Informes Economia Volver a ArtigosVolver a Actualidade


Nº 9 - 2º trimestre 98

1997: Un crecemento mal repartido
 

CIG-Gabinete de Economia-

cig.tecnico-vigo@galizacig.com

Sumario
 Unha vez máis, en 1997, perdeu-se emprego en Galiza
En 1997 o número de contratos, en Galiza, aumentou un 17,9%
A economia galega, en 1997, medra menos que a española
Orzamentos 1998
A inflación interanual alcanza en febreiro o 1,8%
 
 


Ir ao sumário


Unha vez máis, en 1997, perdeu-se emprego en Galiza

A perda de emprego vén sendo unha constante nas duas últimas décadas en Galiza. Desde o ano 1989, perderon-se 141.200 postos de traballo (dos cais 8.400 foron no último ano), ou sexa, un 13,5% de empregos menos en tan só unha década. Esta tendéncia varia se diferenciamos entre os distintos sectores económicos; o que se amosa no cadro seguinte:

Emprego por sectores

 

S. Primário

Indústria

Construción

Servizos

Total

1989

383.1

155.2

92.4

412.7

1043.5

1990

336.8

156.6

93.1

442.6

1029.2

1991

306.0

158.3

103.9

444.5

1012.8

1992

282.3

160.1

97.4

434.2

974.3

1993

283.9

142.2

89.2

433.1

948.4

1994

262.5

131.8

90.2

431.6

916.2

1995

259.3

138.1

93.4

427.0

918.0

1996

235.2

142.1

94.4

439.1

910.7

1997

196.5

152.0

98.6

455.1

902.3


Fonte: Enquisa de Povoación Activa. Dados en miles. Médias anuais.

O sector máis prexudicado pola perda de emprego foi o primário, que viu reducido o número de ocupados en perto dun 50% na década dos noventa, concretamente 186.600 postos de traballo menos desde 1989; destes, 38.700 perderon-se no ano 1997. Esta tendéncia, que parece non tocar teito, é especialmente grave ao comprobar como o resto dos sectores non son capaces de absorber esta man de obra que ano a ano se ve expulsada do sector primário.

Asi, no sector industrial, ainda que con certas oscilacións ao longo da última década, o balanzo final é negativo, cunha perda de 2.000 empregos desde 1989. Se ben é certo que nos últimos catro anos aumentou lixeiramente a ocupación na industria, esta é insuficiente para mitigar a desfeita do sector primário.

O emprego na construción viu-se favorecido nos últimos anos pola execución das obras públicas de conexión coa Meseta, que estaban moi atrasadas con respeito ao resto do Estado. Deste xeito, o emprego neste sector aumentou un 6,7% desde o ano 1989.

No que atinxe ao sector servizos, este converteu-se nos últimos anos no líder en Galiza, co 50,4% da povoación total ocupada (na média do Estado situa-se no 61,6%). Ainda que con oscilacións, a tendéncia foi ao aumento nos últimos anos. Desde 1989, incrementou-se o emprego no mesmo nun 10,2%, alcanzando as 455.100 persoas.

O ano 1997 rematou cunha média de 8.400 empregos menos que o ano anterior. Isto é especialmente grave nun ano en que o Produto Interior Bruto medrou por riba do 3% segundo todas as fontes que fan predicións deste tipo.

Por trimestres, produciu-se unha forte caída da ocupación no primeiro. A partir de aqui aumentou até o cuarto trimestre, no que de novo se voltou a perder emprego; concretamente no cuarto trimestre perderon-se 13.800 postos de traballo con respeito ao anterior.


Foi entre os empresários sen asalariados e as axudas familiares onde se perderon postos de traballo en 1997

Amosamos a seguir os empregados por distintas categorias profisionais:

Empregados por categorias profisionais

 

1996

1997

Empresarios sen asalariados

232.5

209.9

Empresarios con asalariados

44.5

47.2

Axudas familiares

89.1

71.4

Asalariados

538.7

566.5

Outros

5.9

7.3

Total

910.7

902.3


Fonte: Enquisa de Povoación Activa. Dados en miles. Médias anuais.

O descenso maior do emprego, en termos absolutos, produciu-se entre os empresários sen asalariados, cun descenso de 22.600 ocupados, dos cais o 92% perderon-se no sector primário,sobre todo na agricultura, que afectou a 18.700 explotacións. Na pesca deixaron esta actividade 2.100 empresários do sector, o que en termos relativos supón un descenso do 17,6%.

