Mércores 3 de Decembro de 2008

O Foro Social Galego, que por primeira vez se vai celebrar na Galiza, entre o 5 e 7 de decembro, conta xa con máis dun centro de adhesións de colectivos sociais e persoas a título individual. A CIG vai ter unha presenza activa neste encontro a través da organización de actividades, asistencia ás sesión plenarias e coa colocación dunha caseta propia na Carpa dos Movementos Sociais.



