Informes Economia Volver a BoletinsVolver a Actualidade
Nº 17

2000: aumentan as desigualdades sociais
 

CIG-Gabinete de Economia-

cig.tecnico-vigo@galizacig.com


Sumario
 2000: aumentan as desigualdades sociais
 O ano 2000 rematou cun medre da economia galega do 3,9%
 As mulleres galegas cobran un 30,9% menos que os homes
 Mercado laboral
·Continua o aumento da taxa de asalarización en Galiza
·A taxa de paro da mocidade está no 30%
 A maioria dos fogares galegos apresentan dificuldades para chegar a fin de mes
 A inflación interanual acada no mes de marzo o 3,9%
 
 
Ir ao sumário
2000: aumentan as desigualdades sociais
 
Apesar de que as principais variábeis económicas galegas teñen aparentemente un bo comportamente no ano 2000, isto non é contraditório co título que lle demos a este boletin, xa que non podemos falar somente de incrementos da riqueza, senón tamén de distribución desta, e é aqui onde os resultados non son nada boiantes.

É certo que se deu un incremento importante da economia e tamén do número de empregados, pero o novo emprego é maioritariamente en precário, con contratos temporais de duración moi escasa ou a tempo parcial xunto con perda de poder adquisitivo por parte dos traballadores; neste contexto, vemos como a participación do total dos traballadores na renda nacional se mantivo praticamente constante, polo que se dá un maior traspaso de rendas cara ao capital e os empresários. A seguir, achegamos a información que nos permite facer a dita aseveración.
 
 
Ir ao sumário
O ano 2000 rematou cun medre da economia galega do 3,9%
 
Os dados facilitados polo Instituto Galego de Estatística, que se acaban de publicar, permiten-nos ver cal foi a evolución do Valor Engadido Bruto de economia galega no 2000, asi como a sua distribucción sectorial e trimestral.

Variacións do Valor Engadido Bruto

 

1999

2000

 

media

media

Agricultura e pesca

0,8

0,0

1,0

1,3

1,0

-1,3

0,2

-0,8

-1,5

-3,0

Indústria

3,9

3,7

3,9

3,9

4,1

4,8

4,6

4,8

5,0

4,8

Construción

7,8

7,6

7,8

8,2

7,7

6,5

6,7

6,5

6,5

6,3

Servizos

4,3

3,8

4,4

4,7

4,4

3,7

3,9

3,8

3,5

3,4

Total

4,2

3,8

4,2

4,5

4,3

3,9

4,1

4,0

3,8

3,6

Fonte: Contabilidade Trimestral de Galiza. IGE.


Xunto aos dados para o ano 2000, que son provisionais, aparecen os difinitivos referentes a 1999 que modifican á alza os coñecidos até o de agora. O IGE facilitara un incremento da produción para o ano 1999 do 3,8%; nos dados definitivos que acaba de publicar, cuantifica o incremento do ano anterior no 4,2%, 4 décimas superior. Con respeito ao resto do Estado español manteñen-se as mesmas diferenzas xa que estes tamén foron modificados á alza na mesma proporción.

A economia galega medrou un 3,9% no 2000, tres décimas menos que o ano anterior, segundo os dados difinitivos, rompendo asi coa tendéncia ascendentes dos últimos tres anos, onde se produciran incrementos continuados. Xa no cuarto trimestre de 1999 se enxergaba unha lixeira desaceleración, que a medida que transcorria o 2000 se foi confirmando. Comezou o ano cun aumento do 4,1% no primeiro trimestre e rematou cun 3,6% no cuarto.

O empioramento da actividade económica en Galiza tamén se reflecte se a comparamos co resto do Estado español; neste último o VEB medrou un 4,1%, catro décimas máis que en 1999 e duas máis que a economia galega; mantivo-se polo tanto no ciclo ascendente e afondaron as diferenzas con respeito a Galiza.

A economía galega medrou un 3,9%, tres décimas menos que o ano anterior e duas menos que o resto do Estado


No que atinxe á distribución sectorial da produción, a evolución foi moi diferente. O sector primário foi o que apresentou o pior comportamento: descendeu un 1,3% con respeito ao ano anterior. O comportamento negativo xa comezou no segundo trimestre do 2000, pero foi-se agravando a medida que trascorria o ano; a crise das vacas tolas, asi como as fortes chúvias que se produciron neste final de século, aceleraron esta descenso, polo que se produciu no cuarto trimestre unha caída do valor engadido neste do 3%.

