Informes Economia Volver ao índice


Nº 14 - 4º trimestre 1999

Orzamentos 2000



  Orzamentos 2000
 Orzamento de ingresos
 Orzamento de gastos
 Conclusións
 O ano 1999 remata cunha inflación interanual do 2,9 por cento
   
   

Ir ao sumário


Orzamentos 2000

Os orzamentos de cada ano emarcan e revelan a política sócio-económica do governo de turno. Sendo asi, desde o ponto de vista sindical interesa, sobretodo, calibrar a influéncia previsíbel das contas públicas galegas para o ano 2000 en asuntos como o emprego, as prestacións sociais, os servizos públicos, os investimentos productivos..., en definitiva, como se prevé que influan na calidade de vida da clase traballadora.

En primeiro lugar, cumpre dicer que os Orzamentos 2000 son manifestamente continuístas, a respeito dos que a Xunta de Galiza vén elaborando e facendo aprobar no Parlamento nos últimos anos. Salta á vista a ineficácia da política do governo galego ao longo destes anos en matéria de emprego, con resultados alarmantes: no marco de bonanza económica en que nos movemos, o paro en Galiza segue afectando a máis de 175.000 persoas, cunha diminución de só o 6,8% no último ano, mentres no conxunto do Estado español minguou máis do 16%; paradas e parados que cada vez, por outra parte, teñen un menor nível de axuda económica; por outro lado, a taxa de precariedade, é dicer, o número de postos de traballo cobertos por contratacións precárias en relación ao total de persoas asalariadas, chegou no 3º trimestre do pasado ano en Galiza nada menos que ao 36,05%, medrando no transcurso do ano máis de tres pontos porcentuais, mentres no conxunto do Estado esa mesma taxa permanece praticamente inalterada, no 33,3%.

Con eses resultados e coa continuidade da mesma política de emprego, as expectativas son realmente preocupantes. Unha política de emprego que, por certo, foi avalada para toda a actual lexislatura polos sindicatos de ámbito estatal e a patronal galega, cando, no verán do ano 1998, asinaron o chamado Pacto polo crecemento e o emprego en Galicia. Tampouco estará de máis lembrar aqui, coñecida a evolución posterior da taxa de precariedade, que o pacto da reforma laboral asinado polos mesmos sindicatos centralistas en 1997 se propoñia rematar coa contratación precária, e para iso acordaron abaratar sensibelmente o despedimento. E agora, que?, haberá que abaratá-lo ainda máis?

Outro aspecto a considerar é a política laboral que a Xunta pratica cos seus traballadores e traballadoras, coas empregadas e empregados públicos. Centrando-nos na cuestión salarial, o incremento monetário para o ano 2000 estabelecido nos orzamentos é só dun 2%, cando o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) acadou en Galiza un medre do 3,2% o pasado ano. É dicer, en termos reais, unha nova rebaixa do salário, que, engadida ás producidas nestes últimos anos, produce unha diminución dos salários dos empregados e empregadas públicas de perto do 15%. Novamente, hai que sinalar que algun sindicato –neste caso CCOO e a CSIF– asinou co governo central a aplicación deste critério salarial tan vantaxoso, que foi mimeticamente aplicado polo governo autonómico coa oposición da CIG, UGT e STEG.

A política de investimentos públicos que recollen os Orzamentos 2000 tampouco é a mellor das posíbeis. Alén do debate conceptual sobre que capítulos e partidas orzamentárias son realmente investimento, o certo é que se estaá ben lonxe do nível do 5% do Produto Interior Bruto, ao que a Xunta se comprometera nos acordos de 1992 cos sindicatos. A esta anémia investidora hai que engadir o tratamento recebido por Galiza nos investimentos previstos nos orzamentos do Estado (somente un 4,8% dos investimentos totais, cando a povoación galega representamos o 6,8% do conxunto estatal). Se temos en conta a incidéncia que os investimentos públicos teñen na dinamización do sistema económico, na criación de infraestruturas, na actividade industrial ou na xeración de empregos, chegaremos á conclusión de que, efectivamente, as previsións orzamentárias distan bastante de mover-nos ao optimismo.

