| Informes Economia Nº 20 O crecimento da economia galega ralentizou-se no ano 2001
O ano 2001 podemos resumi-lo como o da ralentización das principais variábeis macroeconómicas. Tanto a produción, medida através da evolución do PIB, como os salários, as exportacións e as importacións, os contratos e sobretodo o número de ocupados, apresentaron unha desaceleración no ritmo de crecimento con respeito aos anos anteriores. Podemos falar, xa que logo, de recesión en Galiza; a análise que apresentamos a continuación permite-nos facer a dita aseveración. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O crecimento da economia galega ralentizou-se no ano 2001 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O avanzo de dados que nos facilitou o Instituto Galego de Estatística, sobre a variación do Produto Interior Bruto (PIB) trimestral galego do ano 2001, permite-nos facer un seguimento da evolución deste, do cal destacamos unha forte desaceleración do crecimento da produción. Os dados son os que se achegan a seguir:
A evolución ao longo do ano é descendente, con respeito ao trimestre anterior medra duas décimas menos, pero con respeito ao mesmo trimestre do ano anterior a caída é moi forte, concretamente 1,6 pontos. Os dados anteriores demostran claramente que se entrou nun proceso recesivo, con evolucións bastante heteroxéneas das distintas ramas produtivas, pero cunha tendéncia clara á desaceleración. A rama enerxética foi a que tivo un comportamento máis adverso ao longo do 2001, para rematar o ano cun descenso do 0,4%, que contrasta co bo resultado do ano 2000 que medrara un 5,5%. O sector primário medrou un 0,6% con respeito ao ano anterior, ainda que o incremento é pequeno, se o comparamos co ano 2000, ano en que descendera a produción deste sector nun 1,6% de média ao longo do ano, a evolución é positiva. En calquera dos casos, confirma-se a volatilidade deste sector. Esperemos que esta tendéncia á recuperación non se vexa unha vez máis frustrada, neste caso, pola reforma pesqueira anunciada recentemente desde Bruxelas. No que atinxe ao sector industrial, medrou un 3,5% de média ao longo do 2001, dous pontos menos que en 2000, un forte descenso que parece se pode recuperar lixeiramente xa que no cuarto trimestre apresenta unha lixeira reponta despois da caída xeneralizada que sofría desde o primeiro do 2000. O sector da construción creceu un 3,7% no cuarto trimestre, o que situa o crecimento acumulado no ano no 4,8%. Se o comparamos co terceiro trimestre descendeu un 0,8 pontos, o que implica un forte empioramento na traxectória descendente que vén caracterizando o sector da construción no ano 2001. Con respeito ao ano anterior medrou 1,7 pontos menos. Os servizos experimentaron un crecimento do 3,1%, seis décimas menos que o ano anterior. É o sector que mantivo unha traxectória máis homoxénea ao longo do ano. A nível estatal tamén se deu un incremento do PIB do 2,8%. Apesar de que neste último ano se deu un medre do PIB igual en Galiza que na média do Estado español, a evolución dos últimos anos –desde o ano 1995, Galiza medrou praticamente todos os anos menos que a média estatal– fai que esta Comunidade perdera peso sobre o total estatal en todas as grandes magnitudes. Participación porcentual de Galiza nas magnitudes de povoación e económicas do Estado:
A perda de peso que Galiza sofre desde o ano 1995 respeito á média estatal é alarmante. Emprego e povoación son as magnitudes onde a evolución é máis preocupante. No caso do emprego, nestes últimos 6 anos, perdeu-se medio ponto e no caso da povoación máis de 3 décimas. Tanto en produción como en renda seguiu-se a mesma tendéncia, perda paulatina de peso entre unha e duas décimas. Isto é especialmente preocupante nun período de relativa prosperidade, onde se deron incrementos importantes, nalguns anos por riba do 4% do crecimento da economia. Esta deterioración da posición de Galiza non afecta do mesmo modo á converxéncia tanto co resto do Estado como coa Unión Europea (con respeito á média española, Galiza pasou do 82,07% en 1995 a 83,86% en 2001; e con respeito á UE pasou dun 65,8% en 1995 a un 73,34 na actualidade), xa que a converxéncia se mide en termos per cápita, é dicer, é un cociente que ten como denominador o número de habitantes, e como esta magnitude baixa en maior proporción que as outras fai que o resultado mellore, isto é, converxe-se de forma pasiva, non polo aumento do numerador (renda), senón polo descenso do denominador (povoación). Non se debe interpretar, xa que logo, este avanzo como algo positivo, pois denota máis un fracaso demográfico que un éxito económico. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Forte descontento cos salários en Galiza | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Segundo os dados facilitados polo Índice de Custos Laborais –que vén substituir a anterior Enquisa de Salários na Indústria e nos Servizos do INE –, os salários en Galiza seguen sendo moi inferiores á média estatal, concretamente, para o cuarto trimestre do 2001, os traballadores galegos cobran de média, por hora traballada, un 13,7% menos.
