Manual Básico de Economia Volver ao índice


CIG - Secretaría de Apoio Técnico / Gabinete Económico

Caso prático



Balanzo da empresa

-
Conceito

Período 1

Período 2

Diferenza
2 - 1

Activo
Imobilizado material

90.000

116.000

26.000

 Edifícios

35.000

40.000

5.000

 Maquinária

50.000

70.000

20.000

 Mobiliário

5.000

6.000

1.000

Amortizacións

-27.000

-39.000

-12.000

Imobilizado neto

63.000

77.000

14.000

Realizábel

36.500

47.000

10.500

 Matérias primas

3.500

4.500

1.000

 Fabricación en curso

8.000

10.000

2.000

 Produtos rematados

12.000

15.000

3.000

Clientes

13.000

17.500

4.500

Dispoñíbel

500

1.000

500

 Bancos

400

900

500

 Caixa

100

100

Activo Total

100.000

125.000

25.000

 
Pasivo
Fundos próprios

30.500

75.400

44.900

Capital

15.000

45.000

30.000

Reservas

5.000

15.000

10.000

 Legal

1.000

6.500

5.500

 Voluntária

4.000

8.500

4.500

Exixíbel

69.500

49.600

-19.900

Exixíbel a longo prazo

10.000

20.000

10.000

Exixíbel a curto prazo

59.500

29.600

-29.900

 Provedores

15.000

16.000

1.000

 Créditos bancários

40.000

10.000

-30.000

 Acredores

4.500

3.600

-900

Total Pasivo

100.000

125.000

25.000


Conta de resultados

-
Conceito

Período 1

Período 2

Vendas

100.000

125.000

 Compras de matérias primas

-40.000

-50.000

Valor engadido

60.000

75.000

 Gastos de persoal

-36.000

-45.000

Marxe bruta

24.000

30.000

 Gastos externos

-10.000

-12.500

Result. activ ordinárias

14.000

17.000

 Gastos financeiros

-3.500

-2.100

Benefício antes de impostos

10.500

15.400

 Imposto de sociedades

-3.150

-4.620

Resultado neto do exercício

7.350

10.780


Cálculo de porcentaxes


A división tanto do activo como do pasivo en porcentaxes é a seguinte:

 

Ano 1
%

Ano 2
%

  

Ano 1
%

Ano 2
%

Imobilizado

63,0

61,6

Fundos próprios

30,5

60,3

A Circulante

37,0

38,4

Exixíbel L/P

10,0

16,0

 Existéncias

23,5

23,6

Exixíbel C/P

59,5

23,7

 Realizábel

13,0

14,0

 
 Dispoñíbel

0,5

0,8

Unha vez calculadas as porcentaxes e analisadas, chegamos ás seguintes conclusións:

En resumo, a empresa -cos axustes que levou a cabo no segundo ano- non presenta problemas de liquidez, xa que parte das existéncias están financiadas con recursos permanentes. Ademais, presenta un escaso endebedamento segundo se desprende da segunda condición.


Representación gráfica


Ano 1

A. Fixo 63%

 

Fondos própios 30,5%

 

 

 

Exixíbel LP 10%

 

Exixíbel CP 59,5%

 

Existéncias 23,5%

 

 

Realizábel 13%

 

Dispoñíbel 0,5%

 

Ano 2

A. Fixo 61,6%

 

Fondos própios 60,3%

 

 

 

 

 

Existéncias 23,5%

 

Exixíbel LP 16%

 

Realizábel 14%

 

Exixíbel CP 23,7%

Dispoñíbel 0,8%

 

No gráfico anterior, ve-se con claridade o exposto anteriormente. Reflecte-se como dun ano para outro a empresa mellorou a sua situación. Mentres no ano 1 non cumpria nengunha das condicións antes expostas, no ano 2 a situación é correcta: o exixíbel a curto prazo é moi inferior ao activo circulante e os fundos próprios incluso están por riba dos límites recomendados.


Cálculo de rátios


Análise económica

Rendibilidade económica

 

Benefícios antes de intereses e impostos

 
Rendibilidade económica =


x 100

 

Activo total

 

 Ano 1 = 14.000 / 100.000 x 100 = 14%

Ano 2 = 17.500 / 125.000 x 100 = 14%

Vemos que a rendibilidade económica non varia dun ano para outro apesar do incremento dos beneficios. Isto debe-se a que, ao mesmo tempo que aumentaron os benefícios, aumentou o activo total da empresa na mesma proporción, co cal a rendibilidade non variou ao necesitar unha cantidade maior de investimento en activo para conseguir uns benefícios maiores.

Rendibilidade financeira

 

Benefícios netos

 
Rendibilidade financeira =


x 100

 

Capitais própios

 

Ano 1 = 7.350 / 20.000 = 36,75%

Ano 2 = 10.780 / 60.000 = 17,96%

A rendibilidade financeira descendeu fortemente dun ano para outro. Isto vén producido pola forma de financiamento adoptada no segundo ano, xa que, como vimos anteriormente, a rendibilidade económica non variou. Efectivamente, no ano 1, a empresa financiaba-se nun 60% con recursos alleos, mentres que no ano 2 a situación vira. No primeiro ano a rendibilidade que lles sacaba a empresa aos fundos alleos investidos era superior aos gastos financeiros que lles supuña, co que esta diferenza engrosaba a rendibilidade dos capitais próprios. No segundo ano, co descenso destes recursos alleos, perdeu-se esta proporción.

