Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
A Coruña A Coruña
10/12/2009 O venres 11 de decembro repetiranse as mobilizacións diante da Xerencia do Complexo hospitalario
O persoal dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña continuaron na mañá deste xoves coas protestas iniciadas a pasada semana para reclamar ás empresas adxudicatarias que cumpran cos convenio colectivos e apliquen a equiparación do persoal das contratas ao persoal do Grupo E do Sergas, tal e como está negociado dende hai tres anos.
4/12/2009 O goberno municipal ten adiado a regulación dos traballadores dende hai meses
Os bombeiros de A Coruña retomaron na mañá do 4 de decembro as protestas para reclamar ao Concello a aprobación definitiva do sistema de traballo do Servizo de Extinción de Incendios, que o Goberno municipal ten adiado dende xuño, introducindo en cada ocasión un novo punto a revisar no texto.
4/12/2009 Os traballadores/as alertaron deste feito á Policía Local, quen trasladou un informe ao Concello
Os traballadores e traballadoras de Bunge Ibérica denunciaron que a empresa comezou na mañá deste venres co derrube do teito do silo 4 de formigón, aínda que carece da autorización municipal pertinente. Segundo explicou Ángel Herrero, delegado da CIG na empresa, cando o persoal acudiu esta mañá ás instalacións da fábrica, atopáronse con maquinaria que estaba procedendo ao derrube do teito do silo 4. Inmediatamente comunicaron á Policía Local de Culleredo este feito co obxecto de que se achegase até o lugar para paralizar a demolición.
4/12/2009 A CIG rexeita o texto xa que as condicións estabelecidas son moi inferiores ás da plataforma sindical e mesmo ás acadadas en Pontevedra
Na madrugada do xoves ao venres, logo dunha prolongada negociación e co precedente de Pontevedra, acadábase un preacordo para o convenio do comercio da alimentación na provincia de A Coruña entre a patronal, UGT e CCOO, que a CIG non asinou por tratarse dun convenio moi inferior ao de Pontevedra e que afonda nas desigualdades que existen entre os traballadores/as das dúas provincias.
2/12/2009 A caixa galega efectivizou este 1 de decembro a venda da súa auxiliar á multinacional norteamericana
Máis de 50 delegados e delegadas da CIG, xunto co Comité de Empresa de CxG Gestión Operativa, actual Hewlett-Packard Procesos de Negocios, desenvolveron unha concentración na mañá deste mércores diante da oficina principal de Caixa Galicia en A Coruña para esixir á entidade financeira e á multinacional HP garantías para o mantemento do emprego e das condicións laborais de todo o cadro de persoal de CxG.
1/12/2009 Non descartan convocar folga en todo o complexo se as empresas continúan coa súa actitude
O persoal dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) iniciaron na mañá deste martes 1 de decembro un calendario de mobilizacións para exixir ás empresas concesionarias do servizo o cumprimento estrito dos convenios colectivos. Dende a Federación de Servizos da CIG xa advertiron que de non pórse solución aos reiterados incumprimentos non se descarta a convocatoria folga en todo o complexo hospitalario.
28/11/2009 Este sábado celebrouse a V Asemblea Comarcal, na que tamén se escolleu a nova Executiva e os membros para o Consello Confederal
Este sábado, a V Asemblea Comarcal da CIG de A Coruña volvía elixir a Paulo Carril como Secretario Comarcal, ao acadar a súa candidatura 172 dos 187 votos emitidos polos delegados e delegadas que participaron no proceso. Así mesmo, quedou aprobado por unanimidade o Informe de Xestión presentado pola Executiva saínte, no que se reflicte o importante incremento da representatividade e do número de afiliados/as rexistrado nos últimos catro anos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com