O sector industrial aumentou un 4,8%. Foi o único sector que apresentou un comportamento mellor que en 1999; até o terceiro trimestre mantivo un crecimento constante; o cuarto trimestre xa reflecte unha lixeira desaceleración; ainda asi rematou o ano cun incremento case 1 ponto superior a 1999.

A construción continuou ao longo do 2000 como o sector máis dinámico da economia galega, ainda que cun incremento menor que o ano anterior. No ano 2000 medrou un 6,5% mentres que en 1999 o fixera nun 7,8%. O descenso, que xa comezara no cuarto trimestre de 1999, foi constante ao longo do 2000.

No que atinxe ao sector servizos, medrou un 3,9% –4,3% en 1999– e, ao igual que o resto dos sectores, foi perdendo intensidade a medida que avanzaba o ano; comezou cun crecimento do 3,9% no primeiro trimestre para rematar o ano no 3,4%.

Mália este menor crecimento do sector servizos no último ano, este achega máis do 50% do valor engadido bruto da economia galega no último ano. O que achega cada sector, asi como a evolución nas últimas décadas, amosamo-lo no cadro seguinte:

Achega sectorial ao VEB galego

 

1980

1990

2000

Agricultura e pesca

12,5

11,4

7,9

Indústria

27,7

29,1

31,7

Construción

9,2

9,1

8,6

Servizos

50,4

50,3

51,7

Total

100,0

100,0

100,0

Fonte: Contabilidade Trimestral de Galiza. IGE. Dados en %.


O máis significativo do cadro anterior é a forte perda de peso que vén padecendo o sector primário na economia galega, a favor, sobretodo, do sector industrial, xa que é este o que máis aumenta a sua participación no total do VEB.

Os cámbios maiores produciron-se na década dos noventa. Foi nestes últimos 10 anos cando o sector primário sofreu o descenso máis acusado; mentres na década anterior perdera un ponto no total do valor engadido, na década dos 90 foron 3,5 pontos.

O sector industrial mantén un crecimento equilibrado ao longo dos últimos 20 anos, mellorando en 4 pontos a sua particicipación no total da produción galega.

Ao contrário do que maioritariamente se comenta sobre a terciarización da economia galega, o peso do sector servizos non variou significativamente nos últimos anos no que á produción se refire; mesmo perdeu peso lixeiramente na década dos oitenta ainda que recuperou na década dos noventa, incrementando un 1,3 pontos o seu peso porcentual.
 
 
Ir ao sumário
As mulleres galegas cobran un 30,9% menos que os homes
 
Máis unha vez, ao rematar o ano, o Instituto Nacional de Estatística publica a enquisa de salários na indústria e nos servizos correspondente ao cuarto trimestre do ano que remata; xunto a estes resultados trimestrais facilita-nos os dados das médias anuais no correspondente ao total dos pagamentos de homes e mulleres conxuntamente. Con estes datos podemos facer-nos unha primeira idea da situación salarial das galegas e dos galegos, comparativamente co que ocorre no resto das comunidades do Estado español.

Ganáncia por traballador e mes

 

Total

Homes

Mulleres

Ratio
Muller/Home

Andalucia

209.311

248.884

171.029

68,7

Aragón

230.644

290.084

164.948

56,9

Astúrias

246.312

280.565

176.284

62,8

Baleares

206.489

259.154

179.022

69,1

Canárias

194.783

229.492

165.587

72,2

Cantábria

225.921

274.840

181.465

66,0

Castela–A Mancha

192.374

232.335

145.788

62,7

Castela e León

220.838

268.800

171.550

63,8

Catalunya

238.960

291.656

205.340

70,4

Valéncia

204.986

248.316

170.611

68,7

Estremadura

189.367

221.694

159.805

72,1

Galiza

201.162

240.926

166.416

69,1

Madrid

269.162

322.796

235.846

73,1

Múrcia

181.773

225.039

145.433

64,6

Navarra

246.308

294.189

196.483

66,8

País Vasco

273.935

332.440

225.174

67,7

A Rioxa

212.759

262.747

177.258

67,5

TOTAL

230.325

270.843

204.245

75,4

Fonte: INE. Enquisa de salários na indústria e nos servizos. IV trimestre 2000.


