25/5/2013
O persoal tamén tivo coñecemento que o socio industrial e propietario da planta, Leche Pascual, se desmarcou totalmente do proxecto
Na mañá deste venres o Comité de Alimentos Lácteos mantiña unha reunión con responsábeis do XesGalicia e coa Directora Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, Patricia Ulloa na sede do XesGalicia en Compostela. Por desgraza, “a reunión non tiña outro obxectivo que transmitir en persoa, a través dos técnicos e responsábeis da Xunta de Galiza, que levan tutelando a empresa no último ano, que se consumaba o fracaso para reflotar Alimentos Lácteos”.
23/5/2013
O persoal advirte que, aínda que a factoría entre en concurso de acredores, continúan loitando na defensa dos seus empregos
Na reunión semanal que o Comité de Alimentos Lácteos mantén coa dirección, esta confirmou que continúa sen ter comunicación ningunha –nin positiva nin negativa- por parte da Xunta de Galiza, polo que xa comunicou á administración que esgotará os prazos para a presentación da solicitude do concurso de acredores. Pola súa banda, os traballadores/as continuaron o mércores co calendario de mobilizacións realizando unha manifestación pola estrada N-IV en Outeiro de Rei.
21/5/2013
Reclamaron a Alfonso Rueda que aclare cales son os condicionantes actuais que están a impedir acadar unha solución definitiva
Os traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos realizaron este martes unha concentración diante do edificio da Deputación de Lugo para esixir unha solución á factoría, aproveitando a visita do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, co cal puideron manter unha breve entrevista e ao que lle reclamaron que explique cales son os condicionantes que están a impedir a posta en escea dunha solución definitiva para a planta.
20/5/2013
A CIG e os traballadores/as advirten que, a pesar da inminente entrada en concurso de acredores, continuarán na defensa dos postos de traballo
Os traballadores/as de Alimentos Lácteos, inmersa nun proceso de suspensión da totalidade dos contratos, mantiveron este luns unha nova asemblea nas instalacións da factoría, na que repasaron a situación actual, “sen que se puidera observar algún asomo de vida ou implicación no que ao papel da Xunta de Galiza afecta”.
16/5/2013
A dirección negou á representación do persoal a posibilidade de participar no Consello de Administración da empresa
Na mañá deste xoves, o Comité de empresa de Alimentos Lácteos compareceu nas instalacións da factoría en Outeiro de Rei para a reunión semanal coa dirección e que, neste caso, era previa á reunión que mantería posteriormente a dirección da empresa co Consello de Administración da mesma. Porén, continúase sen novidades e sen maior información por parte da Xunta de Galiza para unha solución, “quen promoveu e orquestrou até o de agora todos os movementos que se xulgaban precisos para a solución na empresa”.
16/5/2013
A FGAMT-CIG de Lugo denuncia as manobras da empresa para se desfacer do persoal con máis antigüidade
A CIG de Lugo realizou este xoves unha concentración solidaria cos sete traballadores/as despedidos da Panadería Bollería Majufer, aos que a empresa aínda non abonou as contías correspondentes á liquidación e a indemnización, “obrigando así ao persoal a recorrer a vía xudicial para conseguir o pagamento dos seus salarios”.
15/5/2013
Os traballadores/as, que o martes se reuniron co Xesgalicia e acudiron de novo ao Parlamento, porán en escena esta noite unha procesión polas rúas de Lugo
O martes, os/as traballadores/as de Alimentos Lácteos volvían unha vez máis a Santiago de Compostela para tentar arrincar unha resposta favorábel por parte do Goberno galego para o proxecto de negocio, primeiro na reunión co responsábel de XesGalicia e despois no propio Parlamento. Porén, malia a proximidade da entrada no concurso de acredores, do cumprimento cos requisitos marcados pola administración e das distintas iniciativas presentadas no Pazo do Hórreo, o persoal regresaba a Outeiro de Rei coas mesma incerteza e “sen que existan perspectivas, datas significativas ou pasos definitivos a concretar nesta semana ou na que vén”.