Como consecuéncia deste forte peche de explotacións agrárias, os ocupados como axudas familiares, estreitamente ligados a este sector, tamén se viron fortemente afectados, deixando de traballar como tais 17.700 persoas ao longo do ano 1997, das cais, o 93,7% foi no sector primário.

Os asalariados aumentaron un 6,06% pasando a alcanzar o 62,7% do total dos ocupados. Esta evolución, que nun princípio podemos considerar positiva, hai que matizá-la ao analisar a evolucion dos contratos ao longo do último ano (tal é como se recolle no apartado seguinte deste documento), xa que, ao aumentar o número e diminuir a duración deste, aumenta a rotación do emprego, cousa que fai que aumente o número médio de asalariados ao longo do ano, sen que isto signifique necesariamente unha mellora laboral; de feito no último ano produciu-se un aumento da temporalidade no emprego en máis dun punto.


Aumentou o paro entre os que levan máis dun ano á procura de emprego

Na evolución do número de parados en Galiza no último ano, destaca en primeiro lugar un descenso do 2% de média anual, ainda que con importantes diferenzas segundo o tempo que leven nesta situación.

O cadro reflecte a contia média de parados dos dous últimos anos segundo o tempo á procura de emprego:

Parados segundo o tempo á procura de emprego

 

1996

1997

Menos de 6 meses

47,6

45,8

De 6 a 11 meses

33,3

30,0

De 1 ano a menos de 2

37,4

39,7

De 2 anos a menos de 3

23,0

20,6

3 anos ou máis

64,4

65,0

Xa atopou traballo

2,1

2,2

Total

207,8

203,6


Fonte: Enquisa de Povoación Activa, dados en miles. Médias anuais.

O descenso do paro produce-se entre os que levan menos tempo parados; concretamente, entre os que levan menos dun ano, grupo no que o paro descendeu en 5.100 persoas.

Entre os chamados parados de longa duración, quer dicer, entre os que levan máis dun ano sen traballar, a situación empiorou, incrementando-se en 500 persoas as que se encontran nesta situación.

Ao longo de 1997, un terzo da povoación parada levaba máis de 3 anos sen atopar emprego.

Se facemos a distinción por sexos, son as mulleres as máis prexudicadas, ademais de haber máis mulleres sen traballo que homes (o 54,4% dos parados son mulleres). Ao longo de 1997 a sua situación empiorou, incrementando-se o paro entre estas un 2,4%.

Segundo o tempo á procura de emprego, entre os que levan máis dun ano sen traballar, o 61,3% son mulleres, grupo no que aumentou o paro un 3% no último ano.

Ir ao sumário


En 1997 o número de contratos, en Galiza, aumentou un 17,9%

Seguindo o vieiro que se iniciara ao longo de 1996, foron os contratos reunidos baixo o parágrafo de fomento do emprego os que sofreron o incremento maior; concretamente un 37,19%, pasando a representar o 26,10% do total. Os ordinários aumentaron un 12,4%.

A evolución segundo as distintas modalidades amosa-se no cadro seguinte:

Contratos de traballo segundo as distintas modalidades

 

1995

%

1996

%

1997

%

Temporais

3.368

0,97

2.849

0,67

1.161

0,23

Tempo parcial

52.669

15,19

71.255

16,87

92.234

18,51

Relevo

9

0,00

10

0,00

11

0,00

Práticas

3.476

1,00

3.522

0,83

4.049

0,81

Aprendizaxe

14.548

4,20

15.869

3,76

6.630

1,33

Minusválidos en CEE

82

0,02

71

0,02

141

0,03

Xubilación especial 64 anos

60

0,02

77

0,02

77

0,02

Formación

-

0,00

-

0,00

7.558

1,52

Maiores de 45 anos

464

0,13

428

0,10

136

0,03

Minusválidos

196

0,06

236

0,06

288

0,06

Mulleres subrepresentadas

86

0,02

10

0,00

1

0,00

Mozos menores de 25 anos

77

0,02

45

0,01

11

0,00

Mozos de 25 a 29 anos

49

0,01

53

0,01

13

0,00

Mulleres reincorporadas

7

0,00

9

0,00

3

0,00

Indefinido, fomento do emprego

-

0,00

-

0,00

5.255

1,05

Conversión en indefinidos

53

0,02

377

0,09

11.940

2,40

Fixo descontínuo

-

0,00

-

0,00

567

0,11

Indefinidos

10.725

3,09

11.544

2,73

10.049

2,02

Por obra ou servizo

126.912

36,61

138.918

32,88

161.071

32,32

Eventual circuns. de prod.