Mália todas as declaracións de boas intencións que desde distintos meios se formulan, o certo é que as diferenzas salariais entre homes e mulleres seguen sendo profundas e, o que é máis grave, agrandando dun ano para outro. Se en 1999 as mulleres cobraban de média o 76% que os homes, a finais de 2000 as diferenzas aumentaron en 6 décimas. Ainda que non é moi grande cuantitativamente a cantidade si o é cualitativamente a tendéncia xa que, en vez de reducir-se, se amplia esta fenda.

No caso de Galiza a evolución é máis negativa, mentres en 1999 as mulleres cobraban o 71,3% do dos homes, no 2000 o 69,1%, é dicer, ampliou-se a diferenza en 2,2 pontos.

As mulleres galegas, cun salário médio de 166.416 pesetas, son as sextas pior pagadas do Estado español despois de Aragón, Canárias, Castela-A Mancha, Estremadura e Múrcia. Con respeito á média estatal feminina, a diferenza é dun 18,5%.

No caso dos homes, as diferenzas entre comunidades son menores. Os homes galegos cobran un 11% menos que os seus colegas do resto do Estado.

Centrando-nos nos salários totais, o ranking de salários por comunidades non amosa diferenzas substanciais con outros anos. O País Vasco segue sendo a comunidade cos salários máis altos, seguida de Madrid e Astúrias. Galiza ocupa o posto trixésimo terceiro, somente por diante de Múrcia, Estremadura, Castela–A Mancha e Canárias, exactamente no mesmo posto en que se encontraba en 1999.

Con respeito a 1999, os salários incrementaron-se de média un 2,3%. No caso dos salários dos galegos o incremento foi lixeiramente maior, un 2,6%, apesar do cal existe unha perda evidente de poder adquisitivo por parte da clase traballadora, xa que a inflación interanual aumentou un 4% no caso da média estatal e un 3,7% no caso de Galiza, o que significa a perda de máis de 1 punto no caso dos galegos.

Este é o segundo ano consecutivo onde se produce unha perda importante de poder adquisitivo. Os dados amosamo-los no cadro seguinte, xunto aos da evolución da participación das rendas dos traballadores no PIB.

 

Incremento
salarial (1)

IPC
galego (2)

Participación dos
asalariados no PIB (3)

1999

2,47

3,20

50,10

2000

2,95

3,70

50,40

Fonte: (1) CGRL. (2) e (3) INE.


Os traballadores que non teñen claúsulas de garantia salarial previstas nos distintos convénios colectivos perderon de média 1,6 pontos de poder adquisitivo nestes útimos dous anos. Esta perda reflecte-se na participación dos traballadores no Produto Interior Bruto, xa que temos que ter en conta que tanto 1999 como 2000 foron anos de importantes medres no número de ocupados, e en cámbio apenas variou a sua participación na renda, no que influe tanto a perda de poder adqusitivo como a precarización do emprego que prima nos últimos anos e que se manifesta sobretodo no alto número de contratos temporais que se rexistran e na escasa duración destes, como veremos nun apartado posterior deste mesmo boletin.
 
 
Ir ao sumário
Mercado laboral
 
En primeiro lugar temos que chamar a atención sobre as modificacións que se levaron a cabo na Enquisa de Povoación Activa ao longo do 2000 e que modifican substancialmente as comparacións interanuais. No primeiro trimestre do 2000 fixo-se unha actualización do seccionado, o que levou a que, de média, e para a média estatal, entre un 0,5 e un ponto das variacións que se produciron neste último ano se deben a estas modificación e non a variacións reais do mercado laboral, referéncia que temos que ter en conta para o caso galego.

Evolución das principais variábeis básicas

 

1999

2000

Povoación maior de 16 anos

2.319,7

2.326,4

Activos

1.123,8

1.157,9

Ocupados

941,6

986,6

Parados

182,1

171,3

Inactivos

1.187,7

1.162,9

Fonte: Enquisa de Povoación Activa. Dados en miles. Médias anuais.


