Informes Economia Volver a BoletinsVolver a Actualidade
Nº 18

A taxa de temporalidade situa-se no 35,5% no terceiro trimestre de 2001
 

CIG-Gabinete de Economia-

cig.tecnico-vigo@galizacig.com


Sumario
A taxa de temporalidade situa-se no 35,5% no terceiro trimestre de 2001
Salario Mínimo Interprofisional
Os maiores níveis de renda en Galiza dan-se nos concellos máis habitados
A inflación interanual situa-se no mes de outubro no 3%
 
 
Ir ao sumário
A taxa de temporalidade situa-se no 35,5% no terceiro trimestre de 2001
 
A evolución do mercado de traballo en Galiza no terceiro trimestre de 2001, ainda que en princípio se vendese como positivo polo incremento de postos de traballo que supuxo, nada que se afonde nunha análise máis desagregada dos dados, situa-nos nunha realidade máis ben pesimista.

A aparente contradición entre estes resultados e o aumento do paro rexistrado do INEM, non é tal, xa que os dados do INEM, ao ser un rexistro mensual reflecte con anterioridade os cámbios. É moi probábel que este trimestre marque un ponto de inflexión na evolución da EPA no 2001, e xa o cuarto trimestre estará en concordáncia coa evolución que apontan os outros indicadores de situación económica e que falan todos de recesión.

O terceiro trimestre correspondese cos meses de verán en que tradicionalmente se dan aumentos importantes de postos de traballo no sector servizos, moi ligados ao turismo, e de feito este ano non foi unha excepción; foi neste sector onde se xeraron a maioria dos novos empregos. Empregos precários maioritariamente como exporemos máis adiante.

A evolución da ocupación por sectores e sexo amosamo-la no cadro seguinte:

Evolución da ocupación por sectores e sexo

 

II trimestre 2001

III trimestre 2001

 

Total

Home

Muller

Total

Home

Muller

Agricultura

125,5

56,1

69,4

116,5

53,6

62,9

Pesca

33,2

25,8

7,4

32,9

26,9

6,0

Indústria

187,7

137,6

50,0

195,6

138,2

57,4

Construción

117,7

112,5

5,2

118,5

113,2

5,3

Servizos

521,6

258,0

263,3

536,4

258,6

277,8

Total

985,7

590,1

395,6

999,9

590,5

409,5

Fonte: Enquisa de Povoación Activa. IGE.


O aumento dun 1,4% no número de ocupados distribue-se entre o sector industrial, construción e servizos, xa que o sector primário segue imerso no proceso de destrución constante de postos de traballo.

A agricultura perdeu somente no último trimestre 9.000 empregos e pesca 300; a crise das 'vacas tolas' que ainda non está rematada, máis o recente anúncio da Comisión Europea de novos recortes nas cotas de pesca para o 2002, fan previsíbel que non reche esta tendéncia e se manteña a destrución de emprego neste sector. Nestes momentos a agricultura xa ten menos empregados que a construción en Galiza, cando hai poucos anos pasaba dos 400.000 o número de empregados neste sector.

Ainda que porcentualmente é na indústria –co 4,2%– onde se xeran a maioria dos novos empregos, en valores absolutos é nos servizos onde se concentra o incremento maior, 14.800 novos postos de traballo, empregos praticamente femininos na sua totalidade.

Este incremento do emprego feminino levou a unha redución significativa das taxas de paro das mulleres galegas. Os dados amosamo-los a seguir:

Taxas de paro por sexo e idade

 

II trimestre 2001

III trimestre 2001

 

Total

Home

Muller

Total

Home

Muller

Menor de 29 anos

26,8

20,4

35,9

23,7

19,2

29,6

De 30 a 44 anos

13,6

7,3

21,3

10,8

7,1

15,5

De 45 a 59 anos

9,2

7,8

11,3

8,1

6,9

10,1

Máis de 60 anos

4,2

5,9

2,4

3,7

4,4

2,6

Total

14,5

10,0

20,4

12,6

9,3

16,8

Fonte: EPA. IGE.


A taxa de paro feminina reduciu-se en 3,6 pontos dun trimestre para outro, caída que se centrou entre as mulleres novas xa que entre as maiores de 45 anos se manteñen praticamente nos mesmos valores que no trimestre anterior.

Con esta variación a taxa de paro entre as mulleres situa-se no 16,8% fronte ao 9,3% entre os homes, taxa excesivamente alta, máis nos tramos da mocidade onde segue en torno ao 30%, 10 puntos por riba da dos homes mozos. Esta elevadísima taxa de paro feminino xuvenil escurece totalmente calquera análise positiva que se puidese facer dos dados anteriores, xa que as mulleres novas galegas teñen uns níveis de formación iguais ou superiores aos dos homes das mesmas idades, e ademais é nestas idades onde as taxas de actividade son altas; incorporación ao mercado laboral que pasa a nutrir as fileiras de parados.