75.311

21,72

100.498

23,79

126.987

25,48

Interinidade

27.450

7,92

35.207

8,33

37.678

7,56

Nova actividade

16.852

4,86

19.502

4,62

8.665

1,74

Outros

14.270

4,12

21.979

5,20

23.836

4,78

Total contratos

346.664

100,00

422.459

100,00

498.361

100,00


Fomento do emprego

75.144

21,68

94.811

22,44

130.075

26,10

Ordinários

271.520

78,32

327.648

77,56

368.286

73,90


Fonte: Elaboración propia a partir dos dados provinciais do INEM.

Centrando-nos na evolución das distintas modalidades de contratación, salienta, en primeiro lugar, o aumento dos agrupados baixo a epígrafe de fomento do emprego, entre os que se produce un incremento do 37,19%, co que pasan a representar o 26,10% do total, frente ao 22,44% que representaban no ano anterior.

Seguen sendo, dentro deste grupo, os contratos a tempo parcial os máis representativos (supoñen o 70,9% dos de fomento do emprego), cun incremento de perto do 30% con respeito ao ano anterior, representan un 18,5% do total dos contratos, 2 pontos máis que en 1996.

No resto das modalidades produciron-se variacións con respeito a 1996, derivadas, principalmente, da última reforma laboral. Asi, os contratos de aprendizaxe, que eran os segundo en volume de importáncia, descenden máis dun 50%, pasando a representar un 1,33% do total (frente ao 3,76% do ano anterior); paralelo a este descenso, xorden os de Formación (modalidade que vén a substituir os de aprendizaxe), que alcanzan o 1,33% do total dos contratos.

Os indefinidos, fomento de emprego, contrato “estrela” da última reforma laboral, destinados a mozos e colectivos con dificuldades de inserción no mercado laboral e a empregados na mesma empresa cun contrato de duración determinada ou temporal que os convertan en indefinidos, supuxeron no ano 1997 só un 3,45% do total dos contratos, correspondendo un 1,05% (5.255 contratos) aos de nova incorporación ao mercado laboral e un 2,4% (11.940) aos que, procedentes dunha modalidade anterior, se acolleron a este tipo de contrato.

Os agrupados baixo a parágrafe de ordinarios, rexistraron un incremento do 12,4%, alcanzando o 73,9% do total, un descenso de 3,6 puntos respecto ó que representaban no ano anterior.

Dentro deste grupo, son un ano máis as contratacións denominadas causais (por obra ou servizo e eventuais por circunstáncias da produción) as que predominan, cun incremento do 21,2% con respeito a 1996. Conxuntamente representan o 57,8% do total dos contratos rexistrados en 1997.

A supresión dos contratos de nova actividade na última reforma laboral é a explicación do forte descenso que sofren estes contratos no último ano.

No que atinxe aos indefinidos ordinários, chama a atención que en termos absolutos, a penas descenderon con respeito ao ano 1996. Estes contratos temos que pensar que foron feitos antes de asinar-se a reforma laboral, xa que non teria sentido que os empreários utilizasen esta modalidade a posteriori cando lles resulta máis custosa que a nova modalidade de contratación indefinida aprobada. Tendo en conta esta anotación, entendemos que o ano 1997 empezou cun certo auxe na contratación indefinida, xa que en só 4 meses (antes de entrar en vigor a reforma) se rexistraron case os mesmos contratos desta modalidade que ao longo de 1996, co cal non entendemos que a reforma tivese efeitos positivos neste senso; máis ben ao contrário, xa que prexudicou a todos os traballadores aos que se lles fixo o contrato a posteriori.

Os novos indefinidos supoñen un 3,45% do total dos feitos en 1997.

No que atinxe á duración dos contratos, destaca o elevado incremento dos que teñen unha duración inferior aos 6 meses; no ano 1997 alcanzaron o 49,77% do total, 2 pontos superior á porcentaxe alcanzada no ano anterior. Hai que suliñar, asi mesmo, que unha parte importante dos contratos asinados baixo a modalidade de por obra ou servizo, e que se rexistran como de duración indeterminada, por non saber a priori a duración da obra para o cal son contratados, teñen unha duración inferior aos 6 meses. Se se puidesen cuantificar como tais, incrementarian a porcentaxe anterior.

Facendo unha desagregación dos dados a nível provincial, non se encontran grandes diferenzas entre unhas províncias e outras.

As províncias de Pontevedra e A Coruña seguen copando a maioríçia dos contratos, o 41,5% e o 40% respectivamente; segue-lles Lugo, co 10%, e Ourense, co 8,5%.