Tendo en conta as consideracións anteriores, cumpre destacar, en primeiro lugar, do cadro anterior o incremento da povoación maior de 16 anos en Galiza nun 0,2%, incremento que se reparte tanto nun aumento dos activos como dos inactivos, pero maior no caso dos activos que medraron un 3%, ainda que tamén os inactivos se incrementaron nun 2,13%.

Dentro dos activos é ben destacar un aumento importante da povoación ocupada galega dun 4,7%, asi como un descenso do número de parados do 5,9%.

A reponta no número de activos levou a un novo incremento da taxa de actividade neste último ano de máis de 1 ponto situando-a no 49,7%. Mália que o aumento foi lixeiramente maior entre as mulleres que entre os homes, persiste a diferenza en torno aos 20 pontos que nos últimos anos xa parece se está convertendo en estrutural no mercado laboral galego.

A taxa de actividade entre os homes alcanza o 60,2%, mentres o das mulleres apenas supera o 40%; esta baixa taxa de actividade feminina xunto ás elevadas taxas de paro entre as mulleres é un dos males endémicos do noso mercado laboral.

A taxa de actividade feminina situa-se no 40,2%, mentres a masculina no 60,2% a finais do 2000


A evolución da taxa de actividade é ascendente ao longo de todo o 2000 deica o último trimestre onde xa reflecte un lixeiro descenso. Non ocorre isto somente coa taxa de actividade; o resto das variábeis tamén no último trimestre comenzan a mostrar un declive.
 
Ir ao sumário
Continua o aumento da taxa de asalarización en Galiza
 
No ano 2000, o maior incremento da ocupación por categorias profisionais deu-se un ano máis entre os asalariados, concretamente aumentaron un 5,6%, pasando a representar o 71,4% da povoación ocupada galega.

O 71,4% da povoación ocupada galega son asalariados


Ao longo da década dos 90 o aumento da asalarización foi moi forte; nestes últimos 10 anos aumentou un 27,8% os ocupados como asalariados, mentres os empresários e as axudas familiares descenderon fortemente, fenómeno moi ligado á evolución do sector primário.

Neste último ano o número de ocupados como axudas familiares mantivo-se mentres os empresários aumentaron lixeiramente, concretamente un 2,8%.

Xunto a esta maior asalarización da economia deu-se un aumento da precariedade deste tipo de emprego, sobretodo se o medimos en termos de temporalidade: no ano 1990 o número de asalariados con contrato temporal acadaba o 26,4% do total, a finais do 2000 situa-se no 34,3%. Os dados dos catro últimos anos reflectimo-los a continuación:

Asalariados segundo tipo de contrato

 

1997

1998

1999

2000

 

Total

%

Total

%

Total

%

Total

%

Contrato indefinido

365,5

64,5

396,8

65,8

420,8

66,1

441,3

65,6

Contrato temporal

194,7

34,3

201,1

33,3

215,8

33,9

231,3

34,3

Non clasificábeis

6,2

1,0

4,6

0,7

-

-

-

-

TOTAL

566,5

100,0

602,6

100,0

636,6

100,0

672,6

100,0

Fonte: Enquisa de Povoación Activa, dados en miles. Médias anuais.


O aumento dos asalariados no último ano foi maior entre os que teñen un contrato temporal que entre os indefinidos, polo que a taxa de temporalidade volveu novamente a incrementar-se, alcanzando no ano 2000 o 34,3%, situando-se porcentualmente nos mesmos valores que en 1997, ano de posta en marcha da última reforma laboral que pretendia, fundamentalmente, reducir estas altas taxas de temporalidade e que, como demostran os dados anteriores, non cumpriu os obxectivos para os que foi definida.

O aumento da temporalidade no mercado laboral galego tamén se reflecte no elevado número de contratos temporais que se rexistraron no último ano, concretamente un 92,6%. Os dados oferecemo-los a seguir:

Contratos segundo modalidades de contratación

 

