9/2/2012
Nas máis de 100 sentenzas xa ditadas ratifícase que os contratos de SEAGA están en fraude de lei e recoñécese o carácter de fixo descontinuo
Traballadores e traballadoras de SEAGA participaron esta mañá
nunha asamblea aberta, na praza da Quintana, para avaliar o resultado das
demandas presentadas, valorar a situación derivada das sentenzas xa ditadas e
debater sobre as medidas de presión a adoptar para regularizar a súa situación.
O persoal de Seaga no seu conxunto, acordou exixir o inicio da precampaña a
través desta empresa pública no mes de marzo, tendo en conta as especialmente
adversas condicións climatolóxicas que se veñen dando este ano. Ao remate da asemblea, saíron en
manifestación e remataron en San Caetano, ante a consellaría de Mar e Medio
Rural.
9/2/2012
A Fiscalía solicitaba catro anos de prisión para o compañeiro por uns feitos na piscina da Barcala
O Xulgado do Penal número 5 da Coruña absolveu Adolfo Naya, secretario de Organización da CIG-Servizos, dos cargos que pesaban contra el por mor duns feitos ocorridos en 2010 nunha piscina de Cambre, no transcurso da folga das instalacións deportivas. A central nacionalista ten denunciado publicamente en numerosas ocasións a campaña de represión da
que está a ser obxecto a través de imputacións de militantes e sancións
gobernativas.
8/2/2012
Este mércores percorren os 16 quilómetros que separan Miño de Oleiros e mañá realizarán unha manifestación masiva até a Delegación do Goberno
Un pouco cansos pero co ánimo intacto, os traballadores/as do naval continuaron este mércores a marcha até a Coruña en demanda de solucións para a crítica situación que está a vivir o sector na ría de Ferrol. A segunda xornada de camiño, á que se uniron máis traballadores, cubrirá os 16 quilómetros que separan o Concello de Miño do Concello de Oleiros, onde esta tarde manterán un encontro co alcalde e onde tamén pasarán a noite.
3/2/2012
A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
3/2/2012
O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
2/2/2012
O Comité ten convocada unha manifestación o venres 3 de febreiro, que partirá da coruñesa Praza da Palloza ás 20:00 horas
Os traballadores e traballadoras da factoría que Alcoa ten na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra do expediente de regulación que a multinacional quere pór en marcha logo de acordar unha recorte da produción na factoría do 50%. O ERE de suspensión temporal, de aprobarse, afectaría á metade dos 420 traballadores/as da planta e tería unha vixencia de 12 meses.
2/2/2012
As traballadoras/es continúan co calendario de concentracións semanais en demanda da equiparación co grupo E do Sergas
O xulgado do contencioso-administrativo 1 da Coruña vén de dar á razón ás traballadoras/es do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ao anular o decreto de servizos mínimos impostos pola Consellaría de Sanidade para os paros parciais convocados o pasado mes de novembro, por consideralo contrario ao exercicio do dereito á folga. Pola súa banda, o persoal continúa adiante co calendario de mobilizacións semanais con concentracións diante das portas do hospital cada mércores.