Manual Básico de Economia ![]()
CIG - Secretaría de Apoio Técnico / Gabinete Económico
Macroeconomia
A macroeconomia, como xa dixemos, estuda o comportamento global de todo o sistema económico e utiliza como instrumento de estudo, ao igual que a microeconomia, a oferta e a demanda. Neste caso a oferta e demanda agregada, quer dicer, non a dun ben, senón a do conxunto de todos os bens e servizos dunha economia. Asi, a política macroeconómica está integrada polo conxunto de medidas governamentais destinadas a influir sobre o comportamento global dunha economia no seu conxunto: inflación, desemprego, crecimento, déficit público, desequilíbrio exterior e tipos de cámbio.
Inflación
Pode-se definir a inflación como un aumento substancial e sustido no nível xeral de prezos. Para que haxa inflación o aumento debe ser substancial, sustido e xeral:
Sobre a inflación existen diversas teorias segundo a escola económica de que se trate:
De todos os xeitos, é moi raro que unha destas causas se dea por separado. Calquera delas pode iniciar o proceso e logo coexistiren todas xuntas.
O nível xeral de prezos expresa-se através de índices de prezos. Dado que un índice de prezos non pode comprender todos os bens e servizos existentes nunha economia, elexe-se un conxunto que se considera representativo do total.
Dos índices que adoitan utilizar-se para representar o nível xeral de prezos, os máis utilizados son o IPC (Índice de Prezos ao Consumo) ou o do deflactor do PIB (Produto Interior Bruto).
Índice de Prezos ao Consumo
O IPC é o máis utilizado. Publica-o mensualmente o INE (Instituto Nacional de Estatística) e elabora-se a partir dun conxunto de bens e servizos que se consideran representativos das compras dunha familia média. No cadro seguinte, aparecen as ponderacións ou peso das principais categorias de bens que interveñen nesta cesta:
Principais compoñentes do IPC | |
| - | |
| Compoñentes | Porcentaxes |
| Alimentación, bebidas e tabacos | 29,36 |
| Vivenda | 10,28 |
| Transporte e comunicacións | 16,54 |
| Vestido e calzado | 11,48 |
| Outros gastos de consumo | 15,26 |
| Menaxe e servizos para o fogar | 6,68 |
| Lecer, deportes, cultura e ensino | 7,27 |
| Servizos médicos | 3,31 |
| TOTAL | 100,00 |
O cadro anterior é o vixente neste momento, xa que, debido ao cámbio de hábito dos consumidores, no ano 1992 fixo-se unha modificación das contribucións de cada grupo á cesta da compra. Asi perderon peso alimentación e vivenda, ainda que alimentación segue sendo a que achega unha maior proporción, e gañan peso o resto dos gastos, sobretodo vestido e calzado, e outros gastos de consumo e servizos médicos e conservación da saúde.
Para calcular o IPC dun determinado ano, divide-se o valor da cesta do devandito ano polo valor da cesta do ano base, todo multiplicado por 100.
A inflación medida através do IPC é a taxa de variación porcentual que experimenta este índice nun período de tempo considerado.
Exemplo:
Variación do IPC | ||
| - | ||
Ano | IPC 1992 = 100 | Inflación |
1990 | 89,5 | 6,7 |
1991 | 94,8 | 5,9 |
1992 | 100,4 | 5,9 |
1993 | 105,0 | 4,6 |
1994 | 110,0 | 4,7 |
|
Deflactor do PIB
Un dos usos máis frecuentes dos índices de prezos é a comparación de agregados de cantidades valorados en distintos momentos do tempo. Asi, para saber se os salários perderon poder adquisitivo temos que ter en conta duas variábeis:
Se sabemos, por exemplo, que en 1994 facian falta 1,08 ptas para mercar os mesmos bens e servizos que en 1993 se mercaban por 1 peseta, para calcular o poder adquisitivo dos salários, teríamos que dividir os salários monetários de 1994 por 1,08. Desta forma obtemos o valor reais dos salários, isto é, os salários non en unidades monetárias, senón en termos de bens e servizos que se poden mercar con esa cantidade.