1998

%

1999

%

2000

%

Duración temporal

529.066

92,18

604.065

91,54

641.298

92,59

Por obra ou servizo

195.503

34,06

215.762

32,70

223.027

32,20

Eventual por circunstancias da producción

149.570

26,06

186.425

28,25

205.344

29,65

Interinidade

34.066

5,94

42.610

6,46

43.264

6,25

Temporal para minusválidos

227

0,04

222

0,03

326

0,05

A tempo parcial

108.436

18,89

105.102

15,93

111.150

16,05

Subst. por xubilación aos 64 anos

86

0,01

72

0,01

89

0,01

Práticas

5.228

0,91

5.793

0,88

6.255

0,90

Formación lei 63/97

13.155

2,29

16.060

2,43

13.361

1,93

Minusválidos en CEE

255

0,04

372

0,06

391

0,06

Outros

22.540

3,93

31.647

4,80

38.091

5,50

Duración indefinida

44.895

7,82

55.827

8,46

51.293

7,41

Indefinidos ordinários

10.054

1,75

10.367

1,57

12.718

1,84

Indefinidos lei 63/97

14.414

2,51

16.782

2,54

19.835

2,86

Minusválidos

298

0,05

437

0,07

535

0,08

A tempo parcial

5.348

0,93

6.774

1,03

7.723

1,12

C. convertidos en indefinidos

14.781

2,58

21.467

3,25

10.482

1,51

Total

573.961

100,00

659.892

100,00

692.591

100,00

Fonte: Enquisa de Povoación Activa, dados en miles. Médias anuais.


Neste último ano, foron contratos asinados baixo algunha das modalidades de duración temporal os que en conxunto medraron con respeito ao ano anterior, aumentando máis de 1 punto o peso sobre o total da contratación, até acadar o 92,59% do total dos contratos rexistrados.

O número total de contratos indefinidos asinados en 2000 descendeu un 8,12% a consecuéncia da forte caída que sofreron os contratos convertidos en indefinidos, que baixaron máis do 50% con respeito a 1999. Asi, os contratos rexistrados cunha duración indefinida alcanzan o 7,41% do total, un ponto menos que o ano anterior, o que en valores absolutos significa 51.293 contratos.

No 2000 o 7,41% dos contratos rexistrados teñen unha duración indefinida


Dentro dos contratos de duración indefinida, ao longo do 2000, foron os indefinidos ordinários os que máis medraron, concretamente un 22,68%, pasando a representar o 1,84% dos contratos (1,57% en 1999), e o 24,8% dos de duración indefinida.

Apesar deste medre importante dos indefinidos ordinários, son os indefinidos suxeitos á lei 63/97 os máis numerosos; no ano 2000 rexistraron-se 19.835 baixo esta modalidade.

Os convertidos en indefinidos descenderon fortemente en 2000, consecuéncia sobretodo de se limitaren as axudas á transformación en indefinidos aos contratos de aprendizaxe, práticas, formación e de relevo vixentes ao entrar en vigor a lei 55/98. Con estas restricións, o número de contratos asinados baixo esta modalidade descendeu un 51,17%, acadando en valores absolutos os 10.482 contratos, o 1,5% do total. No ano anterior rexistraran-se o 3,25% dos contratos baixo esta modalidade.

Os indefinidos a tempo parcial é outra das modalidades que aumenta ano a ano; en 2000 acadaron-se os 7.723 contratos un 1,12% do total.

Os contratos de duración temporal son os máis numerosos; no ano 2000 chegan ao 92,6% do total de contratos rexistrados baixo algunha das distintas modalidades que a lexislación permite, o que en valores absolutos equivale a 641.298 novos contratos, un 6,2% máis que o ano anterior.

Os contratos temporais supoñen o 92,6% do total


Para medir a rotación que existe no mercado laboral galego, temos que comparar o número de contratos rexistrados de duración temporal (641.298) co número de asalariados con contrato temporal (231.300), o que nos dá unha média de 2,77 contratos por persoa.

Cada traballador con contrato temporal tivo unha média de 2,77 contratos ao longo de 2000


A rotación no emprego é maior entre as mulleres que entre os homes; mentres que nestes últimos o número médio de contratos por persoa foi de 2,6, entre as mulleres foi de 3,12.

As modalidades máis utilizadas dentro da contratación temporal seguen sendo as de por obra ou servizo e os eventuais por circunstáncias da produción, xuntos alcanzan o 61,8% do total dos contratos rexistrados.

Os contratos por obra ou servizo determinado seguen sendo os máis numerosos, xa que este tipo de contrato se adapta perfeitamente ao típico contrato temporal ordinário; asi a maioria deles teñen unha duración indeterminada. Neste ano celebraron-se 223.027 baixo esta modalidade, un 3,37% máis que en 1999.