Ademais, a introdución no mercado de traballo destas mulleres é en condicións precárias, proba diso é a evolución das taxas de temporalidade que extraemos dos dados que fornecemos no cadro seguinte:

Povoación ocupada asalariada segundo tipo de contrato

 

II trimestre 2001

III trimestre 2001

 

Total

Home

Muller

Total

Home

Muller

C. Indefinido

455,4

285,4

170,0

454,2

280,1

174,1

C. temporal

223,6

138,9

84,7

250,8

145,9

104,9

Total

678,9

424,2

254,7

705,0

426,0

279,0

Fonte: EPA. IGE.


Produce-se, neste último trimestre, un incremento moi forte dos contratos temporais, aumento que afecta tanto a homes como a mulleres, ainda que en maior medida a estas últimas.

O forte incremento dos contratos temporais entre as mulleres –20.000 en apenas un trimestre– fixo que a taxa de temporalidade aumentase en 4,4 pontos, situando-se no 37,6%, taxa polo tanto elevadísima.

Entre os homes, a temporalidade incrementouse en 2 pontos, alcanzando o 34,2%, ao descer o número de homes con contrato indefinido, mentres que aumentou o de homes con contrato temporal, tal e como se amosa no cadro anterior.
 
 
Ir ao sumário
Salario Mínimo Interprofisional
 
O salário mínimo interprofisional é un dos indicadores máis importantes e máis utilizados, xa que non só se utiliza como “colchón” salarial, senón tamén como referente para o cálculo dunha chea de prestacións, para ter aceso a determinadas axudas...

A contia do salário é fixada anualmente polo governo, prévia consulta cos interlocutores sociais máis representativos; a evolución dos últimos anos achegamo-la no cadro seguinte:

Evolución salario mínimo interprofisional

 

SMI
pesetas/mes

Taxas de
variación (%)

IPC (1)

Evolución anual do
poder adquisitivo do SMI

1990

50.010

7,1

6,7

0,4

1991

53.250

6,5

5,9

0,6

1992

56.285

5,7

5,9

-0,2

1993

58.530

4,0

4,6

-0,6

1994

60.570

3,5

4,7

-1,2

1995

62.700

3,5

4,7

-1,1

1996

64.920

3,5

3,6

-0,1

1997

66.638

2,6

2,0

0,6

1998

68.040

2,1

1,8

0,3

1999

69.270

1,8

2,4

-0,6

2000

70.680

2,0

3,4

-1,4

2001

72.120

2,0

3,4

-1,4

Fonte: Elaboración própria a partir dos datos do INE.
(1) Taxas en médias anuais.


Para fixar o incremento deste indicador o Estatuto dos traballadores recomenda ter en conta: a evolución do IPC, produtividade média nacional alcanzada, incremento da participación do traballo na RN e a conxuntura económica xeral. Ainda que en princípio a maioria das variábeis anteriores eran propícias, o certo é que este salário medrou na maioria dos anos por baixo do IPC, o que levou a unha perda case que continuada do poder adquisitivo do dito salário.

Desde o ano 1990 produciu-se unha desaceleración constante no incremento do SMI; durante toda a década a perda de poder adquisitivo foi dun 4,7%, concentrando-se os piores desequilíbrios nos últimos anos. Desde 1999, todos os traballadores que teñen ligado o seu incremento retributivo a este indicador, viron reducida a sua capacidade de compra nun 3,4%. Contia difícil de xustificar se temos en conta que estes anos se corresponderon cun incremento importante da actividade produtiva –os aumentos do Valor Engadido bruto foron superiores en todos os casos ao 3%–, e sobretodo do rendimento empresarial, que aumentou nestes últimos anos en torno ao 20% anual.

Demandar un incremento importante, moi por riba do medre do IPC está xustificado a vista dos dados anteriores, e máis se o comparamos co resto dos países da Unión Europea.

Un estudo recente publicado por William M. Mercer situa o SMI do Estado español como o máis baixo da Unión Europea, por debaixo incluso de Portugal, que ten uns salários médios bastante inferiores. Isto sempre segundo o devandito estudo.

As diferenzas no seo da Unión Europea son alarmantes: o salário mínimo interprofisional de Luxemburgo (1.608 pesetas/hora), país que o ten máis alto, multiplica por 5,3 o do Estado español (300 pesetas/hora), que posue o máis baixo; Portugal (348 pesetas/hora) e Grécia (441 peseta/hora) son os outros países que acompañan o Estado español na cola. O resto dos países superan en todos os casos as 1.000 pesetas/hora.
 
 
Ir ao sumário
Os maiores níveis de renda en Galiza dan-se nos concellos máis habitados
 
O servizo de estudos da Caixa de aforros e pensións de Barcelona publica anualmente o Anuário Económico de España, un compéndio de información estatística referida ao ámbito municipal coas correspondentes agregacións a nível provincial e autonómico.