En xeral:
|
Cando calculamos o valor real dun agregado expresado en termos monetários, di-se que deflactamos ese agregado.
O deflactor do PIB é o cociente entre o PIB nominal e o PIB real expresado en forma de índice; é un índice de prezos co cal se converte unha cantidade nominal noutra real. Os nominais deflactan-se, separando a variación debida ao crecimento dos prezos da atribuída ao aumento dos factores reais.
|
A partir de aqui, para obter a inflación, por exemplo, entre 1989 e 1988 a partir do deflactor do PIB:
|
Exemplo:
Variación do IPC | ||||
| - | ||||
Ano | PIB nominal | PIB real | Deflactor PIB | Taxa de inflación |
1990 | 50.074,1 | 38.980,5 | 128,5 | 7,4 |
1991 | 54.775,2 | 39.903,1 | 137,3 | 6,9 |
1992 | 58.911,6 | 40.378,1 | 145,9 | 6,3 |
|
|
Ocorre o mesmo que para o IPC, ou sexa, cando os decimais son maiores de 0’5, tomamos o valor seguinte. Neste caso, 6’9.
Ademais do IPC, o deflactor do PIB é o índice de prezos que máis se utiliza para medir a inflación. As diferenzas entre ambos son as seguintes:
Desemprego
Considera-se desempregado ou parado unha persoa con idade para traballar e capacidade para facé-lo, que, buscando activamente emprego, non o encontra.
Para medir o desemprego, ademais da información que facilitan os censos de povoación, existen na maioria dos países, incluído o estado español, duas fontes estatísticas que facilitan esta información:
Rexistro de parados. No estado español o rexistro de parados corre a cargo do INEM (Instituto Nacional de Emprego). Os parados rexistrados son aquelas persoas que declaran que non teñen un posto de traballo e que estarian dispostos a aceitar o primeiro emprego dispoñíbel. Este rexistro é principalmente un meio para instrumentar a política de protección ao desemprego.
Enquisa de Povoación Activa. É a enquisa sobre o mercado de traballo que se fai no estado español. Elabora-a trimestralmente o INE (Instituto Nacional de Estatística) e toma como referéncia a semana anterior á de elaboración da enquisa para clasificar as persoas. As definicións están baseadas nas recomendacións da OIT (Organización Internacional do Traballo) e diferéncian-se as seguintes categorias:
Dunha forma máis resumida temo-lo no seguinte cadro:
Povoación maior de 16 anos | ||||||
| - | ||||||
| Activos | Ocupados | Asalariados (ou que traballan por conta allea) | Asalariados do sector público | |||
| Asalariados do sector privado | ||||||
| Que traballan por conta própria | Empresários sen asalariados | |||||
| Empresários con asalariados | ||||||
| Traballadores independentes | ||||||
| Membros de cooperativas | ||||||
| Axudas familiares | ||||||
| Outra situación | ||||||
| Parados | Que buscan primeiro emprego | |||||
| Que xa traballaron | ||||||
| Inactivos | Estudantes | |||||
| Os seus labores | ||||||
| Xubilados, retirados | ||||||
| Fan traballos de tipo benéfico | ||||||
| Incapacitados para traballar | ||||||
| Outra situación | ||||||
| Povoación contada á parte | ||||||
Cos dados que nos facilita a EPA, permite-se-nos calcular as taxas de actividade e paro:
Taxa de actividade: é o cociente entre o número total de activos e o total da povoación en idade de traballar.
|
Taxa de paro: é o cociente entre o número de parados e o de activos.
|
Se queremos calcular estas taxas para un grupo de idade determinado ou un sexo específico, collemos os valores dese grupo. Exemplo, se queremos calcular a taxa de paro entre a povoación de 19 a 24 anos, dividimos o número de parados nese intervalo entre o número de activos dese mesmo intervalo.
Crecimento
A macroeconomia estuda as causas do crecimento da produción. A taxa de crecimento é a taxa porcentual do aumento do conxunto total de bens e servizos producidos por unha economia -isto é, do PNB (Produto Nacional Bruto)- ao longo dun período de tempo determinado.
A medición da actividade económica é posíbel mercé á Contabilidade Nacional. Dos distintos agregados que recolle a contabilidade nacional o máis significativo é o Produto ou Renda Nacional.
