15/5/2013
Durante a xornada de celebración traballadores/as e usuarios/as mobilizaranse contra a política de recortes aplicada pola administración
O martes 14 de abril, iniciouse o 11º peche que veñen realizando as traballadoras e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF-Imserso) de Ferrol semanalmente. Como veñen facendo habitualmente concentráronse entre as 12.00 e as 12:30 horas nas portas dianteiras do centro de traballo.
9/5/2013
O expediente afectaría aos centros das Somozas e Narón e suporía o despedimento de case 70 empregados/as
Os traballadores e traballadoras de Alstom están secundando este xoves unha xornada de folga en contra das pretensións da empresa de aplicar un ERE para o conxunto das plantas que a multinacional ten no estado español e que suporá unha redución brutal de persoal. Coincidindo co paro, os empregados/as de Galiza partían esta madrugada en autobús dende o Polígono de Río do Pozo (Narón) cara a Madrid para participar nunha manifestacións conxunta en rexeitamento aos plans da empresa.
7/5/2013
A empresa presentou un ERE para sete traballadoras e durante o período de consultas solicitou concurso voluntario de acredores
As traballadoras e traballadores de Star Center, dedicada á venda de electrodomésticos e situada en Narón, protagonizaron este martes unha concentración diante das instalacións da empresa no Polígono da Gándara en rexeitamento ao despedimento de sete compañeiras e para esixir o cobro das tres nóminas que se lles adebedan.
7/5/2013
A protesta realizouse tamén ás portas do SMAC, coincidindo co acto de conciliación
A CIG-Servizos de Ferrol realizou na mañá deste martes unha concentración ás portas do comercio que a firma Emilio Iglesias ten na Estrada de Castela en protesta polo despedimento dunha traballadora, que tamén é delegada de persoal pola central nacionalista.
7/5/2013
O persoal manterá o encerro nas instalacións até as 08:00 horas do mércores
Este martes, realízase o décimo peche das traballadoras e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF-Imserso) de Ferrol. Desde as 08:00 horas da mañá de hoxe até as 08:00 horas do mércores, o persoal permanecerá pechado nas instalacións, ao tempo que realizou unha acción de protesta ás portas do centro e unha asemblea para decidir as accións a levar a cabo.
3/5/2013
A empresa, que ten a contrata a limpeza dos recintos da Armada, está incumprindo as condicións do prego de adxudicación
A CIG vén de denunciar publicamente a actitude da empresa Cleanet Empresarial, S.L. -adxudicataria da limpeza nos recintos da Armada española no Concello de Ferrol-, polo despedimento de catro traballadoras, ás que lles nega o seu dereito a seren subrogadas. A central sindical tamén denunciará este atropelo pola vía xudicial.
3/5/2013
Solicitouse a nulidade do despedimento ao entender que non existen causas nin económicas nin organizativas
Este xoves continuaban as mobilizacións para esixir a readmisión dunha traballadora do servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide, inxustamente despedida pola empresa Ferroser (que ten a contrata do servizo). Desta volta, a protesta trasladouse até as portas do xulgados de Ferrol, coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento, que logo de máis de tres horas quedou visto para sentenza.