Deste estudo extraemos a información a nível galego, dados que amosamos no cadro seguinte:

Intervalo de RFD por habitante (miles de pesetas)

  

De 1.000
a 1.100

De 1.100
a 1.200

De 1.200
a 1.300

De 1.300
a 1.500

De 1.500
a 1.700

GalizaConcellos

2

50

163

97

3

Habitantes

9.490

331.960

985.139

1.373.949

29.799

A CoruñaConcellos

48

45

1

Habitantes

246.763

837.051

25.166

LugoConcellos

8

41

18

Habitantes

11.760

137.262

217.912

OurenseConcellos

57

33

2

Habitantes

96.140

244.847

4.633

PontevedraConcellos

2

42

17

1

Habitantes

9.490

320.200

504.974

74.139

Fonte: Anuario Económico de España 2001. Servicio de Estudios. La Caixa.


Unha primeira aproximación aos dados anteriores reflecte unha imaxe ben homoxénea de Galiza. O estudo define dez níveis diferentes de renda; o primeiro tramo entre 0 e 1.000.000 de pesetas e o último entre 2.250.000 pesetas e máis, nos que se situan os distintos concellos. No caso de Galiza, todos os concellos se emprazan en cinco tramos, rendas comprendidas entre o 1.000.000 e o 1.700.000, sendo o nível médio de renda familiar dispoñíbel entre 1.300.000 e 1.500.000 pesetas.

A desagregación provincial tampouco amosa unha gran disparidade; somente hai dous concellos con rendas inferiores ao millón cen mil pesetas e os dous están situados na província de Pontevedra, concretamente Pazos de Borbén e Valga; no tramo de renda superior, cunha renda familiar dispoñíbel entre o millón e meio e o millón setecentas mil pesetas: Oleiros na província da Coruña e Avión e Beariz na de Ourense. O resto dos municípios situan-se nos tres tramos de renda intermédios; concentrando-se a maioría destes, o 51,75% (o estudo somente recolle os concellos con máis de 1.000 habitantes), no intervalo situado entre o millón duascentas mil e o millón trescentas mil pesetas, ainda que a maioría dos habitantes, o 50%, viven en concellos cun nível de renda superior, entre un millón trescentas mil e un millón cincocentas mil pesetas. A suma dos dous intervalos anteriores acolle tanto á maioria dos concellos como dos habitantes, o 82,54% e 86,4% respectivamente.

A Coruña, Lugo e Ourense teñen un nível médio de renda familiar dispoñíbel de entre 1.300.000 e un 1.500.000; Pontevedra está nun nível inferior, entre un millón duascentas mil e un millón trescentas mil; é, ademais, a província máis heteroxénea; distribuen-se os concellos entre catro tramos de renda distintos, situando-se a maioria destes (67,7%) no intervalo de entre 1.100.000 e 1.200.000 pesetas, mentres a maioria da poboación vive nos dun tramo de renda superior, entre 1.2000.000 e 1.300.000 pesetas.

Apesar das diferenzas que poden apresentar as distintas províncias, o que si podemos afirmar é que en todas as províncias son os concellos máis habitados os que teñen un nível de renda superior, xa que a medida que subimos nos intervalos de renda é maior a porcentaxe de habitantes que viven en relación ao número de concellos.

Ainda que Galiza está, segundo este estudo, no mesmo nível medio de renda que o resto do Estado, as diferenzas por comunidades son moi elevadas, e van desde Estremadura e Andalucia, que teñen un nível médio entre 1.100.000 e 1.200.000 pesetas, ás Illas baleares e Navarra, cun nível médio de renda que se situa entre 1.900.000 e 2.100.000.

Outros dados que tamén fornece este estudo son referentes aos índices de actividade que existe en cada concello, dado que se elabora en función do Imposto de Actividades Económicas. O valor do índice reflecte o peso relativo dunha actividade determinada sobre o total do Estado español.

Centrando-nos neste último dato, en Galiza están o 5,6% das actividades económicas do Estado español. A província da Coruña é na que está situada a porcentaxe maior, o 2,3%, seguida de Pontevedra, co 1,8%; Ourense e Lugo teñen en torno ao 0,7% ambas.

Segundo o índice industrial (incluída a construción) e o comercial, en Galiza están emprazadas por volta do 6% das actividades tanto industriais como de servizos. O índice maior é o de restauración e bares, que situa o 6,7% deste tipo de actividades do total estatal en Galiza.

O índice menor é o turístico. A caixa empraza o 3,1% en Galiza.
 
 
Ir ao sumário
A inflación interanual situa-se no mes de outubro no 3%
 
A inflación medida através do índice de prezos ao consumo situa-se no mes de outubro no 3,0%, un ponto por riba da previsión do Governo para o ano 2001, e cando só faltan dous meses para que remate este ano.

Inflación interanual

nov

dec

xan

feb

mar

abr

mai

xuñ

xul

ago

set

out

4,0

4,1

3,7

3,8

3,9

4,0

4,2

4,2

3,9

3,7

3,4

3,0



En Galiza, para as mesmas datas, situa-se no 3,1%, unha décima por riba da inflación
a nível estatal.
 
Volver a BoletinsVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/12/2001