Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Na Venezuela, a tentação do golpe de Estado
22/04/2014Alexander Main
Os venezuelanos têm bons motivos para exprimir seu descontentamento diante de um poder que sofre para transformar as estruturas do país (aparelho ...
Economia estagnada, finança próspera
22/04/2014Costas Lapavitsas
Há políticas que podiam melhorar coisas no curto prazo, incluindo regulamentação do sistema financeiro, redistribuição do rendimento e da riqu...
Estado español: A fraude das pensións privadas
22/04/2014Vicenç Navarro
Os pensionistas privados están claramente desprotexidos fronte ao capital financeiro e os seus xestores. E para complicar máis as cousas, este cap...
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Nacional Nacional
24/6/2010 A central nacionalista negouse a asinar un documento subscrito pola patronal e o sindicato CCOO
A CIG-Ensino negouse a asinar o XIII convenio estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade ao entender que supón un claro retroceso nas condicións laborais do persoal. O documento foi subscrito este mércores 23 de xuño polas distintas patronais -a excepción da ANCEE- e o sindicato CCOO.
24/6/2010 Os participantes coinciden en sinalar que o declive do sector iniciouse coa finalización do período de cotas para os produtos chineses
Organizacións sindicais do sector téxtil procedentes de Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Croacia, Eslovenia, Estado español, Holanda, Hungría, Portugal e Serbia, xunto coa FGAMT-CIG, reuníronse durante dous días en Santiago de Compostela para avaliar a situación do téxtil en Europa e analizar as consecuencias que a actual crise económica e financeira está a producir no sector.
23/6/2010 As organizacións sindicais e profesionais veñen de iniciar unha campaña informativa para denunciar esta situación
A CIG-Saúde vén de denunciar que a Consellaría de Sanidade está a liquidar o Plano de Mellora de Atención Primaria, un programa que afecta a todos/as os profesionais de Atención Primaria e que se desenvolveu como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención aos/ás pacientes. Esta parálise concretouse nun descenso do orzamento destinado á atención primaria ao longo deste ano, polo que as organizacións sindicais e profesionais acaban de iniciar unha campaña informativa para denunciar publicamente esta situación e as súas consecuencias para a cualidade asistencial, e xa manifestaron a súa intención de defender o cumprimento íntegro do Plano de Mellora.
23/6/2010 CIG-Ensino convoca unha concentración o 29 de xuño para esixir a revisión destes recortes educativos e laborais
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría vai suprimir para o vindeiro curso a Educación Permanente de Adultos en case 50 centros e 14 ciclos formativos, sen que os representantes do profesorado teñan coñecemento de cales son os motivos destas eliminacións nin as súas consecuencias. A CIG denuncia ademais que a Consellaría vulnera as canles de negociación, pois as supresións de postos de traballo deben ser tratadas nas Xuntas de Persoal docentes, que deben contar con toda a información antes de que a proposta sexa enviada á Dirección Xeral correspondente que ten que levar o tema á Mesa Sectorial, antes da súa publicación no DOG. A CIG-Ensino ten convocada unha concentración o vindeiro 29 de xuño diante da Consellaría de Educación, ás 11:30 horas, para denunciar estes recorte de postos educativos e laborais e esixir a súa revisión.
23/6/2010 CIG-Administración Autonómica denuncia o desmantelamento destes equipos de profesionais
A CIG-Administración Autonómica vén de denunciar o progresivo desmantelamento que a Consellaría do Medio Rural está a practicar coas brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF), ao non cubrir as prazas vacantes, non formar aos axentes forestais nin proporcionar material e medios para a realización das tarefas propias destes equipos.
23/6/2010 Dirixido a persoas con nenos/as de 0 a 3 anos cunha praza nunha escola non pública
No DOG do pasado 14 de xuño publicouse a orde pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia, a través do cheque infantil, en escolas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, que non están sostidas con fondos públicos. A axuda consistirá na cobertura total ou parcial do custo da praza e poderase solicitar dentro do mes seguinte á publicación da convocatoria no DOG.
22/6/2010 Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público
Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo. As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com