Manual Básico de Economia Volver ao índice


CIG - Secretaría de Apoio Técnico / Gabinete Económico

Análise económico-financeira dunha empresa


Normalmente, as crises nas empresas xustifican-se por causas relativas á situación xeral da economia, cando na maioria dos casos veñen producidas por problemas internos que poden ser solucionados pola própria empresa; de aí que sexa necesário facer un diagnóstico da situación, para o que hai que dispoñer de información suficiente.

Para que o diagnóstico sexa completo deben-se analisar, ademais da económico-financeira, a área de organización, a comercial, a industrial e a de recursos humanos.

No que atinxe á área económico-financeira, a información vén recollida no que se denominan contas anuais, que incluen:

A información que se recolle nas contas anuais é a mínima imprescindíbel para facer o estudo, o que non exclue a existéncia doutros documentos.

Antes de entrarmos nas técnicas da análise económico-financeira, imos examinar brevemente os conceitos básicos das contas anuais.


O balanzo


O balanzo é un documento contábel que reflecte a situación patrimonial dunha empresa nun momento determinado. Esta dita situación compón-se de bens, direitos, débedas e o capital que ten a empresa nun momento dado. Os bens e direitos integran o activo do balanzo. As débedas e o capital forman o pasivo do dito balanzo.


Balanzo de situación

Activo

Pasivo

Bens (o que a empresa ten)

Capital (as contribucións dos proprietários)

Direitos (o que lle deben á empresa)

Débedas (o que a empresa debe)

O pasivo representa a orixe dos capitais. Estes capitais poden proceder de diversas fontes, as cais quedan expresadas nas diferentes partidas do pasivo:

FontesPartidas de pasivo
ProprietáriosCapital ou capital social
BancosEmpréstimos
Créditos
Outras empresasProvedores
Efeitos a pagar
Outras persoasAcredores
Obrigacionistas
Recursos xerados pola própria empresaAmortizacións
Fundos de previsión
Benefícios non repartidos
Reservas

No activo representa-se no que investiu a empresa os recursos obtidos. Os capitais da empresa poden ser investidos en:

Esquema

LugarPartidas de activo
ImobilizadoImóbeis, Terreos
Investimentos mobiliáriosValores en carteira
ExisténciasArmacén de matérias primas
Armacén de produtos rematados
ClientesClientes
Efeitos a cobrar
TesourariaCaixa
Bancos

A seguir, detalla-se un exemplo dun balanzo de situación en que se reflecten as principais partidas:

Balanzo de situación ao 31 de decembro

Activo

Pasivo

Terreos

3.000

Capital social

4.000

Maquinária

1.400

Reservas

500

Existéncias

2.000

Empréstimos L/P

1.000

Clientes

1.000

Provedores

2.000

Bancos

400

Acredores

500

Caixa

200

  
Total activo

8.000

Total Pasivo

8.000

No exemplo anterior poden-se aprezar as principais características dun balanzo de situación:


Ordenación do balanzo


No activo, normalmente, ordenan-se todos os elementos de menor a maior liquidez. A liquidez é a maior ou menor facilidade que ten un ben para converter-se en diñeiro.

A seguir enumeran-se os principais grupos patrimoniais do activo ordenados como se explicou anteriormente:

No pasivo, os elementos ordenan-se de menor a maior grao de exixibilidade. Os principais grupos patrimoniais son os seguintes:

Os capitais próprios máis o exixíbel a longo prazo forman os recursos permanentes da empresa.

A seguir, imos presentar un balanzo de situación modelo no que se resumen os elementos máis usuais agrupados por masas patrimoniais:

Balanzo de situación

-

Activo

Pasivo

Activo fixoPatrimónio neto
ImaterialCapital
PatentesReservas
Direitos de traspasoResultados de exercícios anteriores
Etc.Resultados do exercício
MaterialEtc.
TerreosPasivo fixo
ConstruciónsDébedas con entidades de crédito
MaquináriaDébedas con empresas do grupo
ou asociadas
Mobiliário
Equipos informáticosEtc.
Elementos de transporte 
Etc.
Financeiro
Accións
Empréstimos concedidos
Etc.
Activo circulantePasivo circulante
ExisténciasEmpréstimos recebidos
MercadoriasAntecipos de clientes
Matérias primasProvedores
Envases e embalaxesEfeitos comerciais a pagar
Produtos en cursoRemuneracións pendentes de pagamento
Produtos rematadosFacenda Pública acredora
Antecipos a provedoresOrganismos da S.S.
Etc.Etc.
Realizábel 
Clientes
Efeitos comerciais a cobrar
Efeitos comerciais impagados
Debedores vários
Antecipos de remuneracións
Etc.
Financeiro temporal
Accións
Empréstimos concedidos
Etc.
Dispoñíbel
Caixa
Bancos


A conta de resultados


A conta de resultados ou conta de perdas e ganáncias é un documento contábel que informa do resultado da actividade dunha empresa durante un período de tempo determinado, asi como das causas que o orixinaron.

A marcha da empresa supón a percepción duns ingresos e a realización duns gastos. Da diferenza xorde o resultado do período.

Resultados = ingresos - gastos

Cando os ingresos son superiores aos gastos, producen-se benefícios, e cando pola contra os gastos son maiores que os ingresos producen-se perdas.

Ingresos > gastos = benefícios | Ingresos < gastos = perdas

O resultado global dunha empresa é a diferenza entre os ingresos e os gastos. Porén, segundo a sua orixe, distinguen-se tres níveis diferentes de resultados: resultado de explotación, resultado financeiro e resultado extraordinário. Os dous primerios forman o resultado de actividades ordinárias.

A seguir, expón-se un exemplo de presentación dunha conta de resultados en que se reflecten algunhas das contas máis comunmente utilizadas:

Conta de resultados

-

Resultado explotación

Gastos

Ingresos

Variación de existénciasVendas
Produtos rematados (diminución)Variación de existéncias
Produtos en curso (diminución)Produtos rematados (aumento)
Consumo de mercadoriasVariación de existéncias
Compra de mercadoriasProdutos en curso (aumento)
Variación de mercadorias (diminución)Ingresos acesórios
Consumo de matérias primasArrendamentos
Compras de matérias primasComisións
Variación de matérias primas (diminución)Subvencións
Gastos de persoal 
Salários
Seguridade Social
Outros gastos sociais
Servizos exteriores
Arrendamentos
Reparacións e conservación
Servizos profisioniais
Transportes
Primas de seguros
Subministracións
Outros servizos
TotalTotal

Benefício explotación

Perda explotación

-

Resultado financeiro

Intereses de empréstimosDevidendos
Desconto sobre vendas por pronto pagamentoIntereses
Outros gastos financeirosDesconto en compras por pronto pagamento
Perdas de investimentos financeiros temporaisBenefícios de investimentos financeiros temporais

Benefícios de resultados financeiros

Perdas de resultados financeiros

-

Resultado de actividades ordinárias

Beneficios actividades Ordinárias

Perdas actividades Ordinárias

Resultados extraordinários

Perdas de imobilizado materialBenefício imobilizado material
Perdas de imobilizado imaterialBenefício imobilizado imaterial
Perdas de imobilizado financeiroBenefício imobilizado financeiro
Gastos extraordináriosIngresos extraordinários

Resultados Extraordinarios (benefícios)

Resultados Extraordinarios (perdas)

-

Perdas e ganáncias

Benefícios

Perdas

Hai que ter en conta que unha operación contábel ten como mínimo duas leituras ou efeitos diferentes.

Nunha venda a crédito, por un lado produce-se un ingreso e por outro un direito de cobro sobre un cliente. O ingreso reflecte-se na conta de perdas e ganáncias como venda de mercadorias, mentres que o direito de cobro se reflecte no balanzo.

Se compramos mobiliário pagando-o mediante un cheque bancário, temos que, por unha banda, aumenta o valor do mobiliário e, por outra, descende o saldo das contas bancárias. Tanto o mobiliário como o saldo da conta bancária figuran no balanzo, polo que este movimento non afecta á conta de perdas e ganáncias.

Como vemos no exemplo anterior, unha mesma operación pode afectar simultaneamente o balanzo e a conta de perdas e ganáncias, pero isto non ten porque pasar necesariamente.