Esta forte diferenza vén sendo unha constante nos últimos anos, no ano 2001, mália que Galiza, segundo esta enquisa, está entre as comunidade cun incremento salarial maior, e segue a manter-se entre as cinco con salários máis baixos, somente supera a Canárias, Castela A Mancha, Estremadura e Múrcia. Contrariamente do que se pretende trasmitir desde alguns sectores, os salários altos non son nengun impedimento para a boa marcha de nengun país, máis ben todo o contrário; de feito, no Estado español, as comunidades con salarios máis altos, e as que rexistran incrementos maiores, son as comunidades con maior nível de Produto Interior Bruto por habitante, caso de Madrid, País Vasco, Navarra e Catalunya. Son tamén estas comunidades, con altos salários, as que apresentan menores problemas demográficos, talvez unha parte importante do feito se explique precisamente polo nível salarial, que atrae povoación. Asi, nun recente traballo elaborado polo Instituto Galego de Estatística sobre as condicións no traballo, os ocupados galegos destacan o baixo salário como a primeira razón de descontento no mesmo. Os dados son os seguintes: Porcentaxe de ocupados que están poucos satisfeitos co seu traballo segundo as razóns de insatisfacción:
O baixo soldo é claramente a primeira razón de descontento entre os traballadores galegos, en todas as províncias supera altamente o 60% o número de ocupados que se queixan do seu salário, a moita distancia doutras queixas –salvo na de Lugo onde a dureza do traballo é unha forte preocupación, case equiparábel ao salário–, como é a dureza do traballo da que están insatisfeitos en torno ao 46%. Coinciden nesta valoración tanto os traballadores do sector público como do privado, asi como os empresários sen asalariados. Entre os empresários con asalariados, é a dureza do traballo a principal causa de insatisfacción. Do mal horário laian-se un 35,5% dos ocupados galegos. No que atinxe á inestabilidade laboral, hai insatisfaación nun 20,22% dos traballadores galegos, o que nos dá a entender que esta é a principal preocupación entre os asalariados galegos cun contrato temporal, xa que este colectivo representa por volta do 20% dos ocupados totais (asalariados e non asalariados). O forte descontento cos salários en Galiza que reflecte o cadro anterior merece unha reflexión, xa que a realidade como vimos antes é que son os quintos máis baixos do Estado. Xunto a todos os efeitos económicos dos baixos salários: cativo consumo... está o problema migratório. De Galiza seguen saindo cara a outras comunidades en torno a 15.000 persoas anualmente, persoas mozas en idade de traballar, con todos os problemas engadidos que isto xera, que se cadra cuns salários mellores aqui, non o farian. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Comércio exterior | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
En consonáncia co resto das variábeis macroeconómicas, ao longo do ano 2001 tamén se produciu unha desaceleración no ritmo de crecimento do comércio exterior galego, ao rexistrar o valor total das exportacións e das importacións un crecimento do 11,7% e 5,3% respectivamente cando o ano anterior medraran por riba do 30%. Sen ter en conta as relacións comerciais co resto do Estado, por non dispor desta información –supoñen máis do 70% tanto das compras como das vendas de Galiza ao exterior–, o valor e evolución do comércio exterior segundo a distribución xeográfica é o seguinte:
A forte mellora do saldo comercial coa Unión Europea (UE), que aumentou un 68,7% o superávit, permitiu unha redución do déficit da balanza comercial galega dun 82,8%, pasando de 597,11 millóns de € en 2000, a 102,27 millóns no ano 2001. Con esta evolución a taxa de cobertura rexistra unha importante mellora ao pasar dun 93,3% en 2000 a un 98,9% en 2001. Co resto das áreas xeográficas, salvo unha leve mellora das relacións co continente africano, produciu-se un empioramento nas relacións comerciais, pero ao representar a Unión Europea o 81,7% das vendas e o 63% das compras galegas ao exterior, son as relacións con esta zona as que marcan a tendéncia. Desagregando a nível de país, ao ser a UE o principal sócio comercial galego, os 7 primeiros países aos que Galiza exporta e os catro primeiros dos que importa son membros da UE, dentro dos que salientan sobretodo Franza e Portugal. O 25,9% das exportacións no ano 2001 e o 32,8% das importacións foron con Franza; a Portugal destinou-se o 18,1% das vendas e o 9,6% das compras. Xunto á concentración por países dá-se unha forte concentración dos produtos que intercámbia Galiza. Os 10 principais, e o valor total destes son os expostos a seguir:
