Informes Economia O salário dos galegos situa-se entre os 5 máis baixos do Estado español CIG-Gabinete de Economia-
Os últimos dados publicados polo Ministério de Traballo e Asuntos Sociais no que atinxe a salários corresponden ao ano 1996. O alcance destes por comunidades autónomas, segundo falemos de empregados ou obreiros, reflecte-se no cadro seguinte:
O salário médio dos traballadores galegos no ano 1996 foi de 179.600 ptas, pero con diferenzas moi grandes entre obreiros e empregados. Mentres os obreiros cobran 143.600 ptas, os empregados (entre os que se incluen os altos cargos das empresas e da administración) cobran un 65% máis, alcanzando as 237.400 ptas. Con respeito á média do Estado (200.600 ptas), os traballadores galegos cobran un 10% menos, dando-se tamén as maiores diferenzas entre os obreiros. En cámbio, entre os empregados a diferenza é somente dun 5%. Entre as distintas Comunidades, os menores salários recebe-nos os obreiros de Múrcia e Estremadura, arredor das 130.000 ptas; a continuación, os de Canárias, Castela a Mancha e Galiza, arredor das 143.000 ptas. Entre os obreiros, os ingresos máis altos corresponden ao País Basco, onde se alcanzan as 211.500 ptas; logo, séguenlle Astúrias e Navarra. Tamén entre os empregados son os bascos os que máis gañan, con 300.100 ptas de média mensual; seguen-lle Madrid, Navarra e Astúrias. No polo oposto está Canárias. Os galegos son os cuartos que menos cobran, con 237.400 ptas.
Segundo se desprende dos dados que trimestralmente publica a Central de Balanzos do Banco de España (que non incluen os resultados das entidades financeiras e de seguros), o resultado neto aumentou un 19,2% con respeito ao mesmo semestre do ano anterior. Na táboa que amosamos a continuación reflecten-se os ditos dados:
No primeiro semestre de 1997, as empresas aumentaron os seus benefícios netos (medidos en porcentaxe sobre o valor engadido bruto) até un 19,2%, cando no mesmo período do ano pasado estaban nun 16,4% (15,2% para todo o ano). Este resultado é o máis alto que se coñece desde que se levan a cabo este tipo de estudos. Na última década (dados que se reflecten no cadro anterior), temos que retornar a 1989 para darmos co resultado máis alto, que ainda asi é 3,3 pontos inferior. Os piores resultados dos últimos anos encontramo-los no ano 1993 (cumpre lembrar que fora o ano en que a última crise económica tocara fundo), ano no cal o resultado neto caíra a un 6,7% do Valor Engadido Bruto. A este bo dado do último semestre contribuíron, en maior ou menor medida, os distintos compoñentes da conta de resultados das empresas. O aumento do produción en perto dun 8% (o ano anterior aumentara un 4,6%), o módico aumento dos gastos de persoal nun 2% (frente a un 3,8% en 1996), xunto a unha redución dos gastos financeiros nun 19,9%, foron os responsábeis destes bos resultados. Se este resultado non se traduce nun incremento do investimento, coa conseguinte criación de emprego, o esforzo de moitos só vai servir para a mellora duns poucos.
No cadro que amosamos a continuación reflecte-se a evolución das principais variábeis do mercado laboral galego no primeiro semestre do ano 1996.
O máis salientábel do cadro anterior está no forte aumento no número de inactivos que se produciu neste semestre, equivalente ao aumento da povoación en idade de traballar; mentres, o resto dos colectivos non sofreron variacións significativas. Con este novo dado, os inactivos alcanzan o 51,18% da povoación en idade de traballar. Recordemos que até o ano 1994 a povoación activa superaba a inactiva; desde esa data a marxe a favor da inactiva aumenta ano a ano. A maior proporción de inactivos que de activos dá-se en todas as províncias, agás na de Lugo (os inactivos supoñen o 47,04% do total). A explicación disto está no forte peso que ten nesta província o sector primário (o 47,2% da povoación ocupada está no dito sector), o que implica unha maior proporción de mulleres ocupadas como axudas familiares neste sector, en detrimento de labores do fogar, e portanto inactivas. O lixeiro descenso no número de parados (-0,7%) debe-se tanto á redución da povoación activa como ao aumento do emprego, aumento que apenas foi do 0,1%. Este crecimento de inactivos debeu-se na sua totalidade ao aumento de xubilados e pensionistas (a finais de 1996 este grupo estaba composto por 551.500 persoas; seis meses despois son 579.200), xa que os restantes grupos de inactivos (estudantes, labores da casa e outros) descenderon considerabelmente, tal e como se reflecte no cadro seguinte:
Os xubilados e os pensionistas son o grupo máis numeroso dentro dos inactivos. Para o conxunto de Galiza alcanzan perto do 50%, pero con diferenzas importantes entre as províncias do interior e as costeiras. A Coruña, co 43%, é a província en que a proporción é menor; na banda oposta situa-se Ourense, co 60,7%. Segue-lle Lugo, co 56,8%, e A Coruña, co 49,3%.
Da distribución da povoación ocupada por sexo e grupos ocupacionais que nos achega a Enquisa de Povoación Activa, tiran-se os seguintes resultados: (ver cadro na páxina seguinte) En termos globais, é moito maior o número de homes ocupados que o de mulleres (apesar de que existen máis mulleres que homes en idade de traballar en Galiza). Os homes, no segundo trimestre de 1997, representan o 61% do total, e as mulleres, o 38,9%, quer dicer, 22 pontos de diferenza. Esta desproporción non se mantén en todos os grupos de ocupación. Existen alguns en que a diferenza é maior, primando claramente un dos dous sexos. O máis rechamante dá-se entre os traballadores cualificados da indústria e da construción, onde a presenza feminina é simplesmente testemuñal. O 90% son homes.
En valores absolutos, as mulleres onde máis representadas están é como traballadoras cualificadas no sector primário, con máis de 100.000 empregadas (o 28% do total da ocupación feminina), en servizos e comércio, con 55.200, e 46.000 como traballadoras non cualificadas. Estes tres grupos alcanzan o 60% da ocupación feminina e coinciden cos de menor remuneración, incluso en moitos casos sen remuneración nengunha (sobretodo en comércio e agricultura) ao estaren empregadas como axudas familiares. Destaca, no cadro anterior, a maior presenza de mulleres no segundo grupo, técnicos e profisionais científicos e intelectuais. O aumento do número de universitárias até superar os homes que se deu nos últimos anos traduce-se, en termos de emprego, nunha maior presenza da muller nestas categorias. Porén, o aceso aos postos de responsabilidade (grupo 1) segue dando-se maioritariamente nos homes, co 61,6%.
Para as mesmas datas, a inflación galega situa-se no 1,9%. Por províncias, as diferenzas son grandes: A Coruña, cunha taxa de inflación do 2,3%, é a máis inflacionista; segue-lle Ourense, que se situa na média galega, co 1,9%. Finalmente, Pontevedra, cun 1,7%, e Lugo, cun 1,4% de incremento interanual, rexistran as taxas menores de inflación.
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/02/2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||