30/1/2012
A CIG valora como “escandalosa” a posíbel aprobación do expediente de Ecar, logo de que a empresa recibise 35 millóns de euros entre 2009 e 2010
A CIG da Mariña vén de remitir unha valoración dos datos económicos achegados na documentación que acompaña ao ERE de Finsa, dos que se desprende que o Grupo subiu as retribucións do seu Consello de Administración un 81% antes de presentar o expediente de regulación. Así mesmo, a central culpa directamente dos resultados negativos á mala xestión e á “pésima inversión” que a dirección fixo ao adquirir Tableros Faus, no ano 2006, por 195 millóns de euros (e que en 2010 tivo que ser provisionada por un importe de 36,9 millóns de euros), xa que, pola contra, a actividade ordinaria do Grupo experimentou unha mellora considerábel neste tempo.
19/12/2011
A empresa concesionaria, Pedra Salgada, S.L., aínda ten pendente de pagar a metade da nómina de outubro, o salario de novembro e a paga extraordinaria de nadal
As traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Burela, dependentes da empresa Pedra Salgada S.L., concentráronse novamente este luns, por espazo de media hora, na Praza do concello para reclamar os salarios que a empresa adebeda dende o mes de outubro.
25/11/2011
O acordo estabelece a equiparación da xornada destas/es traballadoras/es coa do Grupo E do Sergas
Logo dun longo proceso de negociación, iniciado en marzo de 2010, e que incluso levou consigo mobilizacións por parte das traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital da Costa, na tarde do xoves 24 de novembro asinábase o novo Convenio coa empresa Samyl, S.L., concesionario do servizo, no que se recoñece a equiparación da xornada laboral destes traballadores/as co persoal do Grupo E do Sergas.
22/11/2011
As votacións realizaranse os días 28 de novembro e 2 de decembro
A CIG vén de presentar a candidatura para as eleccións que os vindeiros días 28 de novembro e 2 de decembro se van celebrar en Alcoa-San Cibrao. Os candidatos e candidatas da central nacionalista, que presenta lista nos dous colexios e foi a forza máis votada nos tres últimos procesos electorais, comprometéronse a manter a loita na defensa dos postos de traballo, na esixencia de melloras en materia de seguridade e saúde e na demanda de inversións que garantan o futuro das instalacións.
18/11/2011
A empresa adxudicataria, Pedra Salgada, alega que é debido ao atraso no pago do Concello que adebeda as facturas dende xullo
As traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Burela empregadas da empresa Pedra Salgada, non cobraron, a dia de hoxe, a nómina correspondente ao mes de outubro. Este atraso, explican dende a CIG da Mariña, provoca para economías como a destas empregadas grandes problemas pois, “como a maior parte dos traballadores e traballadoras do país e dada a precariedade dos salarios, viven ao dia e os recibos, facturas, hipotecas, etc. non admiten demoras”.
16/11/2011
A central nacionalista reforza a maioría absoluta no Comité de Empresa desta auxiliar de Alcoa
A CIG conseguiu a maioría dos votos en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais parciais celebradas o pasado 15 de novembro. Estaban convocados para este proceso, no que se escollían catro novos delegados/as para o Comité, os 117 traballadores/as que conforman o cadro de persoal, dos/as que exerceron o seu dereito de voto 82, sumando unha participación de case o 70%.
14/10/2011
A central sindical traslada o apoio aos traballadores/as e lembra que a empresa de Lourenzá recibiu importantes axudas públicas nos últimos anos
Ante a comunicación por parte da dirección de Muebles Hermida aos traballadores/as desta empresa de Lourenzá da decisión de iniciar un ERE de extinción de emprego que afectaría a máis da metade do cadro de persoal (100 persoas aproximadamente), dende a CIG da Mariña veñen de manifestar o rexeitamento, neste caso como en calquera outro, a medidas que provoquen a destrución de postos de traballo.