Os eventuais por circunstáncias da produción, ano a ano, van collendo máis adeptos. Son contratos cunha duración máxima de 6 meses dentro dun período de 12 –ainda que tanto a duración como o período se poden variar por convénio colectivo, nunca o período pode ser superior a 18 meses nen a duración exceder das tres cuartas partes do período– para a realización de traballos relacionados coa actividade normal da empresa cando as circunstáncias asi o requeiran.

Este tipo de contrato aumentou un 10,15% en 2000, o que significou 18.919 contratos máis dos rexistrados baixo esta modalidade o ano anterior, reducindo-se as diferenzas cada ano máis cos de obra ou servizo determinado, que como dixemos anteriormente seguen sendo os máis numerosos.

Os contratos a tempo parcial de duración determinada son os terceiros máis numerosos; cun incremento do 6,25% en 2000 situan-se nos 118.873; son contratos, como veremos máis adiante, feitos sobretodo a mulleres.

O resto das modalidades de contratación de duración temporal son pouco significativas en termos cuantitativos, ainda que salienta o forte incremento que rexistraron algunhas delas como a temporal para minusválidos, que aumentou un 46,8% pero da cal só se rexistraron 326 contratos.

Se nos centramos na duración dos contratos, un ano máis temos que destacar a reducida duración destes. Tendo en conta todas as modalidades de contratación de duración temporal, o 23,74% teñen unha duración inferior ao mes, un 13,5% duran entre 1 e 3 meses e un 15% de 3 a 6 meses. En conxunto, os de menos de 6 meses son o 52,27% do total.

O 23,7% dos contratos duran menos de 1 mes
 
Ir ao sumário
A taxa de paro da mocidade está no 30%
 
No que atinxe á povoación parada produciu-se un descenso desta do 5,9%, o que implicou reducir a taxa de paro nun ponto e meio pasando do 16,2% ó 14,7%; mália o cal as diferenzas por sexos e grupos de idade seguen mantendo-se, tal e como demostran os dados do cadro que achegamos a seguir:

Evolución das taxas de paro por sexo e idade

 

1999

2000

 

Homes

Mulleres

Total

Homes

Mulleres

Total

De 16 a 19 anos

26,4

45,0

33,2

26,2

44,1

32,0

De 20 a 24 anos

21,5

42,5

30,8

18,1

40,7

28,1

De 25 a 54 anos

10,0

22,3

15,2

8,9

19,8

13,5

De 55 e máis

8,7

6,0

7,5

9,6

6,5

8,2

Total

11,4

22,7

16,2

10,4

20,7

14,7

Fonte: Enquisa de Povoación Activa, dados en tanto por cento. Médias anuais.


Persisten unhas taxas de paro excesivamente elevadas entre os máis novos e entre as mulleres. Para o grupo dos máis novos, os menores de 19 anos, as taxas de paro andan por volta do 32%; o 44,1% no caso das mulleres. No seguinte tramo de idade, de 20 a 24 anos, produce-se un lixeiro descenso até o 28,1% de média, igualmente moi superior no caso das mulleres que alcanza o 40,7% fronte ao 18,1% no caso dos homes.

De média a taxa de paro feminina duplica a masculina, 20,7% fronte ao 10,4% entre os homes.
 
 
Ir ao sumário
A maioria dos fogares galegos apresentan dificuldades para chegar a fin de mes
 
Recentemente, o Instituto Galego de Estatística publicou a “Enquisa de condicións de vida das famílias”. Do dito traballo podemos extrair unhas conclusións nada satisfactórias sobre como viven a maioria das famílias galegas.

Se comezamos dando dados sobre a situación económica dos fogares, vemos que o 60% destes teñen, cando menos, dificuldade para chegar a fin de mes. Ainda que existen lixeiras diferenzas por províncias, nas catro hai coincidéncia en que máis da metade dos fogares teñen problemas para rematar o mes.

Fogares segundo o grao de dificuldade para chegar a fin de mes

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galiza

Con moita dificuldade

16,2

14,4

13,7

18,8

16,4

Con dificuldade

42,2

38,7

42,2

47,1

43,2

Con facilidade

39,1

45,0

42,9

32,0

38,2

Con moita facilidade

2,4

1,9

1,2

2,1

2,1

Total

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das famílias. Dados en %.