Estes poucos exemplos, aos que poderíamos agregar outros sobre as políticas privatizadoras de servizos públicos, o escaso esforzo orzamentário na defensa dos nosos idioma e cultura, a pouca vontade de avanzar en servizos sociais necesários e un longo etcétera, construen a nosa opinión de que este instrumento principal da política económica non vai, desde logo, na dirección do que interesa á clase traballadora e ao conxunto da sociedade.

A presentación do orzamentos estructúrase en 2 grandes bloques. Por unha banda, os Orzamentos da Administración Xeral e dos Organismos Autónomos, e por outra, os Orzamentos das Sociedades Públicas. O que neste informe se vai a analizar son os primeiros orzamentos xa que os segundos incluen sociedades mercantís e entes públicos, que polas súas características non encaixan nos Orzamentos da Admon. Xeral.

Pois ben, o orzamento da Admon. Xeral, acada os 708.663 millóns, os dos OO.AA. Admvos. (EGAP, IGE, Augas de Galiza, SERGAS, Académia Galega de Seguridade, SGPIHM), 339.481 millóns. A suma destes en números brutos suporía 1.084.272 millóns de ptas,. que en termos consolidados fica reducido a 1.039.904 millóns. Polo efeito da consolidación suprímese a repercusión das transferéncias internas evitando deste xeito, as duplicidades que se derivarían da simple agregación dos estados de gastos e ingresos.


Ir ao sumário


Orzamento de ingresos

Os ingresos correntes que alcanzan o 86,3% do total medran un 5,8%, dentro dos mesmos destacan as transferecias correntes co 73,7% do total e un crecemento do 5,7% para o ano 2000.

Os ingresos por operacións de capital teñen un incremento superior ós ingresos por operacións correntes, para o ano 2000 prevese un incremento dos mesmos do 8,4%, debido na súa maior parte ó aumento do 9,7% das transferencias de capital xunto a un aumento do endebedamento autorizado do 5,7% para o ano 2000. No seu conxunto os ingresos medran un 6,1% dúas décimas menos que o ano anterior.

Vexamos qué comportamento teñen os distintos capítulos nos que se desglosa o estado de ingresos.

Orzamento consolidado de ingresos

 
Capítulos

1999

2000

Variación %

I

Impostos directos

65.469

68.679

4,9

II

Impostos indirectos

33.805

37.045

9,6

III

Taxas, prezos e outros ingresos

25.404

26.674

5,0

IV

Transferencias correntes

722.015

763.295

5,7

V

Ingresos patrimoniais

1.690

1.884

11,5

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

848.383

897.577

5,8

VI

Alleamentos de investimentos reais

7.748

8.384

8,2

VII

Transferencias de capital

82.708

90.752

9,7

TOTAL INGRESOS NON FINANCEIROS

938.839

996.713

6,2

VIII

Activos financeiros

6

6

0,0

IX

Pasivos financeiros

40.867

43.185

5,7

TOTAL INGRESOS FINANCEIROS

40.873

43.191

5,7

TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL

131.329

142.327

8,4

TOTAL INGRESOS

979.712

1.039.904

6,1


Capítulo I
Impostos directos

Este capítulo recolle a recadación dos impostos: sobre a renda das persoas físicas (tramo autonómico,15% ,o outro 15% figura na partida de transferéncias correntes en conceito de “participación nos ingresos territoriais do IRPF), sucesións e doazóns e património das persoas físicas. Prevé un incremento neste capítulo do 4,9% da recadación. A cesión dun tramo do IRPF desde o exercício 98 supuxo unha importante achega de ingresos que este ano acada os 49.499 millóns o que supón case as tres cuartas partes deste capítulo de impostos directos.


Capítulo II
Impostos indirectos

Os impostos incluídos nesta partida son: o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, a tributación autonómica sobre o xogo e gravame sobre a contaminación atmosférica ( Ecotaxa). A previsión destes ingresos baseándose no dinamismo da situación económica cífrase en 37.045 millóns, un 9,6% máis que no 99.