Vemos como tanto en vendas como en compras, o sector do automóbel ocupa unha lugar preeminente, no que atinxe ás importacións; este capítulo alcanza o 32,1% do total; nas vendas está perto do 50%, concretamente no 49,9%. A existéncia da factoria de Citroën en Vigo explica este feito, asi como a importáncia de Franza na relacións comerciais de Galiza. Os produtos relacionados coa actividade pesqueira son os segundos en importáncia, seguidos das roupas de vestir. A suma destes tres capítulos representa máis do 68% das vendas. Entre as importacións, despois do automóbel, o peixe os combustíbeis son os de maior peso. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estancamento na criación de emprego no ano 2001 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Unha vez publicados os dados, por parte do Instituto Galego de Estatística, da Enquisa de Povoación Activa do cuarto trimestre do 2001, podemos analisar como evolucionaron os principais indicadores do mercado laboral galego neste último ano. O cámbio de tendéncia que se aprécia na evolución do número de activos e de ocupados no ano 2001 é o máis destacábel do cadro posterior.
Desde o ano 1997 viñan-se dando incrementos progresivos tanto do número de activos como de ocupados; pola contra, no ano 2001 freou-se esta tendéncia. As persoas en activo en Galiza descenden nun 1%, despois de que nos catro últimos anos anteriores aumentaran nun 4,7% as persoas en activo en Galiza. Polo que respeita ao número de ocupados, podemos falar de estancamento no ano 2001 xa que tan só sobe un 0,07% o número de persoas que se incorporaron ao mercado laboral galego ao longo deste ano, despois de que nos últimos catro ano medrara un 9,3% o número de ocupados, dos cais, un 4,7% aumentaran no ano 2000. O número de parados descendeu fortemente ao longo do 2001, concretamente un 7,3%, pero a explicación está no descenso das persoas en activo e non no incremento da ocupación. Afondando máis nos dados anteriores, e centrando-nos na evolución dos activos, o descenso destes leva consigo, como é lóxico, unha caída da taxa de actividade, neste caso de meio ponto, pasando dun 49,7% a un 49,2%. O descenso foi maior na taxa de actividade masculina que descendeu 0,8 pontos (dun 60,2% a un 59,4%) que na feminina que o fixo en duas décimas, dun 40,2% a un 40%. Apesar da evolución deste último ano, a taxa de actividade masculina segue superando en case 20 pontos a feminina. A taxa de actividade é descendente ao longo de todo o 2001 sendo a caída máis acusada no último trimestre do ano. O máis significativo da evolución dos ocupados en Galiza ao longo do 2001 é o estancamento no crecimento, xa que somente subiu nun 0,07% o número de persoas con posto de traballo. Destacar, asi mesmo, que neste ano que acaba de rematar foron empregos femininos os que se criaron novos –aumentou un 2,5% as mulleres empregadas–, mentres descendeu o número de homes cun posto de traballo nun –0,01%. Destruíu-se emprego unicamente no sector agrário, pero dunha forma alarmante no ano 2001, foron 22.000 os empregos que se perderon, nun sector, que se pensaba que xa tocara fundo. Na indústria aumentou nun 8,1%, en servizos 1,3% e na construción un 1,07%. O novo descenso do sector primário (onde o número de empresarios é maior) fai que de novo aumente a taxa de asalarización en Galiza. Os dados da povoación ocupada segundo a situación profisional expomo-los a seguir:
No último ano é de novo nos asalariados na única categoria onde se incrementa o emprego, concretamente nun 2,13%, o que coloca o número total destes en 686.900; un 69,5% do total de traballadores galegos pertencen a esta categoria. O resto das categorias perden emprego paulatinamente. O aumento da asalarización non modificou as altas taxas de temporalidade que persisten en Galiza. Os dados dos dous últimos anos son os seguintes:
A porcentaxe da asalariados con contrato temporal mantén-se por riba do 34%, concretamente no 34,2%, unha décima menos que no ano 2000.