O PN (Produto Nacional) é o valor a prezos de mercado dos bens e servizos finais producidos por unha economia durante un período de tempo determinado, normalmente un ano.
A RN (Renda Nacional) é a suma das rendas (salários, benefícios, alugueres, intereses...) percebidas polos suxeitos da comunidade con motivo da sua participación no proceso produtivo, durante o mesmo período de tempo.
O PN e a RN son duas magnitudes moi similares, xa que o valor da produción dos bens e servizos percebidos polas empresas ao venderen a produción reparte-se por parte destas en forma de salários, benefícios empresariais... (RN), entre os distintos membros da sociedade.
Para medir o produto nacional, ainda que o método que parece máis doado e apropriado é o de sumar a produción de todas as empresas existentes nun país, isto non é posíbel xa que na produción final dunha empresa utilizan-se bens intermédios que foron producidos por outras empresas, co cal estaríamos contabilizando-os duas veces; por iso o que se fai é incluir só o valor engadido que xera cada empresa. O valor engadido é a diferenza entre os ingresos que se obteñen pola venda da produción e as cantidades que se pagan polos bens intermédios e as matérias primas.
Exemplo:
Etapa da | (1) | (2) | (3) |
| Bens intermédios | |||
| Trigo | 5 | 0 | 5 |
| Fariña | 15 | 5 | 10 |
| Pan por xunto | 25 | 15 | 10 |
| Ben final | |||
| Pan polo miúdo | 36 | 25 | 11 |
| TOTAL | 36 | ||
No cadro anterior temos un proceso de produción sinxelo, que é a produción dunha barra de pan. A primeira fase é cando o agricultor lle vende o trigo ao muiñeiro por 5 ptas. A segunda consiste en moer o trigo para o converter en fariña; o valor da fariña pasa a ser de 15 ptas, o que supón que o valor que se engade nesta segunda fase (3) é de 10 ptas. Na terceira a fariña converte-se en pan e o valor pasa a ser de 25 ptas, o que supón un valor engadido nesta fase doutras 10 ptas. Xa na última fase, que é a venda polo miúdo, cobra-se pola barra de pan 36 ptas, co cal o valor engadido que se xera aqui é de 11 ptas.
Como vemos, o valor final do prezo do pan é igual á suma dos valores engadidos nas distintas fases. Isto é o único que cumpre ter en conta para o cálculo do PN, xa que, como vemos no cadro, se sumamos o valor das vendas da cada produtor (coluna 1), temos un valor de 81 ptas, pois que estaríamos a contabilizar algun produto várias veces.
Produto Nacional Bruto - Produto Nacional Neto
Poden-se distinguir dous tipos de bens finais segundo quen os merque. Por unha banda, os que compran os consumidores, chamados bens de consumo; e pola outra, os que compran os produtores, chamados bens de equipo ou bens de investimento. O gasto feito polos consumidores chama-se consumo (C); o feito polo produtores é o investimento (I). Do investimento unha parte vai para repoñer o capital desgastado na produción do período, o que chamaremos amortizacións ou depreciación (D). O resto é investimento neto ou de nova criación.
Desta forma falaremos de Produto Nacional Bruto ou Neto segundo teñamos en conta ou non a depreciación ou amortización:
|
O máis aconsellábel é utilizar o Produto Nacional Neto, pois ten en conta o desgaste das máquinas e dos equipos de produción que houbo no período, ainda que é moito máis díficil de cuantificar.
Seguindo co cálculo do Produto Nacional, podemos utilizar duas vias: a prezos de mercado ou a custo de factores:
Como vemos, a diferenza entre PNN a custo de factores e prezos de mercado está na inclusión ou non dos impostos ligados á produción e á importación e ás subvencións á produción:
|
O PNN c.f. é igual á Renda Nacional. O que custa o produto, restando-lle os impostos indirectos e sumando-lle as subvencións que se poden receber á produción. Distribue-se entre os suxeitos en forma de renda.