A través da ecotaxa prevense uns ingresos de 2.800 millóns de ptas no ano 2000, un 9,6% máis que o ano anterior.


Capítulo III
Taxas, prezos e outros ingresos

Con 26.674 millóns a previsión de ingresos aumenta un 5% respecto ó ano anterior. Neste capítulo inclúense os ingresos orixinados pola actividade administrativa: taxas por servizos administrativos e profisionais, prezos públicos, multas, sancións, etc...

A suma dos tres primeiros capítulos é o que coñecemos como autonomía financeira. É decir, o conxunto de ingresos non procedentes de recursos transferidos do exterior. Así, aproximadamente 82 ptas de cada cen proceden de transferencia, 13 ptas. de ingresos própios, 4 proceden do endebedamento autorizado para o exercicio e a peseta restante de ingresos patrimoniais e alleamento de investimentos.


Capítulo IV
Transferéncias correntes

Esta partida que con 763.295 millóns é a máis avultada de todas (supón o 73,4% do total dos ingresos) fornécese de recursos que transfiren a Administración estatal e a Unión Europea, pra finanzar os gastos correntes. Aínda que o conxunto das transferéncias increméntase nun 5,7% (8,8% en 1999), dentro deste grupo hai diferentes partidas que a continuación vemos como variaron e que explicamos entre as máis importantes:

PIE (participación nos ingresos do Estado). A determinación desta partida, a máis importante dentro dos orzamentos da Admón. Xeral calcúlase de acordo cunha serie de parámetros (povoación, que é a variáble básica supón máis do 90% da ponderación, superfície, dispersión, insularidad...) Acada no 2000 os 320.990 millóns (cantidade semellante á do SERGAS que é de 319.508 millóns) e experimenta un incremento do 7,9%.

As transferéncias correntes da Unión Europea diminúen en 2.762 millóns o que supón un descenso do 29% sobre 1999. Neste forte descenso influiu a desaparición nos orzamentos dos ingresos provenintes das iniciativas comunitarias ADAT e PESCA, e o traslado a transferencias de capital ( aínda que cun forte descenso), da iniciativa INTERREG, pero é sobre todo o forte descenso da cuantía proveniente do Fondo Social Europeo o que fai que se produza un declive de tal magnitude.

Comparando con 1999, a Xunta deixa de ingresar 2.368 millóns provenientes do Fondo Social Europeo, un 27,3% menos que no ano anterior, pasouse de 8.688 a 6.320 millóns.

Os Ingresos procedentes do Fondo Social Europeo descenderon un 27,3%.

Esta asignación prodúcese no momento que se coñece a nova cuantía que ó Estado español vai a recibir do FSE do período 2000 – 2006, e que alcanza a cantidade de 1,8 billóns de pesetas, un 5,8% máis que no período anterior 1994-1999. Con 15.000 millóns de ptas máis cada ano, no primeiro ano da posta en marcha do novo plan a Galicia asígnaselle un 27,3% menos que o ano anterior.

Recordemos que este fondo ten como finalidade cofinanciar as accións do plan para o emprego, derixidas a facilitar o acceso ó mercado laboral , fomentar a igualdade de oprtunidades, favorecer a creación de emprego e desenvolver accións de formación profesional, nas “rexións” menos desenvolvidas (medidas en función da súa renta respecto da media de Unión Europea), así como zonas en conversión e o desenrolo dos recursos humáns.

Con esta filosofía, é difícil entender como Galicia, que é a cuarta Comunidade coa taxa de paro máis alta do Estado español (tan só por detrás de Andalucia, Extremadura e Asturias) e que tén no seu seno importantes zonas en conversión, vexa reducida de forma tan alarmante a súa participación neste fondo; tan só se explica por criterios estrictamente políticos.

Outra partida importante son as transferéncias do IMSERSO, procedentes dos Orzamentos da Seguridade Social, fianzan a xestión dos servizos dese instituto traspasados ás CC. AA; prevese que aumenten un 1,7% para o ano 2000.