As diferenzas e a evolución segundo o sexo son importantes. A taxa de temporalidade entre os homes descendeu en catro décimas no ano 2001, situando-se no 33,5%, inferior en 1,7 pontos á das mulleres que alcanza o 35,2% no ano 2001, cun medre dunha décima con respeito ao ano anterior. Xunto a estas elevadas taxas de temporalidade persisten altas taxas de desemprego en Galiza. Mália o descenso de 0,9 décimas da taxa de paro no ano 2001, esta mantén-se en valores moi altos, concretamente no 13,8%, con fortes diferenzas segundo falemos de homes ou mulleres ou dun grupo de idade ou outro.
Entre sexos as diferenzas son moi elevadas; as taxas de paro femininas case duplican as masculinas; concretamente, no ano 2001 a feminina é superior en 8,6 pontos á masculina, 18.7% e 10,1% respectivamente. Por grupos de idade, as disparidades son profundas; poden acadar case os 20 pontos entre os maiores de 45 e os menores de 29 anos. A taxa de paro dos menores de 29 anos alcanzou o 26,3% no ano 2001, sendo moito máis grave no caso das mulleres novas que dos mozos, 34,4% e 20,7% respectivamente. As mulleres e a xuventude seguen sendo os colectivos en que a lacra do paro se ceba con especial viruléncia. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Contratos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O primeiro elemento que cumpre destacar é o elevado número de contratos que se rexistraron ao longo do 2001 mália o leve incremento no número de ocupados de só un 0,07%. En total, rexistraron-se 710.258, un 1,42 máis que o ano anterior. Destes, 685.716 son novos contratos e os restantes 24.542 son contratos xa existentes que neste ano foron convertidos en indefinidos. A evolución dos tres últimos anos, segundo as distintas modalidades de contratación, amosamo-los a seguir:
No ano 2001, o 91,49% dos contratos asinados rexistraron-se baixo algunha das modalidades de contratación temporal existente; os restantes 8,51% foron contratos indefinidos. Con respecto ao ano anterior dá-se unha suba dos contratos indefinidos do 17,8%, mentres os de duración temporal apenas variaron de contia, somente se incrementaron nun 0,13%. No ano 2000, a evolución fora antagónica, os temporais medraran un 6,25% e os indefinidos desceran nun 8,12%; a explicación está nos contratos convertidos en indefinidos. Os cámbios producidos no ano 2001 con respeito á conversión en contratos indefinidos explica está situación. No ano 2000, só se podian converter en indefinidos –con bonificación ou incentivos–, os de aprendizaxe, práticas, formación e de relevo. No ano 2001 ampliou-se a todos os contratos temporais celebrados con anterioridade ao 4 de marzo do 2001. Estas modificacións explican que esta modalidade de contratación fora a que máis se incrementou ao longo do ano 2001, concretamente nun 134,13%, o que levou a que os contratos indefinidos aumentasen lixeiramente o seu peso sobre o total, concretamente 1,19 pontos. Dentro desta modalidade, conversión a indefinidos, o 44% do total proveñen de contratos eventuais por circunstáncias da produción, outro 44% se reparte entre os de obra ou servizo determinado e os a tempo parcial; o resto das modalidades son residuais. Por sexos, no 60% dos casos foron homes os que viron o seu contrato convertido en indefinido. Do resto das modalidades de contratación indefinida, é ben salientar o forte descenso dos indefinidos lei 63/97, que descenderon nun 30%. En resumo, os contratos indefinidos novos (sen ter en conta as conversións) desceron un 12% ao longo do ano 2001; se lle sumamos os convertidos a indefinidos, produciu-se un aumento do 17,79% até acadar o 8,51% do total.
