1998, comportamento do emprego nun ano de economia vizosa Volver a Novas

No ano 1998 a economia galega medrou un 3,99%, moi por riba de anos anteriores e da média da Unión Europea, pero por debaixo da média do Estado español, un 4,6%, e de autonomias como Baleares, co 5,64%, ou de nacionalidades como o País Basco, co 5,38%. Portugal aumentou o PIB un 3,5% durante este mesmo período. Pero, como se comportou o emprego en Galiza?


Povoación ocupada


1º trimestre 1998909.100 
1º trimestre 1999914.800 
 + 5.700Un 0,63% máis!

Neste período a taxa de crecimento da povoación ocupada do Estado español foi do 3,94%.

O diferencial entre aumento do PIB e emprego foi no Estado de 0,66 pontos frente a 3,36 pontos en Galiza. Polo que non se pode dicer que funcione ben a xeración de emprego no noso país, como se pretende desde a Consellaria de Emprego e Família.


Precariedade laboral


Resulta abraiante que, nun ano no que se deron importantes subvencións ás empresas que converteron contratos eventuais en indefinidos, o número de traballadores eventuais medrase de 191.700 a 194.900; ou sexa 3.200 máis.

A eventualidade evolucionou do seguinte xeito nos últimos anos (no 1º trimestre):

Evolución da eventualidade


Ano

Eventuais

Porcentaxe

1994

146.300

29,60

1995

159.600

31,47

1996

167.700

31,39

1997

181.900

33,94 (ano da contrarreforma laboral)

1998

191.700

32,52

1999

194.900

32,19


Máis rotación na contratación


Non só medrou durante 1998 o número de traballadores eventuais, senón que aumentou a rotación na contratación (ou sexa, que cada vez duran menos os contratos temporais), razón pola que se realizaron aparentemente moitas máis colocacións, e non porque se acrecentase significativamente o emprego, como amosaron dados anteriores.

Rotación contratos


Máis demanda de emprego que oferta


Mália que mellorou a relación entre demandantes de emprego e a oferta que deste se realiza polas empresas, ainda hai unha falta de postos de traballo evidente. Non se trata polo tanto de que non haxa interese en buscar emprego, como se pretende desde alguns sectores da administración e do empresariado.

Ano

Oferta

DemandaRelación

1994

287.449

454.97563,21

1995

360.465

530.27664,92

1996

420.821

605.37969,42

1997

489.016

663.94573,75

1998

425.395

537.82379,14 (só os nove primeiros meses)

Nota: A maior cobertura pode corresponder a que hai máis rotación na contratación eventual, o que agranda as cifras e reduce o diferencial entre oferta e demanda.


Evolución do desemprego


Galiza mantén unhas cifras de paro das máis altas de Europa, mália que unha gran parte da povoación está ocupada en actividades primárias, e outra -non menos significativa- emigrou, rebaixando deste xeito as taxas de desemprego. Neste sentido hai dados que non reflecten axeitadamente a realidade; por exemplo, os vários miles de traballadores empregados temporalmente en Canárias, Baleares ou Madrid, que de permaneceren no país estarian no paro.

Evolución do paro


Algunhas consideracións sobre o desemprego


Con dados ao 1º trimestre de 1999

  1. Hai 105.300 mulleres paradas e 83.300 homes. Isto representa un 13% dos homes e un 22,8% das mulleres.

  2. O desemprego é máis forte entre a mocidade. Nomeadamente, un 32,4% dos que teñen entre 16 e 19 anos, un 34,3% dos que teñen de 20 a 24 anos e un 27% dos de 25 a 29 anos non teñen un posto de traballo, contra unha média do 17,1% de desemprego.

  3. Nada menos que 76.700 persoas levan máis de 2 anos parados, un 40,64%; e 118.000 máis de 1 ano, un 62,53%.

  4. O número de desempregados que receberon prestacións económicas foi de 33.862, e os beneficiários de 26.463, ou sexa un total de 60.325 (setembro de 1998), frente a 195.000 parados, polo que está coberto só un 31% dos desempregados, cando o ano pasado o INEM tivo un importante excedente dos ingresos que se descontan con este fin.


EN RESUMO


  1. O aumento do emprego foi mínimo desde o 1º trimestre de 1998 ao mesmo período de 1999, en comparación co noso entorno, e mantendo-se deste xeito a tendéncia dos últimos anos. Só se xerou no período de referéncia un 0,66% de postos de traballo frente a un 3,36% en todo o Estado español.

  2. Mantén-se unha alta taxa de eventualidade, un 32,19%, mentres medra o número de traballadores eventuais e a rotación (cada vez hai contratos de menos duración).

  3. O número de desempregados mantense en cifras moi altas, sobre 190.000, un 17,1%, o que resulta preocupante tendo en conta a baixa natalidade e que hai miles de traballadores temporalmente fora do país.



PROPOSTAS SOBRE O DESEMPREGO


Desde a CIG levamos moitos anos propondo medidas para atallar o desemprego e mellorar as condicións dos parados. Entre elas:

  1. Potenciar os sectores produtivos da economia, mellorar a información e formación, investir en I+D, rematar coas limitacións á produción dos sectores básicos da economia (leite, estaleiros, etc.). En poucas palabras, cómpre un proxecto de país, no que se teña en conta o papel de cada sector económico e comarca, evitando competéncias e localismos desgastantes. Un papel máis activo da Xunta no sector da transformación industrial e a comercialización. Investir en servizos sociais básicos para a comunidade.

  2. En matéria de desemprego entendemos que a política do Estado e da Xunta non son as axeitadas, que na prática son máis unha transferéncia de renda a determinadas empresas que un pulo na contratación indefinida. Os resultados están á vista. Cómpre desalentar a contratación eventual e deixá-la reducida a aqueles casos en que é estruturalmente necesária. Por exemplo, aumentando as cotizacións á Seguridade Social deste tipo de contratos; isto seria ademais positivo para a caixa da Seguridade Social.

  3. Medidas concretas a prol dos desempregados e desempregadas:

    • Estabelecimento dunha Renda Básica, igual ao Salário Mínimo Interprofisional, para aqueles parados e paradas que non teñan prestacións económicas, a cámbio da realización de traballo social e cursos de formación.

    • Rebaixa da xornada laboral a 35 horas, por lei, e sen perda de ingresos económicos.

    • Ampliar o número de parados afectados polas prestacións económicas ao desemprego, tendo en conta o excedente xerado durante o ano pasado no INEM.


Este traballo foi realizado pola CIG a partir de dados do Instituto Galego de Estatística (IGE).


Galiza, 5 de xullo de 1999.

Volver a Novas


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega

ÚLTIMA REVISIÓN: 7/7/99