Capítulo V
Ingresos patrimoniais

Corresponden, básicamente, ós xuros devengados por contas para operacións de tesoureria da Administración mantidas en entidades financeiras. A previsión é dun incremento do 11,5%. Sobre os ingresos totais supoñen un 0,2%.


Capítulo VI
Alleamento de investimentos reais

Neste capítulo incluen-se os ingresos procedentes da venda de terreos ou bens integrados no património inmobiliário da Administracción autonómica. Aumentan nun 8,2%, procedente case exclusivamente do IGVS que é o organismo autónomo de carácter comercial encargado de desenvolver a política de vivenda e solo, na que Galiza ten asumidas competéncias exclusivas.


Capítulo VII
Transferéncias de capital

A previsión de ingresos deste capítulo aumenta un 9,7% respeito ó 99. Son recursos transferidos que percebe a Administración. autonómica para gastos de investimento, e canalízan-se a través dos diferentes fondos e iniciativas europeos de carácter estructural. Na súa maior parte (65,8%) proceden da UE. O outro 34,2% procede dos Orzamentos Xerais do Estado e figuran nos orzamentos como subvencións finalistas ou como FCI.

O incremento con respeto ó ano anterior, débese ó aumento dos fondos procedentes da UE, concretamente do FEDER que aumenta un 65,5%, alcanzando os 22.450 millóns: o FEOGA, segundo en importancia, descendeu un 3,6% con respecto o presupostado para o ano 1999, situándose en 21.839 millóns. A explicación está en que o ano 1999, é o último do Marco de Apoio Comunitario 1994-1999, polo que os ingresos para este ano tiñan un carácter residual, recordemos que o ano pasado descenderan fortemente este tipo de ingresos.

No que atinxe os fondos procedentes da Administracción xeral do estado, temos que denunciar unha vez máis o práctico estancamento (descenso en termos reais), dos mesmos no que respecta ó FCI (Fondo de Compensación Interterritorial) , no cadro que amosamos a continuación vese a evolución deste fondo:

Participación de galicia no fondo de compensación interterritorial

 
 

Galicia

% G/EE

1996

23.670

18,4

1997

24.285

18,2

1998

24.540

18,0

1999

24.283

17,5

2000

24.755

17,5

Recordemos que este fondo se creou para financiar ás comunidades con menor renta, utilizando como critero de reparto: inversa de renda/por habitante, dispersión da poboación, taxa de paro.... sin haber mellorado Galicia posicións con respecto ó Estado nos últimos anos, nos datos que expomos no cadro anterior vemos como ano a ano vai perdendo participación neste fondo creado cunha finalidade niveladora. A explicación a este descenso dos fondos, que unha vez máis lle afecta a Galicia, está na perda de poboación que ven padecendo ano tras ano, o ser este un dos criterios de reparto con máis peso na ponderación. Se estos criterio non se modifican, levarannos a que as Comunidades máis pobres, que coinciden cos de maior perda de poboación, vaian perdendo peso pouco a pouco neste fondo, e en outros.


Capítulo VIII
Activos financeiros

Esta partida tan só achega 6 millóns de ptas. ó orzamento e comprende os ingresos derivados de vendas de accións, reintegro de préstamos, etc...


Capítulo IX
Pasivos financeiros

Comprende os ingresos derivados da emisión de débeda pública a curto, médio e longo prazo, e de préstamos recibidos. A necesidade de endebedamento alleo vén dada polo déficit orzamentário motivada por unha maior previsión de gasto que de ingresos. No ano 2000, os ingresos previstos por este capítulo ascenden a 43.185 millóns, un 5,7% máis que no ano anterior.


Ir ao sumário


Orzamento de gastos

O gasto consolidado no 2.000 medra un 6,1% respeito ó ano anterior, situándose nos 1.039.904 millóns. O 75,8% deste gasto total destínase a gasto corrente (os 5 primeiros capítulos) e un 24,2% a gastos de capital.