Centrando-nos nos contratos temporais, asinaron-se 649.841 no ano 2001, un 0,13% máis que no ano 2000. A modalidade máis utilizada segue sendo a de por obra ou servizo determinado que copa o 32,1% do total; seguen-lles os eventuais por circunstáncias da produción co 27,35% do total mália que nestes últimos descendeu o seu número un 5,4% con respeito ao ano 2000. Os contratos a tempo parcial de duración temporal é a terceira modalidade máis empregada; no ano 2001 foron 118.928 contratos os asinados baixo esta modalidade, un 7% máis que en 2000. Estas tres modalidades acaparan o 76,2% do total dos contratos e o 83,3% dos temporais. O resto das modalidades apenas son significativas. Apesar do maior aumento do número de contratos indefinidos no ano 2001, en valores absolutos, o número é tan pequeno, que non modifica a estrutura do mercado laboral galego; de feito, as taxas de temporalidade praticamente se manteñen nos mesmos valores que o ano anterior. Xunto a estas altas taxas de temporalidade laboral dá-se unha elevada rotación do emprego destas persoas con contrato de duración determinada. Para o cálculo da rotación temos en conta o número de contratos de duración determinada rexistrados ao longo do ano 2001 (649.841) e o número de persoas con contrato temporal (234.800), o que nos dá unha média de 2,7 contrato por persoa no ano 2001. Esta alta rotación é maior no caso das mulleres, 2,94 contratos asinados ao longo do ano fronte ao 2,7 que asinaron os homes. A elevada rotación do emprego explica-se pola escasa duración dos contratos; no cadro que amosamos a continuación expomos a duración en meses dos distintos contratos de duración determinada asinados ao longo do ano 2001.
Os contratos de interinidade, que teñen por obxecto substituir a un traballador con direito á reserva do seu posto de traballo, ou para cobrir temporalmente un posto de traballo durante o proceso de selección ou promoción para a sua cobertura definitiva, na maioria dos casos non se coñece o período con exactitude, de aí que se faga por tempo indeterminado; o que, ao igual que ocorria cos de obra, desvirtua a média de duración dos contratos. Coas salvidades anteriores, o 23,3% dos contratos teñen unha duración inferior ao mes, un 13,3% duran entre 1 e 3 meses e un 14,6% entre 3 e 6 meses.
O 51,2% dos contratos feitos no ano 2001 teñen unha duración inferior ao 6 meses, o cal deixa a todos os seus asinantes, se non concatenan con outros contratos, fóra da cobertura por desemprego por non teren cotizado o tempo mínimo requerido. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A inflación no 3,6% no mes de maio | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A suba dun 0,4% do IPC no mes de maio situa a inflación no 3,6%, case o dobre das previsións oficiais do Governo para o ano 2002.
Na média comunitária o IPC situa-se no mes de abril no 2,2%, unha forte diferenza con respeito ao Estado español. As fortes subas que os prezos están experimentando nos tres últimos meses poñen en evidéncia a falta de capacidade do Governo de controlar este dado, ou a irresponsabilidade deste ao prever un incremento anual do 2%, cando é abondo irreal e xa foi denunciado desde diferentes fontes no momento en que se confeccionaban os orzamentos. Os dados últimos de inflación, evolución do PIB, paro..., van todos na mesma liña, indicando que as cousas non van tan ben.
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/09/2002 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||