Só cando a operación afecta á conta de perdas e ganáncias varia o património neto da empresa, xa que este cámbia en función dos benefícios ou perdas do exercício. (O património neto tamén pode variar como consecuéncia de ampliacións ou reducións de capital, ou por subvención que poida receber a empresa, pero isto xa non forma parte da actividade da empresa).

Deste xeito, cada documento achega información diferente ainda que complementária. As principais características resumimo-las a continuación:

Balanzo de situación

Conta de perdas e ganáncias

Informa da situación patrimonial.

Informa da xestión económica.

Fai referéncia a un momento dado.

Fai referéncia a un período de tempo.

Informa de bens, obrigas e direitos nese momento.

Informa dos ingresos e dos gastos nese período.

Calcula o valor patrimonial

Calcula o resultado.

Património neto = bens + direitos - obrigas

Resultado = ingresos - gastos

Presenta-se estruturado en masas patrimoniais.

Presenta-se estruturado por tipo de resultados.

Pola diferenza entre o valor patrimonial entre o início e o final do período, permite calcular o resultado, pero non informa de como se xerou ese resultado. Do que si informa é de como variou cada elemento patrimonial.

Informa de como se foi xerando o resultado e de como provocou cámbios na estrutura patrimonial.

O resultado obtido descrito anteriormente corresponde ao resultado antes dos impostos, os cais son considerados como un gasto para a empresa. Unha vez restados estes impostos, o resultado neto, ademais de reflectir-se na conta de perdas e ganáncias, tamén debe figurar no balanzo de situación para expresar a variación do património neto xerada nese período. Hai que ter en conta que:



Memória


A memória é un documento anexo que complementa a información facilitada tanto pola conta de perdas e ganáncias como polo balanzo de situación. Entre outra información, inclue:

Empresa A 
Benefícios obtidos

80

A repartir (dividendos)

50

A impostos

24

A reservas

6

Empresa B 
Benefícios obtidos

80

A repartir (dividendos)

20

A impostos

24

A reservas

36

Mentres a empresa A reparte entre os seus propietários praticamente a totalidade dos seus benefícios (83,3%), deixando só en reserva un 7,5% do total destes, a empresa B reparte entre os seus accionistas un 25%, mantendo unha parte importante en reservas (un 45%), que pode destinar, nun futuro, a novos investimentos..., sen ter que recorrer ao endebedamento, autofinanciando a empresa.


Análise económico-financeira


Até o de agora, intentou-se descreber os documentos contábeis de que dispón a contabilidade xeral, pero a interpretación e a análise destes documentos non é da sua responsabilidade. Esta tarefa corresponde-lle á análise de balanzos.

Facendo un símil coa medicina, a contabilidade responsabilizaria-se de facer as radiografias, as análises... achegando información acerca do estado do paciente, e seria o médico a posteriori quen con esa información fixese un diagnóstico. Esta é a función da análise do balanzo nunha empresa.

A análise de balanzos facilita unha série de instrumentos para facer o dito diagnóstico, entre os que destacan:



Cálculo de porcentaxes

Cando o balanzo de situación xa está ordenado e preparado para a sua análise, empeza-se polo cálculo das porcentaxes. Para isto, calcula-se o que representa cada grupo patrimonial en relación ao total do activo e do pasivo respectivamente.

A seguir detalla-se un balanzo coas suas porcentaxes calculadas:

Balanzo de situación

-

Activo

Pasivo

 

Millóns pta

%

 

Millóns pta

%

Fixo

45

58

Fundos próprios

22

29

Existéncias

18

23

Exixíbel a longo prazo

10

13

Realizábel

8

11

Exixíbel a curto prazo

45

58

Dispoñíbel

6

8

   
Total

77

100

Total

77

100

Unha vez calculadas estas porcentaxes, xa se poden obter as primeiras conclusións através duns princípios xeralmente aceitados –ainda que existen diferenzas segundo a que sector pertence cada empresa– e que pasamos a expoñer a continuación:

No que atinxe á primeira condición, estima-se que, se os valores están dentro destes parámetros, a empresa non ten por que ter problemas de liquidez, xa que parte ou todas as existéncias están financiadas con recursos permanentes; ou o que é o mesmo, entre o que dispón en caixas e bancos e o que lle deben a curto prazo. Fai frente ao pasivo circulante sen ter que desfacer-se de existéncias.