|
Ainda que coñecemos a renda nacional, non toda vai ser distribuída entre os suxeitos; e ao mesmo tempo hai rendas que chegan aos suxeitos e que non forman parte da renda nacional. Asi, se á RN lle restamos os benefícios non distribuídos polas empresas, as cotizacións que pagan as empresas á seguridade social e lle sumamos transferéncias en forma de subsídio de desemprego, pensións, etc., calculamos a renda persoal.
|
A continuación resumimos nun cadro a relación entre as principais macromagnitudes que acabamos de comentar:
Produción | Depreciación | |||
Produción | Impostos | |||
Benefícios | Benefícios | |||
Benefícios | Impostos | |||
Alugueres | Alugueres | |||
Intereses | Intereses | Aforro | ||
Salários | Salários | Consumo | ||
Produto | Produto | Renda | Transferéncias | |
Renda | Renda |
Produto Nacional Bruto - Produto Interior Bruto
O Produto Interior Bruto é un agregado de cantidades moi similar ó Produto Nacional Bruto. As diferenzas xorden ao ter en conta o sector exterior, que nos permite distinguir entre “nacional” e “interior”. O Produto Nacional fai referéncia á nacionalidade; é o valor da produción obtida polos factores produtivos nacionais situados no país ou no estranxeiro, mentres que o Produto Interior fai referéncia á actividade produtiva situada dentro das fronteiras dun país, con independéncia da nacionalidade dos proprietários dos recursos produtivos. Quer dicer, un ten en conta a nacionalidade dos factores e outro a territorialidade.
Polo tanto a relación é a seguinte:
PNB = PIB + Valor dos bens e servizos finais producidos por empresas ou persoas nacionais no estranxeiro - Valor dos bens e servizos finais producidos por empresas ou persoas estranxeiras residentes na nación.
Exemplo: o PNB galego inclue o valor da produción que Inditex ten en México, xa que a nacionalidade de Inditex é galega, e non inclue o valor da produción de Citroën en Vigo, xa que esta empresa ten nacionalidade francesa. No que respeita ao PIB é á inversa, isto é, non inclue a produción de Inditex en México, pois que se dá fóra do território galego, e en cámbio inclue a de Citroën, por estar en Galiza.
Ainda que as duas formas de calcular o crecimento son importantes, normalmente utiliza-se o PIB, xa que na criación de emprego, distribución da renda através dos salários..., influe o PIB. Sen embargo, a nacionalidade das empresas é importante á hora do reparto dos dividendos, toma de decisións, etc.
Através da evolución do PIB medimos a tendéncia a longo prazo da produción dun país, quer dicer, o crecimento económico. Pero para avaliar o crecimento económico temos que ter en conta outros elementos, como o da povoación, para saber se a produción ou renda por habitante aumenta ou non. Ademais é importante eliminar a influéncia dos prezos, deflactar, como xa comentamos en apartados anteriores.
Asi, as duas magnitudes que adoitan empregar-se para medir o crecimento son:
No crecimento económico influen outros factores, entre os que destacamos pola importáncia que ten a produtividade. Cando un traballador médio produce máis nunha hora, ou o que é igual aumenta a produtividade média do traballo, medra a produción total dunha economia.
|
Segundo o aumento da produtividade se vexa reflectido nuns maiores salários ou pola contra nun maior benefício empresarial, varia a participación dos traballadores na Renda Nacional.
O crecimento económico mide-se como dixemos anteriormente através da Contabilidade Nacional, o cal pode facer-se tanto polo lado da oferta, como polo da demanda, ou através da suma das rendas.
No cadro seguinte amosa-se o Produto Interior Bruto do estado español dos anos 1994 e 1995, calculado polas tres vias que comentamos anteriormente.