No orzamento de gastos, ademais de coñecer a distribución por capítulos, é importante resaltar a distribución por funcións. O reparto por capítulos amosámolo no cadro seguinte:

Orzamentos consolidado de gastos

 
Capítulos

1999

2000

Variación %

I

Gastos de persoal

331.486

349.086

5,3

II

Gastos en bens correntes e servicios

121.158

129.161

6,6

III

Gastos financeiros

30.718

29.265

-4,7

IV

Transferencias correntes

265.986

280.952

5,6

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

749.349

788.464

5,2

VI

Investimentos reais

109.538

117.373

7,2

VII

Transferencias de capital

92.311

99.481

7,8

TOTAL OPERACIÓNS NON FINANCEIRAS DE CAPITAL

201.849

216.854

7,4

TOTAL GASTOS NON FINANCEIROS

951.198

1.005.318

5,7

VIII

Activos financeiros

5.647

1.401

-75,2

IX

Pasivos financeiros

22.867

33.185

45,1

TOTAL OPERACIÓNS FINANCEIRAS

28.514

34.586

21,3

TOTAL GASTOS FINANCEIROS

28.514

34.586

21,3

TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL

230.363

251.440

9,1

TOTAL INGRESOS

979.712

1.039.904

6,1


Capítulo I
Gastos de Persoal

Estes gastos aumentan en 17.600 millóns un 5,3%, por debaixo do crecemento global do orzamento, que medra un 6,1%. Entre a Conselleria de Educación e Sanidade absorven case o 70% deste incremento. Destaca a previsión de crear 540 prazas (400 de persoal docente e 140 de non docente), na Conselleria de educación, como consecuencia da aplicación do LOXSE.

Suliñar neste capítulo, 2.603 millóns de ptas que corresponden a cobertura do acordo sobre medidas de consolidación do emprego estructural, adoptado na mesa do emprego do sector público de Galicia, que de momento non están asignados.


Capítulo II
Gastos en bens correntes

Comprende os necesarios para o funcionamento dos servicios públicos, como gastos de material, subministracións, reparacións, mantenemento e conservación, etc… Case o 70% deste gasto é imputable ó Sergas, sendo neste organismo onde se produce o incremento maior.


Capítulo III
Gastos financeiros

Neste capítulo inclúese o pagamento dos xuros da débeda pública. Continúa a reducción deste capítulo por cuarto ano consecutivo gracias á baixa dos tipos de xuro e non tanto porque se reduza o endebedamento, que como xa dixemos no capítulo corrsespondente aumenta un 5,7%.


Capítulo IV
Transferencias correntes

Comprende os gastos de carácter unilateral que os entes públicos proporcionan a outros suxeitos públicos ou privados para realizar operacións correntes. Increméntase nun 5,6%. A distribución destas transferéncias vai desde ós OO.AA, sociedades e entes públicos, a famílias e institucións sen fin de lucro.

O Sergas, é onde se xenera a parte máis importante destes gastos, xa que é neste capítulo onde están incluidos as recetas médicas, un saldo que se incrementa ano a ano.

A Conselleria de educación, co 19% do total do capítulo é a segunda en importancia, inclúense aquí as trasferencias ás Universidades e ós centros concertados. As transferencias ós centros concertados de ensino primario e ESO aumentan un 20%, no ano 2.000 alcanza os 18.300 millóns de ptas.

Neste apartado non podemos esquecer facer unha referencia a Renda de Integración Social (RISGA), non pola cuantía en sí, que é insignificante, senón pola importancia social que ten. Se ben é certo que se prevé que medre un 10% no próximo ano, tan só alcanza os 2.325 millóns, o 0,2% dos presupostos.


Capítulo VI
Investimentos reais

O importe deste capítulo, que recolle os investimentos directos realizados pola Administración en bens de capital, ascende no 2.000 a 117.373 millóns. E un incremento do 7,2% sobre o ano anterior. A administracción xeral correspóndelle aproximadamente o 75% deste capítulo, o restante 25% absórveno entre Augas de Galicia e o Sergas.