No que atinxe á distinción por sexos, si se aprezan diferenzas moi importantes. Entre os homes, son os contratos por obra ou servizos (123.048) e os eventuais por circunstáncias da produción (81.223), ambos dentro dos ordinários, os máis utilizados, seguidos dos contratos a tempo parcial.

Nos contratos femininos segue primando un ano máis a contratación a tempo parcial, convertendo-se na modalidade máis utilizada entre as mulleres. Nesta modalidade e nos contratos de interinidade (modalidade que se utiliza principalmente en educación e sanidade, actividades ambas de forte presenza feminina) a presenza de mulleres é claramente superior á presenza de homes.

No que atinxe aos novos contratos, afectaron en maior medida aos homes que ás mulleres; concretamente, entre os novos indefinidos o 67,3% foron feitos a homes.


Ir ao sumário


A economia galega, en 1997, medra menos que a española

Segundo os dados que recentemente acaba de publicar o Instituto Galego de Estatística, a economia galega medrou un 3,2% no ano 1997, unha décima menos que a española, que creceu un 3,3%.

O incremento por sectores, tanto a nível galego como estatal, do Valor Engadido Bruto a prezos de mercado, reflecte-se no cadro seguinte:

Incremento por sectores do Valor Engadido Bruto

 

Galiza

Estado español

Sector primário

0,3

-1.3

Indústria

4,9

5,1

Construción

1,4

1,0

Servizos

3,0

3,1

Total

3,2

3,3


Fonte: Instituto Galego de Estatística.

O aumento dun 3,2% do Valor Engadido Bruto galego en 1997, que nun princípio parece unha evolución positiva, perde importáncia ao compará-la co resto das economias do estado e coa evolución do emprego.

Mália que para compararmos co resto do estado temos que utilizar os dados que proporciona a FIES (Fundación das Caixas de Aforro), ao non dispormos dos oficiais, podemos empregá-los como referéncia, xa que, apesar de que adoita haber discrepáncias en canto ao valor exacto dos incrementos, non as hai no que respeita á tendencia e á posición de cada Comunidade. Tendo en conta o anterior, Galiza é a terceira Comunidade que menos medra no último ano, detrás de Astúrias e Castela- A Mancha, que rexistran crecimentos por debaixo do 3%.

Con este resultado, demora-se un ano máis a converxéncia real de Galiza co resto do Estado.

Se comparamos a evolución da producción coa do emprego, tampouco son os resultados moi alentadores. Mentres que a produción medra un 3,2%, o emprego descende un 0,9%. No Estado non ocorre o mesmo, pois a produción aumenta unha décima máis que a galega (3,3%) e o emprego medra un 3%.

A evolución por sectores, tal e como se reflecte no cadro exposto ao princípio deste apartado, é moi dispar. Ao longo de 1997 foi o sector primário o que rexistrou un crecimento menor, xa que só medrou un 0,3%. Esta lixeira medra talvez sexa debida a que a perda de emprego neste sector estea debilitando a estrutura productiva do mesmo, polo que a necesidade de medidas fortalecedoras no mesmo é cada vez máis urxente. No resto do Estado, a produción agrícola e pesqueira descendeu un 1,3%.

No sector industrial foi onde máis se incrementou a produción; concretamente, un 4,9%, duas décimas menos que na média do estado español.

O incremento da produción é importante sobre todo tendo en conta que, no ano 1996, sofrera un forte retroceso (en concreto, descendera a actividade construtora un 3,4). Ao longo de 1997 aumentou un 1,4%.

No que atinxe ao sector servizos, mantén-se a tendéncia de crecimento; neste último ano foi dun 3%, semellante á média estatal, que foi do 3,1%.


Ir ao sumário


Orzamentos 1998

Do proxecto de orzamentos que recentemente acabar de presentar a Xunta de Galiza, extraemos a seguir os ingresos e gastos, polos diferentes capítulos, para o ano 1998, e a sua variación con respeito ao ano anterior.

Orzamentos 1998

ORZAMENTO CONSOLIDADO DE INGRESOS
Estrutura económica (millóns de ptas)

 

ORZAMENTO CONSOLIDADO DE GASTOS
Estrutura económica (millóns de ptas)