Produto Interior bruto e as súas compoñentes (prezos correntes) | ||||
| - | ||||
| Operacións | 1994 | 1995 | Taxa de | |
| Consumo privado nacional | 40.674,6 | 43.223,6 | 6,3 | |
| Consumo público | 10.962,9 | 11.590,5 | 5,7 | |
| Formación bruta de capital fixo | 12.766,9 | 14.402,4 | 12,8 | |
| Variación de existéncias | 189,6 | 298,6 | - | |
| Exportación de bens e servizos | 14.437,5 | 16.509,5 | -14,4 | |
| Importación de bens e servizos | 14.332,7 | 16.245,7 | 13,3 | |
| Produto interior bruto a prezos de mercado. (Demanda) | 64.698,8 | 69.778,9 | 7,9 | |
| Rama agrária e pesqueira | 2.145,8 | 2.041,3 | -4,9 | |
| Ramas industriais | 20.482,4 | 22.564,6 | 10,2 | |
| - Indústria agás construción | 15.332,0 | 16.828,4 | 9,8 | |
| - Construción | 5.150,4 | 5.736,2 | 11,4 | |
| Ramas de servizos | 38.206,0 | 41.115,5 | 7,6 | |
| - Servizos destinados a venda | 29.227,6 | 31.535,2 | 7,9 | |
| - Servizos non destinados a venda | 8.978,4 | 9.580,3 | 6,7 | |
| Impostos netos ligados a importación | 132,0 | 141,2 | 7,0 | |
| IVE que grava os produtos | 3.732,6 | 3.916,3 | 4,9 | |
| Produto interior bruto a prezos de mercado. (Oferta) | 64.698,8 | 69.778,9 | 7,9 | |
| Remuneración de asalariados | 29.212,2 | 31.080,0 | 6,4 | |
| Excedente neto de explotación | 23.030,2 | 25.446,6 | 10,5 | |
| Consumo de capital fixo | 7.424,5 | 7.952,0 | 7,1 | |
| Impostos ligados a produción e importación | 7.103,1 | 7.465,4 | 5,1 | |
| Subvencións de explotación e a importación | 2.071,2 | 2.165,1 | 4,5 | |
| Produto interior bruto a prezos de mercado. (Rendas) | 64.698,8 | 69.778,9 | 7,9 | |
Alén da forma de medición utilizada, os resultados son os mesmos. Cando os distintos governos queren intervir nunha economia, teñen distintas formas de facé-lo en función de quenquer que sexa o que tire da economia nese momento, e segundo de que signo sexa os governantes que estean no poder formularán políticas encamiñadas a activar a oferta ou demanda...
Déficit público
O déficit público ou déficit orzamentário aparece cando os gastos de Estado son superiores os ingresos, quer dicer, cando o Estado gasta máis do que ingresa.
Os ingresos do Estado proceden maioritariamente dos impostos. Polo lado dos gastos, destacan entre outros: os gastos de persoal, investimentos en estradas, transferéncias aos distintos axentes económicos... As decicisións de gastos e ingresos do Estado plasman-se nos orzamentos.
Como é lóxico, non é o mesmo arrecadar a custa duns impostos que doutros; tampouco son os mesmos efeitos sobre a sociedade que un menor ou maior gasto afecte ás prestacións por desemprego, sanidade ou construción de estradas....Dos efeitos que estas decisións teñen sobre a renda nacional, o emprego ou o nível xeral de prezos, ocupa-se a política fiscal.
Asi, en certa medida, a política fiscal actua como estabilizadora da actividade económica. Pensemos por exemplo nun exercício económico onde aumenta a produción nacional, o que implica que aumenta a recadación por impostos, mentres que parte dos gastos públicos, especialmente transferéncias via prestacións por desemprego, diminuen; daquela, o orzamento do déficit público tenderá ao superávit. O contrário ocurrerá no caso de recesión económica. Á vista do anterior, se o sector público actua expansivamente (gastando máis), nas recesións e contractivamente (gastando menos), nas expansións amortece as oscilacións do funcionamento da economia.
Normalmente os impostos non chegan para cobrir todas as transferéncias e as compras de bens e servizos feitas polo Estado, o que explica que incorra en déficit. Ainda que existen várias vias para financiar este déficit, imo-nos centrar aqui nas máis comunmente utilizadas:
Estabelecimento de novos impostos.
Criación de diñeiro.
Emisión de débeda pública.
O desequilíbrio exterior
Os desequilíbrios nas transaccións co resto do mundo é outra das variábeis claves de política macroecónomica. As relacións económicas entre países xustifican-se porque permiten incrementar o consumo por riba do que cada país, illadamente, produce.