Tanto como valorar se a cuantía e suficiente ou insuficiente, cabe preguntarse se tódolos gastos incluídos neste capítulo se corresponden realmente con gastos de capital. Existe un número elevado de conceptos que entendemos que non deberían ter esta consideración; referímonos entre outros a: servicios de reparación, acondicionamento e mantenemento, asistencias técnicas, formación de profesorado, campañas e fomento da normalización lingüística, atención sociosanitaria, programas de loita contra a drogadición, prevención de enfermidades, campaña de vacinación, contratación de empresas de vixianza do medio natural marítimo, salvamento marítimo, vixianza e prevención de incendios, campañas informativas, xestión do carné xove... é decir, unha serie considerable de servicios que forman parte da xestión corrente da Xunta de Galicia e que están comprendidos neste capítulo, incluindo subcontratación de servicios.

O custe aproximado destos servicios que vimos de enumerar sobrepasa os 11.200 millóns de ptas, é decir, aproximadamente o 15% do presupostado como investimento real nos orzamentos da administración xeral (sen incluir os organismos autónomos), non se corresponden con gastos desta natureza.

Con respecto á cuantía destes capítulo sobre o total do Valor Engadido Bruto previsto para o ano 2000 está sobre o 2,4%. Ainda calculando a porcentaxe sobre o total das operacións non financeiras de capital, é decir sobre o total dos capítulos VI e VII, sitúase no 4,4%, lonxe do tantas veces prometido 5%.


Capítulo VII
Transferencias de capital

Neste capítulo inclúense as transferencias feitas pola Administracción ás corporacións locais, sectores e axentes económicos públicos e privados para investimentos sen que a Xunta de Galicia asuma a súa execución. Para a ano 2000 prevese un incremento do 7,8% con respecto ó ano anterior.

A cuantía máis importante, o 37%, (37.001 millóns), vai destinado a empresas privadas, séguenlle as empresas públicas co 21,9%. Na cantidade asignada as empresas privadas, non estan incluídas as subvencións que reciben a través do IGAPE, XSE galicia, SODIGA..., co cal, o montante global das axudas a investimentos aumenta considerablemente.

As familias e institucións sen fin de lucro perciben a través deste capítulo 5.868 millóns de ptas , o 5,3% do total.


Capítulo VIII
Activos financeiros

Este capítulo alcanza o 0,1% do presuposto, aparecen presupostados aquí a concesión de préstamos fora do sector público, aportación ó capital de asociacións, dotación do fondo de garantía de avais.


Capítulo IX
Pasivos financeiros

Neste capítulo inclúese a amortización da débeda pública e dos préstamos. Con respecto ó ano anterior increméntase un 45,1%,. Prevese que no ano 2000 se amortize por valor de 33.185 millóns de ptas.

Tal e como expuxemos o comenzar a analizar o orzamento de gastos, coñecer a distribución dos mesmos por funcións é fundamental para concretizar un pouco máis os obxetivos socioecómicos que se perseguen.

No cadro que amosamos na páxina seguinte reflíctese a distribución funcional e por programas do gasto.

Distribución funcional e por programas do gasto

 
Grupos de funcións

1999

2000

Variación %

1

Servicios de carácter xeral

20.499

22.207

8,3

 

Alta dirección da CA

4.158

4.398

5,8

 

Administración xeral

16.341

17.809

9

2

Seguridade, protección e promoción social

63.841

67.542

5,8

 

Seguridade social e prot. Social

35.079

37.568

7,1

 

Protección civil e seguridade

1.760

1.810

2,8

 

Promoción do emprego

27.002

28.164

4,3

3

Producción de bens públicos de carácter social

613.419

648.942

5,8

 

Sanidade

312.146

332.058

6,4

 

Educación

226.989

240.403

5,9

 

Vivenda e urbanismo

22.690

23.870

5,2

 

Benestar comunitario

16.278

15.339

-5,8

 

Cultura

21.877

23.272

6,4

 

Outros servicios comunitarios e sociais

13.439

14.000

4,2

4

Producción de bens públicos de carácter econónomico

49.615

54.272

9,4

 

Infraestructuras básicas e do transporte

28.057

31.600

12,6

 

Outras infraestructuras

13.337

14.359

7,7

 

Investigación, centifica técnica e aplicada

7.411

7.428

0,2

 

Información estatística báisca

810

885

9,3

5

Regulación económica de carácter xeral

14.849

17.111

15,2

 