A segunda condición mide se a empresa está ou non moi endebedada.

No exemplo que vimos ao princípio deste apartado, a empresa presenta a seguinte situación:

Para evitar a suspensión de pagamentos a empresa deberia:


Representacións gráficas

Coa representación gráfica chega-se ás mesmas conclusións que co cálculo de porcentaxes, pero permite obter unha visión máis clara dos problemas.

Partindo dun rectángulo dividido en duas partes iguais e considerando que a altura do rectángulo é 100, xa se poden introducir as porcentaxes calculadas. Seguindo co exemplo anterior:

Fixo 58%

 

Non exixíbel 29%

 
 
 

Exixíbel LP 13%

 

Exixíbel CP 58%

 

Existéncias 23%

 
 

Realizábel 11%

 

Dispoñíbel 8%

 

As conclusións son as mesmas que no cálculo de porcentaxes pero, fixando-nos no cadro, ve-se a primeira vista como o activo circulante (existéncias + realizábel + dispoñíbel) é inferior ao pasivo circulante ou exixíbel a curto prazo, incumprindo claramente o primeiro princípio exposto con anterioridade, o cal, como xa dixemos, antecipa os problemas de liquidez que debe de padecer a empresa.

No que atinxe ao segundo princípio, ve-se tamén no gráfico como o non exíxibel ou fundos próprios son moi inferiores ao 40% do total do pasivo, e polo tanto a empresa está excesivamente endebedada.

É interesante, cando se fai a análise dunha empresa, comparar os estados patrimoniais ao longo de polo menos os tres últimos anos, para ver como evolucionan os principais grupos patrimoniais no tempo.


Cálculo de rátios

A análise económico-financeira dunha empresa através dos rátios é o instrumento máis utilizado. Un rátio ou índice non é máis que un número expresado en termos doutro que se toma por unidade.

Estes índices permiten comparacións que non é posíbel facer mediante cifras absolutas. Dicer, por exemplo, que unha empresa A obtivo uns benefícios de 10 millóns de pesetas, en tanto que outra B da mesma rama obtivo 50 millóns, sen saber o activo que investiu cada unha para obter estes benefícios, non nos di nada. Porén, se falamos de rendibilidade, si nos é posíbel facermos un xuízo comparativo.

Os rátios son pois uns instrumentos de análise que non substitúen o xuízo do analista pero que axudan a formá-lo.

Apesar de que a cada rátio se lle asigna un valor estándar, estes son orientativos, e como tal debemos tomá-los. Ademais de comparar un rátio co seu valor estándar, debemos compará-lo:

Para a análise económico-financeira dunha empresa através dos rátios, utilizan-se tanto dados extraídos do balanzo como da conta de resultados.

Imos dividir a análise entre económica e financeira, facendo referéncia por último á información extraída da conta de resultados que xa de seu ten releváncia.


Análise económica


O obxectivo da análise económica dunha empresa é determinar a rendibilidade desta.

Desde un ponto de vista puramente económico, o fin principal dunha empresa é maximizar a rendibilidade dos capitais investidos nela, quer dicer, non se trata de maximizar os benefícios, senón a relación existente entre os benefícios obtidos e os capitais investidos nela.

Exemplo: Duas empresas, A e B. A empresa A obtén uns benefícios de 100 e a empresa B uns de 200. En aparéncia a empresa B ten uns mellores resultados ou é máis atractiva que a empresa. Mais imos coñecer os capitais investidos en cada unha delas para estabelecer a relación. Supoñamos que na empresa A se investiron uns capitais de 200 e na empresa B de 800 unidades monetárias; entón vemos que a empresa A é máis rendíbel que a empresa B, xa que a relación “benefícios / capitais investidos “ é menor. Segundo os dados do exemplo anterior, por cada 100 unidades investidas na empresa A poden-se obter 50 de rendas, mentres que na empresa B só se obteñen 25 unidades.