A Coruña e Pontevedra son as províncias onde existen maior número de fogares con moita dificuldade para chegar a fin de mes, pero tamén onde hai máis con moita facilidade para rematar o mes. Lóxico, xa que nas duas províncias do interior é onde a povoación está máis avellentada polo que, xeralmente, a xente maior de ingresos baixos ten tamén un nível de consumo moi inferior nestas províncias ao ter o tema de vivenda resolto e parte do alimentário, xa que son na maioria habitantes do rural.

Na província de Pontevedra é onde se concentra o maior número de famílias con moita dificuldade para chegar a fin de mes, sendo a única provincia que está por riba da média, concretamente en máis de dous pontos (16,4% de média en Galiza e 18,8% en Pontevedra). Se sumamos os dous primeiros tramos acadan o 66% o número de fogares con problemas.

Segue-lle A Coruña, onde o 58,4% das familias tamén teñen dificuldades para rematar o mes sen problemas económicos.

Con moita facilidade somente o 2,1% das familias galegas rematan o mes. Neste caso, son as províncias so interior, Lugo e Ourense, onde a porcentaxe de familias é menor.

A existéncia deste tipo de problemas económicos é comprensíbel á vista dos dados da táboa que oferecemos a continuación:

Fogares segundo o intervalo de ingresos netos mensuais %

Intervalo de ingresos

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galiza

Menos de 40.000 pta

1,8

2,1

2,4

1,9

1,9

De 40.000 a 70.000 pta

12,8

16,5

16,9

10,8

13,3

De 70.001 a 140.000 pta

26,5

28,2

36,8

30,0

29,3

De 140.001 a 210.000 pta

26,9

24,8

21,1

27,2

25,9

De 210.001 a 350.000 pta

22,2

18,6

16,9

22,3

21,0

De 350.001 a 490.000 pta

5,8

7,3

3,0

5,0

5,4

Máis de 490.000 pta

3,9

2,5

2,9

2,9

3,3

Total

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Fonte:IGE. Enquisa de condicións de vida das famílias. Dados en %.


Existe unha porcentaxe moi grande de famílias galegas con ingresos inferiores ás 140.000 pesetas ao mes, é dicer, con ingresos inferiores a duas veces o salário mínimo interprofisional; concretamente, para a média galega, o 44,5% das famílias galegas non acadan estes ingresos.

As diferenzas por províncias tamén son importantes. Neste caso as províncias de Lugo e Ourense son as que apresentan a porcentaxe maior de famílias con baixos ingresos; sobretodo Ourense, onde o 56% das famílias non acadan as 140.000 pesetas mensuais. Isto é compatíbel cos dados da táboa anterior sobre grao de dificuldade de chegar a fin de mes, xa que como dixemos anteriormente, nestas províncias viven moitas famílias no rural e teñen o tema da vivenda solucionado e parte da alimentación, o cal permiten que cheguen a fin de mes sen grandes dificuldades. Outro tema son as condición en que viven.

Con ingresos inferiores ás 40.000 pesetas viven perto do 2% das famílias galegas; isto é falar de extrema pobreza. Se lle sumamos o seguinte intervalo, é dicer, con ingresos inferiores ás 70.000 pesetas, obtemos o 15,2% dos fogares galegos.

O 15,2% das famílias galegas viven con menos de 70.000 pesetas mensuais


Polo contra, con ingresos superiores ás 350.000 pesetas somente viven os 8,7% das famílias, que se reduce a un 3,3% se falamos de rentas superiores ao meio millón de pesetas.

Outros dados de interese que reflecte a enquisa son os refereridos ao tipo de ingresos. Asi vemos como o 40,3% das famílias galegas só teñen ingresos de traballo e un 29,7% só de pensións. Estas porcentaxes inverten-se na província de Ourense; nesta o 40,1% das famílias so teñen ingresos de pensións, coas baixas pensión que existen en Galiza é lóxico que esta província sexa a que apresenta a maior porcentaxe de fogares con ingresos baixos.
 
 
Ir ao sumário
A inflación interanual acada no mes de marzo o 3,9%
 
Para as mesmas datas en Galiza situa-se no 3,6%.

Evolución do IPC no Estado español

Gráfica IPC

 
Volver a BoletinsVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/06/2001