En calquer caso, para poder consumir bens do estranxeiro, hai que vender produtos nacionais ou endebedar-se.
As contas dunha nación co exterior son parecidas as dunha família ou empresa; efectuan-se cobros e pagamentos, segundo sexan maiores uns ou outros, incorre-se nun déficit ou superávit. A diferenza principal é que estes intercámbios fan-se en distintas moedas. O rexistro deste tipo de transaccións leva-se a cabo nun documento contábel coñecido co nome de Balanza de Pagamentos. Esta balanza está integrada por:
Balanza por conta corrente
Inclue as importacións e exportacións de bens e servizos, e por outro lado as transferéncias unilaterais correntes, quer dicer, as destinadas ao gasto, xa sexan privadas ou públicas.
Como xa expuxemos anteriormente, esta balanza divide-se en tres sub-balanzas:
Balanza comercial ou de mercadorias: Todo país intercámbia produtos con outro país. O que se compra ao exterior coñece-se co nome de importacións; o que vende a outros países denomina-se exportacións.
A balanza comercial ou de mercadorias recolle os pagamentos e ingresos xerados por estes movimentos de mercadorias. Son ingresos as exportacións e son pagamentos as importacións. Se as importacións son maiores que as exportacións, a balanza comercial é deficitária, se é á inversa, a balanza presenta superávit. Normalmente a balanza comercial do estado español presenta déficit; nisto ten unha influéncia significativa a importación dos produtos enerxéticos.
Balanza de servizos: Recolle transporte, seguros, turismo, rendas de investimento tecnolóxico... Normalmente, a evolución desta balanza está moi ligada á evolución do turismo.
As actividades que levan consigo un pagamento como contraprestación a un servizo son as importacións; o ingreso son as exportacións.
Balanza de transferéncias: Todos os tipos de relación económicas descritas até o de agora son operacións en que se receben uns recursos reais a cámbio doutros. Na chamada balanza de transferéncias, teñen lugar entregas a título gratuíto, sen contrapartida; como partidas máis representativas deste tipo de transferéncias están as remesas dos emigrantes e as doazóns governamentais.
A balanza de transferéncias está integrada polas transferéncias netas ao estranxeiro menos as transferéncias feitas por estranxeiros aos residentes no país.
Asi, a balanza por conta corrente mide o valor dos ingresos netos ou gastos netos dun país derivado das transaccións internacionais, con ou sen contrapartida, e o seu saldo vén dado por:
|
A balanza por conta corrente rexistra un déficit cando os gastos derivados das importacións de bens e servizos e das transferéncias superan os ingresos. Pola contra, rexistra un superávit cando recebe máis pola venda de bens e servizos e por transferéncias do que paga pola compra de bens e servizos ou por transferéncias ao exterior.
Balanza por conta de capital
Todas as transaccións incluídas na balanza por conta corrente liquidan-se e iso non ten nengun tipo de implicación ulterior. Isto non acontece nas transaccións rexistradas na balanza por conta de capital xa que as operacións que rexistra teñen características distintas. Supoñamos por exemplo o investimento que unha empresa fai nun país estranxeiro; ese investimento supón para ese país un ingreso de divisas (moeda estranxeira); a partir de aqui ese país quedaria endebedado e teria que pagar cada ano cando menos os intereses polo capital investido. Por poñer outro exemplo, un banco que concede un crédito a unha empresa estranxeira; a cantidade recebida considera-se un ingreso nese ano, pero será tamén unha débeda do país para anos sucesivos, que obriga ao pagamento de intereses a e amortización do principal (reembolso da débeda).
Asi, a balanza de capital recolle:
Asi, o saldo da balanza por conta de capital consiste en:
|
(*) As exportacións de bens son créditos e as de capital son débedas. Pola exportación dun ben conseguen-se divisas e na exportación de capital utilizan-se; polo tanto, os efeitos sobre a balanza de pagamentos son opostos.
A balanza de capital tamén podemos dividi-la entre curto e longo prazo, segundo os investimentos, créditos... sexan inferiores ou superiores a un ano. Xeralmente, os investimentos a longo prazo son produtivos (compra dunha empresa, toma de accións, etc.), mentres que os especulativos, que normalmente aproveitan situacións transitórias dos mercados financeiros, son a curto prazo. En calquer caso, os rendimentos dos investimentos tanto productivos como especulativos recollen-se na conta de servizos.