Esta é a expresión matemática da rendibilidade:

 

Benefício total

Rendibilidade =


 

Capitais investidos

O significado desta expresión é a cantidade de benefícios obtidos por cada peseta investida. Normalmente esta expresión reflecte-se en porcentaxe, para o que abonda con multiplicar a expresión anterior por 100. Disto resulta:

 

Benefício total

 
R =


x 100

 

Capitais investidos

 

Aplicando só datos do exemplo anterior resultaria:

Empresa A:

 

100

 
R =


x 100 = 50%

 

200

 

Empresa B:

 

200

 
R =


x 100 = 25%

 

800

 

Vemos como na empresa A por cada 100 pesetas investidas se obteñen 50 de benefícios, mentres que na B só se obteñen 25 por cada 100 investidas, o cal marca claramente que a empresa A é máis rendíbel.

É importante distinguir entre tres clases distintas de rendibilidade: rendibilidade dos capitais totais, rendibilidade dos capitais próprios da empresa e rendibilidade do accionista.

A rendibilidade dos capitais totais ou rendibilidade económica (RE) relaciona os capitais totais existentes na empresa cos benefícios obtidos por esta. Neste caso utilizan-se os benefícios antes de intereses e impostos. Os dados para facer a fórmula obtemo-los da conta de resultados (benefícios) e do balanzo. Que o valor sexa máis alto valor indica que se utilizan menos recursos de activo para obter os benefícios.

A expresión matemática é a seguinte:

 

Benefício AII

 
Rendibilidade económica (%) =


x 100

 

Capitais totais

 

A rendibilidade dos capitais próprios ou financeira (RF) relaciona a capitais próprios ou fundos próprios cos benefícios netos obtidos. Mide a rendibilidade do investimento dos proprietários da empresa. En princípio hai que partir de idea de que o financiamento externo debe ser o menos posíbel ainda a custa de reducir os benefícios sempre que a rendibilidade financeira aumente. Este rátio mide a rendibilidade propriamente dita, e é polo que os sócios miden a evolución do seu investimento.

A expresión matemática é a seguinte:

 

Benefício total

 
Rendibilidade financeira (%) =


x 100

 

Capitais própios

 

A rendibilidade do accionista (RA) relaciona os benefícios repartidos como dividendos cos capitais realmente achegados polos sócios.

A expresión matemática é a seguinte:

 

Dividendo

 
Rendibilidade accionista (%) =


x 100

 

Cap. desembolsado + prima de emisión

 

Un exemplo. Supoñamos unha empresa que ten un valor de 370 investidos en bens de activo. O financiamento deses bens fixo-se da seguinte forma: 230 con capitais próprios entre capital social, prima de emisión e reservas; 100 con recursos alleos e 40 cos benefícios obtidos no ano. O balanzo é o seguinte:

Activo

Pasivo

Circulante

150

Capital social

90

Imobilizado

230

Reserva Prima de Emisión

30

  Reservas

110

  Recursos alleos

100

  Benefícios

40

    
Total

370

Total

370

O beneficio repartiu-se da seguinte forma:

Dividendo

25

Reservas

9

Impostos

6

Total

40

Os rátios económicos que miden a rendibilidade desta empresa serian:

a) Rendibilidade económica

 

40

 
Re =


x 100 = 10,81%

 

370

 

O que significa que por cada 100 pesetas investidas en activos obtiveron-se 10,81 de benefícios.

b) Rendibilidade financeira

 

40

 
Rf =


x 100 = 17,39

 

230

 

O rátio anterior significa que por cada 100 pesetas que os sócios investiron na sociedade obtiveron unha rendibilidade de 17,39 pesetas.

c) Rendibilidade do Accionista

 

25

 
Ra =


x 100 = 20,83%

 

90 + 30

 

Este rátio mide o que percebe cada accionista por cada 100 pesetas investidas.

En calquera dos casos o importante é facer o seguimento das rendibilidades durante vários anos para poder facer un diagnóstico, xa que un ano por si só non di nada, pois os resultados dun ano poden-se deber a causas extraordinárias.



Análise financeira


A análise económica dunha empresa está intimamente ligada á financeira. Segundo optemos por unha forma ou outra de financiamento, pode conducir a un incremento ou unha diminución da rendibilidade financeira, que en definitiva é o que interesa aos sócios ou proprietários.

