Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
A Coruña A Coruña
21/12/2009 Varias persoas foron identificadas na concentración deste luns
As traballadoras e traballadores dos servizos de limpeza dos centros que integran o CHUAC continúan as mobilizacións para demandar o cumprimento dos convenios colectivos. Logo de vinte días de protestas diarias, as empresas das subcontratas de limpeza do Complexo Hospitalario (Linorsa, Valoriza e SamyL) proseguen na súa teima de incumprir os acordos asinados e publicados e aínda non estabeleceron ningún contacto cos representantes do persoal.
18/12/2009 Os traballadores/as agardaban que a conselleira de Sanidade participase nun acto neste centro
As protestas das traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza do CHUAC trasladáronse esta mañá ao hospital Abente y Lago, onde se agardaba que a conselleira de Sanidade participase nun acto oficial. O persoal, que finalmente non chegou a ver á responsábel do departamento de saúde, advertiu que manterá as mobilización até que dende as empresas e o Sergas se acheguen garantías do cumprimento dos convenios colectivos.
17/12/2009 As traballadoras/es concentráronse diante dun centro xestionado por Mapfre en A Coruña e marcharon até os edificios da administración
Traballadoras e traballadores das Residencias Privadas da Terceira Idade retomaron este xoves as protestas a prol dun convenio para o sector. Desta volta desenvolveron unha concentración diante da residencia Concepción Arenal de A Coruña, xestionada por Mapfre-Quavitae, e marcharon a pé até a delegación territorial da Consellaría de Traballo e Benestar, onde guindaron cueiros usados en sinal de protesta polo silenzo da administración neste conflito.
16/12/2009 As traballadoras e os traballadores manteñen o calendario de protestas até que se produzan avances na aplicación dos convenios
Unha mañá máis, desafiando o frío, os traballadores e as traballadoras dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC volvéronse concentrar diante da Xerencia do Complexo Hospitalario para reclamar o cumprimento dos convenios colectivos. Mentres, dentro do edificio, representantes da CIG-Servizos mantiñan unha xuntanza co xerente, na que este se comprometeu a mediar no conflito para acadar a aplicación dos acordos asinados e publicados.
15/12/2009 As traballadoras e traballadores levan dúas semanas mobilizándose
Os traballadores e traballadoras dos servizos de limpeza do CHUAC continúan esta semana co calendario de mobilizacións nas instalacións do Complexo Hospitalario en demanda do cumprimento dos convenios colectivos por parte das empresas adxudicatarias. Este luns 14 e o martes 15 volveron desenvolver concentracións diante da Xerencia, á espera do resultado da reunión que o mércores manterán co xerente do Complexo.
11/12/2009 Na mañá do 11 de decembro levaron a cabo unha nova protesta diante da Xerencia do complexo
O persoal dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) continúa co calendario de mobilizacións para exixir ás empresas concesionarias do servizo o cumprimento estrito dos convenios colectivos. Esta mañá concentráronse diante da Xerencia para lembrar á dirección do CHUAC que é a responsábel última de facer cumprir ás empresas subcontratadas as condicións pactadas e advertiron que non descartan convocar folga en todo o complexo se proseguen os incumprimentos.  
11/12/2009 A CIG reclama á Xunta que garanta a execución íntegra do proxecto destinado á recolocación do persoal afectado polo peche das minas de Cerceda e As Pontes
A CIG vén de reclamar á Xunta de Galiza que asuma e aplique ao 100% o Plano Galego de Reactivación das Comarcas Mineiras de As Pontes e Cerceda, aprobado polo anterior goberno galego logo de importantes mobilizacións levadas a cabo polos traballadores/as das auxiliares do carbón. Este Plano contemplaba a recolocación dos traballadores/as afectados polo peche das explotacións mineiras e o impulso á diversificación industrial de ambas comarcas, aínda que polo momento a maioría do persoal continúa en situación de desemprego.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com