Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
Lugo Lugo
24/5/2012 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a participar nestas accións e na manifestación en Santiago o 3 de xuño
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa este xoves cos peches rotatorios que se están a realizar por todo o País contra os recortes no ensino que pretenden aplicar os gobernos do PP no Estado e na Xunta. Esta xornada, a protesta trasladouse até o IES Ánxel Fole, en Lugo, onde unhas 100 persoas da comunidade educativa e das organizacións integradas na Plataforma iniciaron un encerro por volta das 16:00 horas, que permanecerá activo até ás 08:00 horas do venres 25 de maio.
22/5/2012 A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
17/4/2012 A CIG-Saúde rexeita a medida e sospeita que parte destes dispositivos non volverán a abrir ao rematar o período estival
A CIG-Saúde de Lugo amosou o seu absoluto rexeitamento ás pretensións da Xerencia do Hospital de pechar 105 camas durante os meses de xullo e agosto, e 68 durante o mes de setembro, ás que hai que sumarlle as 23 camas que permanecen sen uso na unidade de pediatría. Dende a Federación da CIG denuncian que esta medida, adoptada baixo a escusa do aforro, precarizará o servizo sanitario prestado e afonda no camiño da privatización da sanidade e os servizos públicos.
28/3/2012 Dita persoa ameazou e empurrou a afiliadas/os da CIG que estaban a realizar un reparto de material informativo sobre a Folga Xeral
Desde a CIG de Lugo vénse de denunciar a actitude e comportamento antisindical do responsábel do Centro Comercial As Termas, quen hoxe á mañá ameazou e empurrou a afiliados da CIG que estaban a facer un reparto de material informativo sobre a Folga Xeral.
8/3/2012 A representación do persoal denuncia a “xestión nefasta” da Xerencia na substitución do persoal
O Comité de centros de Atención Primaria de Lugo denunciou, unha vez máis, a “nefasta xestión” da Xerencia no referente á substitución dos/as profesionais da distintas categorías e denunciar o “abuso do bloqueo de axendas”, provocando así listas de agarda. Ademais, o Comité manifesta o seu rexeitamento ao gasto económico do novo sistema de citas implantado que, ao seu entender, carece de efectividade.
15/12/2011 O expediente, que aínda non foi presentado de xeito oficial, suporía o peche da fábrica de Mondoñedo e o despedimentos dos 62 traballadores/as
A CIG e o Comité de Aglomerados Ecar, empresa pertencente ao Grupo Finsa e asentada en Mondoñedo, continúan defendendo a viabilidade da fábrica e amósanse totalmente contrarios ao anuncio de peche da fábrica trasladado pola dirección. A empresa ten intención de presentar un ERE de extinción que suporá o despedimento dos 62 traballadores/as de Ecar.
28/11/2011 Neste momento o persoal están sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadoras e traballadores
Máis de mil persoas percorreron o sábado 26 de novembro as rúas de Lugo para esixir da Xunta de Galiza o mantemento do programa Preescolar na Casa, que atende a máis de 4.000 familias en toda Galiza, fundamentalmente no ámbito rural, e no que traballan 43 profesionais. Neste momento, o persoal está sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadores/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com