Capítulos

1997

1998

% var
98/97

Capítulos

1997

1998

% var
98/97

Operacións correntes

725.495

782.486

7,9

Operacións correntes

661.049

705.278

6,7

1. Impostos directos

14.956

60.302

303,2

1. Gastos de persoal

299.927

317.582

5,9

2. Impostos indirectos

30.201

30.300

0,3

2. Compensacións bens e servizos

101.036

111.121

10,0

3. Taxas e outros ingresos

25.500

26.844

5,3

3. Gastos financeiros

36.093

31.994

-11,4

4. Transferéncias correntes

653.147

663.376

1,6

4. Transferéncias correntes

223.993

244.581

9,2

5. Ingresos patrimoniais

1.691

1.664

-1,6

5. Amortizacións

-

-

-

Operacións de capital non financeiro

144.556

139.114

-3,8

Operacións de capital

209.002

216.322

3,5

6. Investimentos reais

7.983

7.374

-7,6

6. Inversións reais

104.229

104.580

0,3

7. Transferéncias de capital

88.556

88.983

0,5

7. Transferéncias de capital

79.836

85.985

7,7

Operacións financeiras de capital

48.017

42.757

-11,0

Operacións financeiras

24.937

25.757

3,5

8. Activos financeiros

12

8

-33,3

8. Activos financeiros

4.532

4.008

-11,6

9. Pasivos financeiros

48.005

42.749

-10,9

9. Pasivos financeiros

20.405

21.749

6,6

TOTAL INGRESOS

870.051

921.600

5,9

TOTAL GASTOS

870.051

921.600

5,9


Fonte: Xunta de Galiza. Dados en millóns de pesetas.

Os orzamentos xerais incrementaron-se un 5,9% no exercício 1998 con respeito ao ano anterior, pero este resultado ten duas matizacións importantes:

  • O orzamento está apresentado en pesetas correntes, quer dicer, sen descontar o efeito do incremento dos prezos, que se situou no 2% para o ano 1997, co cal quedaria un incremento en termos reais por volta do 3,9%.
  • Nos orzamentos de 1998 incluen-se novos servizos transferidos –emprego e formación do INEM, meios persoais ao servizo da Administración de Xustiza...–, que non se incluian nos orzamentos de 1997, o que polo tanto disvirtua unha análise lineal dos ditos orzamentos.

Temos que salientar, asi mesmo, outro feito novo que se produciu no exercício 1998 e que repercute no lado dos ingresos; referimo-nos á transferencia a Galiza da recadación do 15% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que se reflecte nun aumento do 303,2% dos impostos directos.

Pola vertente dos gastos, son un ano máis os gastos correntes os que experimentan un incremento maior. Neste exercício foi dun 6,7%, destacando dentro deste grupo a compra de bens e servizos, cun aumento do10%.

No que atinxe ás operacións de capital, que son os gastos que contribuen a Formación Bruta de capital galego, aumentaron un 3,5% en pesetas correntes en 1998, con evolucións moi diferentes segundo falemos de investimentos reais, que son os xestionados directamente pola administración autonómica e aumentaron un 0,3%, ou de transferéncias de capital, investimentos xestionados por terceiros, que aumentaron un 7,7%.

A evolución dos investimentos reais marca a política levada a cabo pola Xunta de Galiza nos últimos anos. Estes cada vez supoñen unha porcentaxe menor dos orzamentos, xa que, mentres que estes últimos medran, en maior ou menor medida, cada ano, non acontece o mesmo cos investimentos xestionados pola administración, que se manteñen nos mesmos valores absolutos praticamente ao longo da década dos noventa. Esta política é especialmente grave nunha comunidade na que o emprego descende ano a ano nas últimas décadas, polo que se necesitaria unha maior implicación da Xunta para solventar o dito problema, e precisamente ten, nunha maior dotación desta partida orzamentária, unha das armas máis directas.

Paralelo a este descenso do investimento real público, produce-se un incremento das transferéncias de capital, quer dicer, ópta-se que cada vez unha maior parte das operación de capital sexan xestionadas por terceiros; destas, unha porción importante son transferidas directamente ás empresas via subvencións, coa xustificación de criar emprego, sen que isto teña resultados positios.

Sen pór en dúbida a necesidade de certas transferéncias de capital, coidamos que unha maior implicación directa da Xunta na economia deste país, através dun maior investimento público, seria positivo para a futura criación de emprego, e polo tanto para o futuro do noso país.


Ir ao sumário


A inflación interanual alcanza en febreiro o 1,8%

Gráfica IPCPara as mesmas datas, en Galiza situa-se igualmente no 1,8%.

Na evolución dos distintos elementos que compoñen a cesta da compra, destacan os maiores incrementos dos prezos en medicina e vivenda, sobre todo a vivenda en aluguer, que rexistra un incremento do 6,6.

No polo oposto, situan-se os carburantes; o descenso dos prezos destes no último mes contribuíu positivamente a que se alcanzase a dita taxa de inflación.

Volver a ArtigosVolver a Actualidade


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/02/2001