Através da análise financeira medimos a liquidez, solvéncia ou autonomia dunha empresa. A análise financeira responde a preguntas tais como:

Ainda que, como dixemos, os aspectos económicos e financeiros dunha empresa van intimamente ligados, poden ser frecuentes os casos en que unha empresa en situación económica boa estea apurada desde o ponto de vista financeiro, e viceversa.

Supoñamos unha empresa co balanzo seguinte:

Activo

Pasivo

Imobilizado

80

Capitais próprios

20

Realizábel

15

Exixíbel a longo prazo

10

Dispoñíbel

5

Exixíbel a curto prazo

40

  Benefício

30

Total

100

Total

100

Se examinamos a situación económica da empresa, vemos que é moi boa. A rendibilidade dos capitais próprios é do 150%. Sen embargo, desde o ponto de vista financeiro, a situación é pésima, xa que a curto prazo vencen-lle compromisos por valor de 40; para facer frente a estes só dispón de 5 imediatamente (dispoñíbel), e 15 que pode realizar en breve prazo (realizábel). Para afrontar esta situación ten que vender parte do seu imobilizado, co cal reduce a capacidade de produción futura e polo tanto a rendibilidade económica. Tamén pode chegar a acordos cos provedores para pagar en prazos máis longos ou recorrer a un crédito, mais estas situacións, se non se prevén, poden levar á empresa por maos vieiros.

Tamén se pode dar o caso contrário. Unha empresa cunha desastrosa situación económica e con boa estrutura financeira, situación esta que é pouco duradeira.

Para analisarmos a situación financeira dunha empresa existen múltiples rátios segundo queiramos aprofundar máis ou menos na análise. Neste caso, imo-nos centrar nos 4 máis utilizados, os cais xa nos dan unha idea bastante clara da situación financeira e polo tanto de certas medidas que se deben tomar. Son os seguintes:


Rátio de garantia

O rátio de garantia mide a capacidade da empresa de facer frente ás suas obrigas desde o ponto de vista patrimonial.

A expresión matemática é:

 

Activo total

Garantia =


 

Pasivo exixíbel

Para ser máis rigorosos na análise, recomenda-se utilizar o activo real en vez do total, quer dicer, eliminar do activo total o activo fictício, ou sexa, aqueles gastos como os de constitución que contabelmente se situan no activo pero que na prática non teñen contrapartida tanxíbel, isto é, non se poden nen embargar nen vender.

Recomenda-se que o valor deste rátio estea comprendido entre 1,5 e 2,5. Canto maior sexa a diferenza entre o activo real e o pasivo exixíbel máis solvente será a empresa. Se se aproxima á unidade quer dicer que os valores do numerador e do denominador son praticamente idénticos, o que significa que case todo o activo está financiado con recursos alleos. Se é inferior a 1, significa que as débedas son maiores que o activo real, ou, o que é o mesmo, que nen vendendo todo o seu património lle chega para pagar as débedas, isto implica quebra técnica.


Rátio de liquidez ou solvéncia

Mide o grao de cobertura do activo circulante con respeito ao pasivo ou exixíbel a curto prazo. Canto maior sexa o rátio, máis seguridade hai de afrontar as débedas a curto prazo.

Define-se:

 

Activo circulante

Liquidez =


 

Pasivo circulante

O seu valor ideal depende do sector económico no que opere a empresa. Como regra xeral admite-se unha oscilación entre 1,5 e 2.

Se o valor é moi inferior a 1,5, e sobre todo inferior a 1, significa que a empresa non ten activos suficientes a curto prazo para facer frente ás débedas contraídas no mesmo prazo, o que implica suspensión técnica de pagamentos.


Rátio de tesouraria

A función deste rátio é comparar as débedas a curto prazo coas partidas do activo circulante que son total ou case totalmente líquidas.

A expresión matemática é a seguinte:

 

Dispoñíbel + Realizábel

Tesouraria =


 

Pasivo circulante

Non existe un valor ideal para este rátio, pero recomenda-se que o seu valor se aproxime á unidade, de xeito que as obrigas de pagamento a curto prazo queden cobertas, co que a empresa ten dispoñíbel en caixas e bancos máis o que pode facer líquido nun prazo curto de tempo, através da venda das existéncias.