A conta de capital rexistra un “superávit” cando se obteñen máis ingresos pola venda de activos ao resto do mundo dos que se gastan mercando activos no exterior. Pola contra, cando hai “déficit”, mercan-se máis activos ao estranxeiro dos que os estranxeiros nos compran, polo que se produce unha saída de capital.
Con todo isto podemos considerar o saldo da balanza de pagamentos globalmente visto como:
|
A variación de reservas é o saldo da Balanza de Pagamentos, xa que un saldo positivo na balanza significa que o resto do mundo está en conxunto endebedado co país en cuestión, co cal as reservas de ouro ou divisas aumentan. No caso contrário, só existe déficit na Balanza de Pagamentos, quer dicer, se mercamos ou investimos máis no exterior do que o resto do mundo o fai aqui, as reservas diminuen, xa que as utilizamos nesas compras ou investimentos.
O saldo da variación de reservas reflecte-se no balanzo do Banco Central (no caso do estado español no saldo do Banco de España, que é o que exerce a autoridade monetária). O Banco reduce as divisas cando a Balanza de Pagamentos ten un déficit e aumenta cando ten superávit, pois que é o Banco a via obrigatória para a compra e venda de divisas.
Tipo de cámbio
O Banco Central non só compra ou vende divisas para equilibrar a Balanza de Pagamentos, senón tamén co fin de influir sobre a cotización ou tipo de cámbio da moeda.
No mercado de divisas no estado español, as famílias compran moeda estranxeira para iren de viaxe, financiaren estudos fora do país...; as empresas compran divisas para faceren frente á compra de bens e servizos (importación) no exterior. Pola contra, as famílias que veñen pasar o verán aqui ou as empresas que compran produtos de aqui poñen a sua moeda en venda e mercan as pesetas que necesitan.
Este tipo de transaccións determinan o prezo ou tipo de cámbio da peseta frente a moedas estranxeiras.
O tipo de cámbio é o prezo dunha moeda en relación a outra. Por exemplo, se o tipo de cámbio da peseta frente ao dólar é 100, significa que necesitamos 100 ptas para obter un dólar.
Cando se eleva o valor dunha moeda en comparación con outra, dicemos que se apreciou; o contrario é a depreciación. Por exemplo, se pasamos de 80 ptas dólar a 100 ptas dólar dicemos que a peseta se depreciou, xa que necesitamos máis ptas para conseguir o mesmo dólar; no caso contrário produce-se unha apreciación.
Dados os prezos dunha e doutra moeda, a variación do tipo de cámbio altera os prezos relativos e polo tanto a competitividade internacional. Unha depreciación da moeda significa que os nosos produtos son máis baratos no estranxeiro e os estranxeiros máis caros no mercado nacional, co cal se poden incrementar as exportacións. O caso contrário acontece cando se produce unha apreciación da moeda. Supoñamos, por exemplo, un intercámbio comercial entre Galiza e Estados Unidos. Galiza vende-lle conservas de peixe a EEUU, e este, ordenadores; fixamos o prezo das conservas en 100 ptas e o dos ordenadores en 2.000 dólares. Co tipo de cambio 100 ptas = 1 dólar, para mercar unha lata de conservas necesitamos 1 dólar e para mercar un ordenador necesitamos 200.000 ptas.
Se se produce unha apreciación da peseta de, por exemplo, 1 dólar = 80 ptas, a lata de conservas pasa-lles a custar aos estadounidenses 1,25 dólares, mentres que aqui mercamos o ordenador por 160.000 pesetas.
O contrário ocorre no caso dunha depreciación da peseta de, por exemplo, 1 dólar = 125 ptas; para a mesma compra anterior, os estadounidenses necesitan 0,8 dólares e nós necesitamos 250.000 ptas para mercar o ordenador. Isto necesariamente influe á hora de lle mercar ou vender a un país ou outro.![]()

Confederación Intersindical Galega
ÚLTIMA REVISIÓN: 8/2/99