1990 | | 02/04 | Constitue-se a Converxencia Intersindical Galega (CXTG-INTG). |
| 21-22/04 | IV Congreso da INTG, en Poio. Unidos no futuro. |
| 01/05 | Centenario do 1º de Maio. A Converxencia convoca mobilizacións en toda Galicia. |
| Novembro | A CIG participa no XII Congreso Sindical Mundial (FSM). |
|
1991 | | Xaneiro | Nas eleccións sindicais de 1990 a CIG acada 3.552 representantes (23,6%), cun notable incremento sobre os resultados de 1986/7 (2.359 e un 21,1%). |
| Febreiro | CIG, CCOO e UGT asinan un acordo xeral para a negociación colectiva de 1991. |
| Marzo | CIG, UGT e CCOO asinan un documento de Medidas de Política Industrial. |
| Primavera | Folga de 13 días no metal de Pontevedra. |
| 14/04 | Folga xeral en Valdeorras e Quiroga polo convenio da Lousa. |
| 12/06 | Mobilizacións unitarias de representantes sindicais en toda Galicia. |
| 10-13/07 | Asínase en Vigo, documento que establece relacións formais entre CIG e ELA-STV. |
| Verán | 42 días de folga no sector da Lousa. |
| 02/12 | Mobilización nacional en Compostela, contra o paro e pola reindustrialización, convocada polos sindicatos obreiros e labregos. |
| 17/12 | Folga xeral comarcal en Ferrol, por un Plan Integral de desenvolvemento. |
|
1992 | | 18/01 | Congreso extraordinario da CXTG en Narón. Adiante no camiño da unidade. |
| 04/03 | Asínase, no marco do Consello Galego de Relacións Laborais, o Acordo interprofesional sobre procedimentos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos, entre os sindicatos representativos e a patronal galega. |
| 02/04 | Folga xeral nacional, convocada polos sindicatos obreiros e labregos, en resposta á crise industrial, agraria e pesqueira. |
| Xuño | A CIG participa por vez primeira na Conferencia Internacional do Traballo, da OIT. |
| 02/07 | Asemblea nacional unitaria (CIG, UGT, CCOO) de representantes sindicais, en Compostela. |
| 23/10 | Asínanse os Acordos Xunta-Sindicatos (CIG,CCOO e UGT). |
| 16-17/01 | III Congreso da CXTG, en Vigo. Construir o futuro sindical. |
|
1993 | | 08/03 | Mobilizacións do Día Internacional da Muller Traballadora, as respectivas secretarías da Muller de INTG, CXTG, CCOO e UGT publican un manifesto conxunto. |
| 02/04 | Xornada pola Europa Social, convocada pola Confederación Europea de Sindicatos. A maior mobilización de Europa dáse en Vigo (40.000 participantes), convocada por CIG, CCOO e UGT. |
| 24-25/04 | Celébrase en Vigo o V Congreso da INTG. Cuestión de confianza. |
| Xuño | Folga no sector de Transporte de Viaxeiros en Pontevedra. |
| 10/11 | 5.000 persoas maniféstanse en A Coruña, convocadas pola CIG, contra a reforma laboral. |
| 27/11 | Masivas manifestacións en tódalas cidades de Galicia, convocadas pola CIG, contra a reforma laboral. |
| Novembro | A CIG participa no XXIII Congreso da Conferación Mundial do Traballo (CMT). |
|
1994 | | Xaneiro | Posta en marcha do servicio de atención a inmigrantes e emigrantes retornados. |
| 27/01 | Folga xeral no Estado contra a reforma laboral (CIG, CCOO e UGT). |
| 19/03 | I Congreso da Confederación Intersindical Galega, en Santiago. Sumando esforzos. |
| Setembro | Publícase o primeiro número de Tempo Sindical, voceiro da CIG. |
| 13-15/10 | Celebración en Vigo, organizado pola CIG, do Congreso Galego de Saúde Laboral. |
| 21-26/11 | A CIG participa no XIII Congreso da FSM, en Damasco. |
|
1995 | | Febreiro | A CIG impulsa a unidade de acción, propoñendo a Plataforma Galega de Acción Sindical. |
| Abril | Mobilizacións en Compostela e Madrid, pola chamada guerra do fletán. |
| 14/06 | Manifestación nacional en Compostela, de 3.000 representantes sindicais da CIG, en defensa do empego, de convenios en Galicia e da Plataforma Galega de Acción Sindical. |
| 1995 | Conflicto banco canario-sahariano. Folga xeral no Morrazo. |
| 25/11 | Miles de persoas mobilízanse en Santiago, convocadas pola CIG, Polo futuro de Galicia. |
|
1996 | | Xaneiro | Resultados das eleccións sindicais de 1994/5. A CIG acada 3.924 representantes (26,6%). |
| 30/01 | Constitúese o Consello Económico e Social de Galicia. |
| Outono | Dous meses de mobilizacións en As Pontes, que culminan cunha folga xeral. |
| Novembro | Peches de representantes sindicais da CIG, contra as empresas de traballo temporal. |
| Nov/Dec | Folgas e mobilizacións en defensa do sector e dos servizos públicos. |
| 14/12 | Mobilización nacional da CIG en Compostela, despois das realizadas nas principais cidades galegas, para parar as agresións á clase traballadora. |
|
1997 | | 10/03 | Mobilizacións en toda Galicia. Cúmplense 25 anos do Día da Clase Obreira Galega. |
| Abril | Inicia a súa andadura a fundación FORGA, para a formación ocupacional e continua. |
| 31/05-01/6 | II Congreso da CIG. En Galiza, no traballo, o sindicalismo máis noso. |
| 11/09 | Conferencia nacional de organización da CIG, en Santiago. |
| 26-29/11 | Celébrase en Vigo a XII Conferencia internacional da UITBB (construcción e derivados). |
|
1998 | | 14/02 | Mobilización unitaria en Compostela, en defensa das libertades fundamentais. |
| 16/05 | Mobilización en Santiago, na víspora do Día das Letras Galegas, pola total normalización do noso idioma. 5.000 galegos e galegas contra a política lingüística do PP. |
| 17-18/06 | Os sindicatos nacionalistas ELA, LAB, IC e CIG, asinan un documento de políticas comúns en Compostela. |
| 28/11 | Mobilización nacional polo emprego en Santiago. |
|
1999 | | Xaneiro | Comeza a ser operativo o Fondo de Solidariedade da CIG. |
| Marzo | Folga durante 13 dias, no sector de Transporte de Viaxeiros de A Coruña. |
| 26/05-09/06 | Folga dos traballadores das auxiliares do sector naval na provincia de Pontevedra. En Outono, segunda fase da folga, nas empresas que non cumpriron co asinado en xuño. |
|
2000 | | Xaneiro | A CIG obtén 4.182 delegados/as (25,2%) nas eleccións sindicais, a data 31/12/99. |
| 09/02 | Folga xeral en Tui, para apoiar ós traballadores de Gesrubber. |
| Marzo | Anúnciase pola CIG unha campaña contra a precariedade laboral, que se desenvolverá durante todo o ano 2000. |
| 04/04 | Conmemórase en Compostela, o X Aniversario da fundación da CIG, cun encontro nacional de representantes sindicais e unha manifestación polo traballo digno, contra a precariedade. |