Se unha empresa ten un rátio de liquidez correcto, pero un rátio de tesouraria moi reducido, pode ter perigo de suspender pagamentos, xa que nalguns sectores as existéncias son moi difíceis de facer líquidas.


Rátio de endebedamento

Define-se:

 

Pasivo exixíbel

Endebedamento =


 

Total pasivo

Mide a proporción entre as débedas da empresa e o total do pasivo. O valor do rátio recomenda-se que se situe entre 0,4 e 0,5, quer dicer, que o pasivo exixíbel sexa máis ou menos a metade do total do pasivo. Se é moi superior, a empresa está fortemente endebedada coa conseguinte perda de autonomia frente a terceiros.

Hai outro dato que influe na situación financeira dunha empresa e que matiza en certa manera os rátios de tesouraria e liquidez. Trata-se do ciclo de maduración ou ciclo de caixa.


Ciclo de maduración ou ciclo de caixa

O ciclo de maduración ou ciclo de caixa é o prazo, en dias, que transcorre entre que se compran as matérias primas até que se cobran dos clientes, pasando por produción, armacenamento e venda. Isto significa que nunha empresa, normalmente, existe un período no ciclo no que o único que fai é investir fundos (compra de matérias primas, soldos, outros gastos, etc.), até que ao final do ciclo empeza a recuperar co pagamento de clientes.

Se se trata dunha empresa comercial, ao non ter produción, o ciclo comeza cos stocks de produtos rematados. Nas empresas de servizos esta análise non se pode facer xa que non teñen stocks.

Segundo o ciclo de caixa sexa positivo ou negativo as necesidades de tesouraria son distintas. Cando o prazo de pagamento á provedores é maior que o tempo que se tarda até cobrar dos clientes e, polo tanto, o ciclo de caixa é negativo, non é tan grave que o rátio de tesouraria sexa incorrecto, xa que a empresa fináncia o ciclo cos provedores. O caso contrário significa que tes que ter un rátio correcto se non queres que surxan problemas.

O ciclo de caixa calcula-se:

 

Ciclo
de Caixa

=

Nº de dias de
armacenamento
de matérias
primas

+

Nº de dias de
armacenamento
de produtos
en curso

+

Nº de dias de armacenamento
de produtos rematados

+

Prazode cobro
a clientes

+

Prazo de pagamento a provedores

 

Os rátios calculan-se:


Prazo de armacenamento das matérias primas:

Prazo de

Stock de matérias primas

 
armacenamento de =


x 365 dias

matérias primas

Compras

 

Asi calculamos o número de dias que, como média, están armacenadas as matérias primas.


Prazo de armacenamento dos produtos rematados ou existéncias:

Prazo de

Stock de productos rematados

 
armacenamento dos =


x 365 dias

productos rematados

Custo das vendas

 

Neste caso dividimos os stocks polo custo das vendas, xa que nestes stocks están valorados os prezos de custo. Para calcular o custo das vendas, existe un método indirecto de facé-lo, que, mália non ser preciso ao cento por cento, está maioritariamente aceitado. Á variación de existéncias (existéncias iniciais - finais) suma-se o valor das compras.


Prazo de cobro:

 

Clentes + Efeitos comerciais a cobrar

 
Prazo de cobro =


x 365 dias

 

Vendas

 

Asi calculamos o número de dias que, como média, tardan os clientes en lle pagaren á empresa.


Prazo de pagamento:

 

Provedores

 
Prazo de pagamento =


x 365 dias

 

Compras

 

Através deste rátio calculamos o número de dias que, como média, a empresa tarda en lles pagar aos clientes.

Unha vez calculados todos estes rátios, podemos calcular o ciclo de caixa dunha empresa. Supoñamos o exemplo seguinte. Unha empresa facilita-nos os seguintes dados:

Número de dias de armacenamento das matérias primas

28

Número de dias que dura a produción

20

Número de dias de armacenamento dos productos rematados

30

Prazo de pagamento a provedores15
Prazo de cobro a clientes60

Con estes dados, o ciclo de caixa seria:

28 + 20 + 30 + 60 - 15 = 123 dias

Co cal, esta empresa tarda 123 dias entre os primeiros desembolsos de explotación e os cobros dos clientes, o que implica que ten que ter unha boa situación de tesouraria se non quer chegar a unha suspensión de pagamentos.

