Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
03/02/2012
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo
rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe.
Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión
de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende
eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21
días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia
de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a
reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas
as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
O noso país sumou 13.000 parados e paradas máis o mes pasado, o que o converte no peor xaneiro dende hai tres anos
02/02/2012
O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
03/02/2012
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
Estes días cumprirase un mes de atraso no cobro do primeiro trimestre
03/02/2012
A CIG
Ensino denuncia que a Consellaría
de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos colaboradores dos comedores
escolares xestionados pola Consellaría de Educación, nin ao profesorado que
coordina o servizo. Nestes días cumprirase un mes de atraso no pagamento
correspondente ao primeiro trimestre, é dicir, este persoal non cobrou
nada desde o inicio do curso, e moitas veces esta actividade xéralle gastos.
A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
03/02/2012
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
03/02/2012
O persoal da concesionaria
de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para
denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións
que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de
aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio
servizo de limpeza da Universidade.
CIG-Saúde continúa coas mobilización en demanda da readmisión dos traballadores da asociación de drogodependencias
03/02/2012
Con motivo da celebración o próximo mércores 8 de febreiro do segundo xuízo, a CIG-Saúde organizou un novo calendario de mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores/as despedidos en Asfedro. Así, este venres realizouse unha concentración ás portas da entidade, que se repetirá o vindeiro luns. Do mesmo xeito, dende a Federación destacan que o Xulgado do Social xa declarou a improcedencia dun dos despedimentos executados pola directiva, que definitivamente non se xustifican por motivos económicos.
Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
03/02/2012
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
Coincidindo co xuízo contra a empresa, que se celebra o martes 7 de febreiro
03/02/2012
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o vindeiro martes, día 7 de febreiro, ás 12:15 horas, coincidindo coa celebración do xuízo, adiado dende o pasado mes de novembro, contra Prosegur Seguridad por acoso a un traballador que se presento una candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Coa protesta, a central quere trasladar o seu apoio ao compañeiro e rexeitar o comportamento da empresa.
A central nacionalista cualifica de demagóxica a suspensión temporal proposta polo presidente da Xunta
03/02/2012
A
federación de Administración da CIG reclama publicamente a
supresión “inmediata e definitiva” do coñecido como plus de
altos cargos despois de que o presidente da Xunta de Galiza anunciase
a súa suspensión temporal. Dende a central nacionalista cualifican
esta medida de demagóxica e critican que se poña á mesma altura un
complemento salarial que un por enfermidade ou accidente non laboral.
Responsabiliza á consellaría do Mar de deixar desamparadas a 500 familias, ao incumprir o Plan de Dinamización
03/02/2012
A FGAMT-CIG de Ferrol manifesta a súa
“profunda” preocupación pola actitude da consellaría do Mar ao deixar
desamparadas a 500 familias que viven directamente do mar na comarca. A administración anunciou onte que deixarán de percibir as axudas, de 82 euros diarios, polos labores de rexeneración que viñan desenvolvendo.
A central pon a disposición dos interesados/as o asesoramento do Gabinete de Economía Social e os locais do sindicato para as xuntanzas
03/02/2012
Neste tempo de crise do modelo socio-económico, de necesidade de implementar alternativas que dean cumprida resposta á creación e vertebración dun novo sistema máis xusto e solidario, a posibilidade das cooperativas de traballo asociado son alternativas reais xa existentes en Galiza que se afastan dos modelos empresariais ao uso. Trátase de iniciativas nas que se deseñan empregos coexistentes con obxectivos da economía social, modelos sustentábeis e respectuosos na convivencia entre iguais e co medio onde se integran.
Sosteñen que Paloma Hidalgo centrou a súa xestión no recorte de gastos e descoidou a busca de novas vías de negocio
02/02/2012
Os tres delegados/as de persoal da Fundación Semana Verde de Silleda (dous da CIG e unha de CCOO) compareceron hoxe en rolda de prensa xunto a representantes dos dous sindicatos para explicar como se atopa a tramitación do ERE e denunciar que a mala xestión da entidade é culpábel da delicada situación económica que provocou nove despedimentos. Tamén amosaron a súa confianza en que o recurso de alzada presentado contra o ERE temporal lles sexa favorábel e adiantaron que nos vindeiros días manterán unha reunión co presidente da Fundación e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.










Análise do novo pacto social. CCOO e UGT asumen a postura d...
Manife en defensa do sector Naval (Vigo, 26/01/12)
Marcha reivindicativa do naval vigués (O Morrazo, 19/01/12)