Actuacións económicas xerais

6.157

8.798

42,9

 

Comercio

2.477

3.029

22,3

 

Actividades financeiras

6.215

5.284

-15

6

Reorden. industrial e desenvolv empresarial

43.881

41.788

-4,8

 

Agricultura, gandeiria e pesca

27.351

27.967

2,3

 

Industria

1.335

1.381

3,4

 

Enerxía

3.798

2.081

-45,2

 

Minería

205

265

29,3

 

Turimo

2.031

483

-76,2

 

Industrialización e reordenación industrial

9.108

9.536

4,7

 

Desenvolvemento empresarial

53

75

41,5

7

Plan de crecemento e emprego

34.035

38.099

11,9

 

Complexo agro-gandeiro

14.199

14.215

0,1

 

Complexo mar-industria

11.214

12.143

8,3

 

Complexo silvicultura-madeira

3.157

2.730

-13,5

 

Complexos prioritarios do sector industrial

1.582

3.463

118,9

 

Complexo turismo, loxística e serv. a empresa

3.883

5.547

42,9

8

Transferencias a entidades locais

86.372

87.946

1,8

 

Transferencias a entidades locais

86.372

87.946

1,8

9

Débeda pública

53.201

61.998

16,5

TOTAL

979.712

1.039.904

6,1



Ir ao sumário


Conclusións

O breve análise que vimos de facer dos orzamentos para o ano 2000, permítenos chegar as, entre outras, seguintes conclusións:

• Os orzamentos medran un 6, 1%, dúas décimas menos que o ano anterior.

• Os ingresos por operación de capital teñen un incremento (8,4%), superior os ingresos correntes 5,8%.

• O que se coñece como autonomía financeira (suma dos tres primeiros capítulos de ingresos), sitúase no 12,7% dos ingresos totais, porcentaxe idéntico ó do ano anterior.

• Os ingresos procedentes do Fondo Social Europeo, descenderon un 27,3%.

• A participación de Galicia no Fondo de Compensación Interterritorial, é cada vez menor. Para o ano 2000 prevense uns ingresos por esta de vía de 24.755 millóns, o 17,5% sobre o total do Estado cando fai tan só 5 anos alcanzaba o 18,4%. A perda de poboación está perxudicando gravemente a Galicia.

• O 75,8% do gasto total destínase a gasto corrente, o restante 24,2% son gastos de capital.

• Nas transferencias correntes destacan as previstan ó SERGAS e a Educación, as recetas médicas e o traspaso de fondos a Universidades e a centros de ensino concertado (incremento dun 20% no ano 2000), son as responsables principais desta abultada factura.

• Os investimentos reais aumentan un 7,2% sobre o ano anterior, pero existen importantes cuantías ( en torno ó 15% do total do capítulo da administración xeral ), que non se correponde con gastos desta natureza.

• Das transferencias de capital, a cuantía máis importante é a destinada a empresas privadas, o 37% do total.



Ir ao sumário


O ano 1999 remata cunha inflación interanual do 2,9 por cento

Lonxe dos primeiros vaticinios oficiais, que previñan unha inflación do 1,8%, e logo de dous paquetes de medidas antinflacionistas postas en marcha polo governo, o IPC interanual pasou dun 1,4% en 1998 a máis do dobre ó ramatar 1999, concretamente o 2,9%.

Os alimentos e os productos enerxéticos foron os principais causante deste resultado. O grupo de alimentación cerrou 1999 cun aumento do 2,4, sendo maior o incremento dos precios dos productos elaborados (2,6%) que dos sen elaborar que aumentaron un 2,0%. Os productos enerxéticos cun medre do 11,5% ó longo do ano e os carburantes e combustibles cun aumento do 17,1%, fixeron que o grupo de bens e servicios incluídos como transporte aumentaran un 5,3%. A vivenda aumentou un 2,9%.

Evolución do IPC no Estado Español

 

Gráfica IPC

En Galicia a inflación interanual situouse no 3,2%, 3 décimas por enriba da estatal.Volver ao índice


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2001