No exemplo que poñemos a continuación a situación é a inversa. Supoñamos que estes son os dados que facilita un supermercado; neste caso non hai produción, unicamente armacena os produtos:

Número de dias de armacenamento dos productos rematados

15

Prazo de pagamento a provedores

45

Prazo de cobro a clientes

00

Neste caso, o ciclo de caixa é:

15 - 45 = - 30 días

Dado que o ciclo de caixa é negativo, obtén-se máis financiamento dos provedores do que se necesita, co cal, ainda que os rátio de tesouraria e solvéncia non estean dentro dos límites recomendados, non haberia problemas de liquidez na prática, ao pagaren os clientes antes de rematar os prazos de pagamento a provedores.


A conta de resultados

Até o de agora, para a análise económico-financeira dunha empresa, só utilizamos os resultados (benefícios ou perdas) da conta de resultados. Porén, cando queremos estudar a situación dunha empresa, é importante analisarmos outros dados que se reflecten na conta de resultados e que nos din a riqueza que pode xerar unha empresa.

Duas empresas coas mesmas vendas poden ter contas de resultados ou explotación totalmente distintas. Unha pode ter uns gastos en compras moi elevados, co cal a maior parte dos ingresos leva-na os provedores, mentres que outra gasta pouco en compras, polo que a maioria dos ingresos quedan na empresa. Necesitamos, polo tanto, un dado homoxéneo que nos permita facer comparacións. Este instrumento contábel é o valor engadido.

O valor engadido podemo-lo definir como a riqueza xerada pola própria empresa. Calcula-se restando-lles aos ingresos totais da empresa as cantidades pagadas polas compras de matérias primas, matérias auxiliares...

O valor engadido distribue-se entre amortizar o capital, pagar-lles aos traballadores, pagar intereses e outras cargas financeiras, impostos e beneficios. Asi, a partir da conta de resultados, podemos elaborar o seguinte estado de resultados:

 

Vendas netas e outros ingresos

+

Subvencións á explotación

  

=

Valor da produción

Valor da produción

Compras netas

Gastos externos e de explotación

=

Valor engadido da Empresa

Valor engadido da empresa

Gastos de persoal

  

=

Resultado bruto de explotación

Resultado bruto de explotación

+

Ingresos financeiros

Gastos financeiros

=

Resultado das actividades ordinárias

Resultado das actividades ordinárias

+

Benefícios de inmobilizado e ingresos excepcionais

Perdas de inmobilizado e gastos excepcionais

=

Resultado antes de impostos

Resultado antes de impostos

Imposto de sociedades

  

=

Resultados despois de impostos (Benefícios ou perdas)

 

Con esta clasificación vemos como vai afectando cada unha das partidas ao resultado da empresa. Nesta distribución ve-se claramente como o valor da produción dunha empresa non é un dado tan significativo para o seu estudo; xa que, se ten un valor de produción alto, pero ao mesmo tempo ten un gasto en compras tan alto que dea como resultado un valor engadido negativo, a empresa encontra-se nunha situación crítica, pois non dispón de fundos para facer frente ao resto dos gastos. Se, pola contra, o resultado negativo se produce en resultado de actividades ordinárias, terá a empresa que ver como influe a forma de financiamento utilizado no resultado da empresa, pois ao mellor ten que reducir débedas e aumentar fundos próprios para regularizar a situación.

Pode acontecer que a empresa nese ano vendera algun imobilizado ou tivera un ingreso ou gasto extraordinário forte que afectase de forma notória a conta de resultados e se incrementase ou diminuíse moito o resultado antes de impostos. Como é normal, isto non se debe ter en conta cando analisamos a traxectória dunha empresa, xa que normalmente o resultado desaparece coa causa que o provoca, a cal normalmente só se produce nun exercício.Volver ao índice


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/2/99