Análise financeira

Garantia

 

Activo total

Garantia =


 

Pasivo exixíbel

Ano 1 = 100.000 / 69.500 = 1,44

Ano 2 = 125.000 / 49.600 = 2,52

Recomenda-se que o valor deste rátio estea comprendido entre 1,5 e 2.

No caso desta empresa, ainda que no ano 1 está lixeiramente por debaixo dos límites recomendados, o cámbio de financiamento adoptado no segundo período (aumentando os fundos próprios e diminuindo as débedas) leva-nos a que a garantia que dá empresa frente aos seus acredores estea asegurada. Non existe nengun perigo de quebra.

Solvéncia

 

Activo circulante

Solvéncia =


 

Pasivo circulante

Ano 1 = 37.000 / 59.500 = 0,62

Ano 2 = 48.000 / 29.600 = 1,62

Os valores que se recomendan no caso deste rátio deben estar comprendidos entre 1,5 e 2.

No caso desta empresa, no primeiro período a situación era moi crítica. A solvéncia da empresa non estaba só fóra dos límites recomendados senón que era inferior ao 1, o que significa que tiña máis débedas a curto prazo que activos cos que lles facer frente sen vender parte do imobilizado; isto implicaba suspensión técnica de pagamentos.

No segundo período, coa ampliación de capital e a conseguinte redución de débedas a curto prazo, xa está nunha situación correcta.

Tesouraria

 

Dispoñíbel + Realizábel

Tesouraria =


 

Pasivo circulante

Ano 1 = 24.000 / 59.500 = 0,40

Ano 2 = 30.500 / 29.600 = 1,03

A tesouraria da empresa era insuficiente no primeiro período, coa reducción das débedas a curto prazo; no ano 2 xa non presenta problemas de liquidez.

Endebedamento

 

Pasivo exixíbel

Endebedamento =


 

Pasivo total

Ano 1 = 69.500 / 100.000 = 0,69

Ano 2 = 49.600 / 125.000 = 0,39

No que atinxe ao endebedamento, ainda que era moi elevado no primeiro período, coa ampliación de capital que se fixo a posteriori, incluso pode ter capital infrautilizado.

Resumindo, a situación financeira era moi deficiente no primeiro período (salvo na garantia que a empresa lles oferecia aos seus acredores), sobre todo os índices de solvéncia e tesouraria que indicaban que a empresa podia ter dificuldades para facer frente aos pagamentos nos prazos previstos. No segundo período, a situación é correcta segundo poñen de manifesto todos os rátios.


Ciclo de maduración ou ciclo de caixa

É importante calcular o ciclo de caixa para ver como este influe na situación financeira da empresa.

1 Nº de dias de armacenamento de matérias primas = Mat. primas / compras x 365
2 Nº de dias de armacenamento de produtos en curso = Prod. en curso / vendas x 365
3 Nº de dias de armacenamento de existéncias = Existéncias / Custo das vendas x 365
4 Clientes / Vendas x 365
5 Prazo de pagamento = Provedores / compras x 365

  Ano 1 Ano 2
1 3.500 / 40.000 x 365 = 31,9 4.500 / 50.000 x 365 = 32,8
2 8.000 / 40.000 x 365 = 73 10.000 / 50.000 x 365 = 73
3 12.000 / 52.000 x 365 = 84,2 15.000 / 47.000 x 365 = 116
4 13.000 / 100.000 x 365 = 47,4 17.500 / 125.000 x 365 = 51,1
5 15.000 / 40.000 x 365 = 136,8 16.000 / 50.000 x 365 = 116,8

Ciclo de Caixa = 1+2+3+4-5

Ano 1 = 31,9 + 73 + 84,2 + 47,4 - 136,8 = 99,7

Ano 2 = 32,8 + 73 + 116 + 51,1 - 116.8 = 156.1

Tanto nun ano como noutro, a empresa ten un ciclo da caixa positivo, o que quer dicer que lles paga antes aos provedores do que tarda en recuperar o investimento polo cobro a clientes; isto significa que ten que ter un bo rátio de liquidez senón quer ter problemas de pagamento nos prazos previstos e, por conseguinte, suspender pagamentos.

Dun ano para outro a situación empiorou. Xunto a un incremento no número de dias de armacenamento das matérias primas e no cobro de clientes, diminuíu o prazo que os provedores lle daban á empresa para facer frente aos pagamentos. De aí que deba axustar os prazos descritos anteriormente.

Conta de resultados

-
Conceito

Período 1

Período 2

Vendas

100.000

125.000

 Compras de matérias primas

-40.000

-50.000

Valor engadido

60.000

75.000

 Gastos de persoal

-36.000

-45.000

Marxe bruta

24.000

30.000

 Gastos externos

-10.000

-12.500

Result. activ ordinárias

14.000

17.000

 Gastos financeiros

-3.500

-2.100

Benefício antes de impostos

10.500

15.400

 Imposto de sociedades

-3.150

-4.620

Resultado neto do exercício

7.350

10.780

No que atinxe á conta de resultados da empresa, a principal variación dun ano para outro vén dado pola forte redución dos gastos financeiros, que fai que o resultado neto mellore proporcionalmente á diminución dos ditos gastos, xa que o resto dos gastos medran proporcionalmente ao incremento das vendas, co cal non afectan á variación do resultado final.

Resumindo, a situación financeira da empresa mellorou notabelmente, alcanzando unha situación satisfactória. Non obstante, o cámbio de financiamento incidiu directamente na rendibilidade dos capitais próprios, diminuindo esta.Volver ao índice


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/2/99