polo que descende en catro décimas a proporción de novos traballadores con contrato fixo con respecto ao ano anterior.

Cómpre novamente facer unha reflexión sobre as políticas de axudas á contratación indefinida levada a cabo polas distintas administracións, que como vimos denunciando non cumpre os fins para os que foi concibida; proba diso son os datos anteriores, e que está detraendo importantes fondos públicos, moi necesarios para outros fins sociais.


Vigo, 12 de xaneiro de 2004.

Natividad López Gromaz.
Gabinete Técnico Confederal da CIG.

 
Volver a BoletinsVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/01/2005
cig.informatica